20/04/2024
POESÍA NO CLUB DE LECTURA
13/04/2024
ANIMACIÓN Á LECTURA
O mes de abril é un mes dedicado por excelencia ao libros e que mellor que unha animación para motivar ao alumnado a ler e disfrutar coa lectura.
Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de 1º a 4 de primaria, con dúas lecturas: "Nube de neve" de Xabier P. DoCampo e "Dez piratas" de Gloria Sánchez, ambos da editorial Santillana, a través da cal organizamos esta actividade.
A encargada das sesións foi Vicky, coa que xa contamos o curso pasado, e unha vez máis gustou moito a nenos, nenas e profes.
Grazas a todos e todas por colaborar e facer posible este tipo de actividades. Esperamos que vos guste o video!
05/04/2024
AS BOLSAS DOS TESOUROS 2º TRIMESTRE
Xa temos no taboleiro unha selección de debuxos e comentarios feitos nos cadernos de bitácora das bolsas dos tesouros.
Agradecemos moito a colaboración das familias nesta actividade, que promove a lectura de libros de ficción e informativos.
Agora xa comezan a viaxar as bolsas do terceiro trimestre con algunhas novidade moi interesantes. Esperamos que vos gusten!
02/04/2024
ARTIGOS DAS BOLSAS 3º TRIMESTRE CURSO 2023-2024
Para este trimestre temos dúas suxestións para complementar as lecturas das bolsas dos tesouros.
A primeira é un video sobre a importancia da lectura, que poderedes ver premendo no seguinte enlace:
A segunda é un artigo sobre os contidos audiovisuais, en concreto os debuxos animados, con exemplos de series que rachan cos estereotipos. Para lelo premede no seguinte enlace:
Esperamos que sexan do voso interese.
NOVIDADES 3º TRIMESTRE
O 3º trimestre xa está aquí e con el chegan moitas novidades á biblioteca dos tesouros.
Novidades prelectores