lunes, 1 de diciembre de 2008

!TEATRO DE NADAL!

Noraboa para os actores do CEIP Gurriarán!!

CONTOS DE NADAL

LA NAVIDAD DE PAPÁ NOEL

lunes, 17 de noviembre de 2008

XOGANDO COAS PALABRAS.

DAMOS AS GRAZAZ A ANTONIO POR ARRANXARNOS TODO PARA PODER COLGAR ESTE XOGO!!

sábado, 15 de noviembre de 2008

AS RECEITAS

Estamos, neste trimestre, traballando conceptos sobre alimentación, boa saúde, e unha tipoloxía textual paralela ao tema: as receitas .
Recomendamos esta páxina para desenvolver todos estes contidós. Os nenos e nenas disfrutarán un montón escribindo as súas propias receitas e clasificando os alimentos nunha pirámide que lles dirá si están seguindo unha dieta saudable ou non. !Probade!, merece a pena.

sábado, 8 de noviembre de 2008

CINEMA PARA A FIN DE SEMANA

Nunha fin de semana con tanta choiva e arrefriados tres boas opcións para disfrutar do cinema en familia:
MATILDA (dirixida por Danny de Vito)
Encantadora comedia familiar que facerá as delicias de grandes e pequenos.

CINEMA PARADISO (dirixida por Giuseppe Tornatore)
Excelente película para ver e comentar cos abós porque son testigos de moitos cinemas paradiso...

LOS CHICOS DEL CORO (dirixida por Christophe Barratier)
O día da inauguración da nosa biblioteca os rapaces e rapazas quedaron marabillados cando escoitaron cantar ao coro do IES Sofía Casanova, pois nesta película poderedes escoitar esta canción,que tanto vos gustou, e outras moitas máis interpretadas polo coro Petits Chanteurs de Saint Marc con música de Bruno Coulais.

viernes, 7 de noviembre de 2008

EL RINCÓN DE LAS PALABRAS MORIBUNDAS



(Modelos exclusivos realizados por Laura Fraile)
Somos los alumnos de la clase de 3º y, el otro día, descubrimos una palabra muy bonita :
ALMAZUELA
que significa trabajo realizado con retales de tela que ahora llaman "patchwork", que también es una palabra muy bonita pero que nosotros preferimos "almazuela" que además es muy antigua y procede del árabe "almusalla" (alfombrita que colocaban cuando oraban).
Así que decidimos hacer unas almazuelas en la clase de plástica y no volver a usar nunca el anglicismo. También iniciamos, desde este blog, una campaña para que estas palabras moribundas vuelvan a la vida y las metan en el Diccionario de la Real Academia de la Lengua.
Desde aquí os pedimos apoyo y que le deis publicidad en todos vuestros blogs!!!
!ARRIBA ALMAZUELA!
Páginas :

http://es.wikipedia.org/wiki/Almazuela
http://www.larioja.com/20080828/rioja-region/valor-almazuela-puede-calcular-20080828.html

jueves, 6 de noviembre de 2008

CANTIGAS DO PEÓN

O día 21 de novembro, no noso colexio, celebramos o día do peón cunha gran exhibición de nenos e nenas amosando as súas habilidades no manexo do peón. Os mellores reciben un diploma "Máster" que acredita a súa maestría.
Para este día, O Equipo de Normalización Lingüística, elaborou estas cantigas que recitaremos moi contentos!!!

CANTIGAS DO PEÓN DO CEIP "ESTEIRO"- FERROL

Polo San Martiño,
peóns ao camiño.
Polo San Amaro,
peóns ao faiado.

No colexio Esteiro,
xogamos ao peón,
no mes de Novembro
co noso director.

Bailámolo no chan,
bailámolo na man.
Con volta e reviravolta,
coa axuda da piola.

No noso museo
do xogo popular,
peóns de todo o mundo
podedes atopar.

Hainos grandes e pequenos,
de madeira e de cristal,
tanto uns coma os outros
non paran de bailar.

Viran e viran
e volven a virar,
durante o recreo,
non paran de bailar.

Durante o recreo,
nós veña a practicar,
co noso director
para o máster acadar.

Nós veña a practicar,
co noso director,
para non fallar
o día da exhibición.

Unha exhibición,
o día do peón,
unha iniciativa
do noso director.

Está moi interesado
o noso José Carlos
en facernos practicar
sen sentirnos cansos.

Agora é o peón,
despois, o prato chinés,
xogos populares
cada dous por tres.

E nós moi contentos,
co diabolo, zancos e demais,
todos xogos populares
tamén dos nosos pais.

Tamén dos nosos pais,
e máis dos nosos avós,
e esta tradición
chegou a todos nós.

E ímola conservar,
pois no colexio Esteiro,
practicamos arreo
o xogo popular.

E esta tradición
non se vai acabar.
Agora, xogamos ao peón,
e, despois, xa se verá.

Polo San Martiño,
peóns ao camiño.
Polo San Amaro,
nós seguimos xogando.

Non no camiño,
pero si no recreo,
bailamos o peón
todos os nenos.

¡Baila que te baila, baila,
o meu peón coa súa piola!
¡Baila que te baila, baila,
o meu peón na miña escola!

¡Baila na miña escola,
que che é o colexio Esteiro!
¡Baila que te baila, baila,
meu peón cantareiro!

domingo, 2 de noviembre de 2008

viernes, 31 de octubre de 2008

EN LONDRES CELEBRANDO O HALLOWEEN



(En Covent Garden coas miñas amigas as bruxas británicas: Ms. Lavender, Ms. Rossie, Mrs. Henriette e o seu gatiño Pussicat. Preme nas imaxes para ver os detalles)











(En Portobello, pertiño de Notting Hill, diante da tenda de Alicia!!!)








(Esta é unha foto con algunhas bruxas da festa e unhas parellas de pantasmas recén casados)













Ola !!!:
!Estes días ando moi liada con tanta celebración!, mais paso a contarvos rapidiño...non sei se sabedes que as bruxas de Irlanda e as do Reino Unido invitáronme á súa festa do Halloween ,!menudo compromiso á hora de decidir! porque , á dicir verdade,lévome ben con todas elas!!
Ao final decidín ir ao Reino Unido (este ano a celebración foi na cidade de Londres) e teño que confesar que me marabillou,!unha verdadeira preciosidade!, unha cidade impecable e que non ten as rúas empantanadas como nos pasa aquí en Ferrol que temos atascos tódolos días.
En canto á festa teño que confesar que estivo impresionante, perfecta, moi ben, !con moita pompa e circunstancia!(como musicaba Elgar!). E que as bruxas inglesas cando se poñen a preparar algo,!non hai quen lles compita!.Todo estaba milimetricamente planificado, coma nos vellos tempos.!Ai!... son tan conservadoras e amantes do seu pasado... teñen os caldeiros, as escobas, os vestiarios,todo, todo coma se o tempo quedase anclado alí para sempre; claro que no día a día a cousa cambia e andan coma as de aquí... con escobas de gasoil ou gasoliña, mal peinadas e mal andaraxadas.
A viaxe tamén foi moi espectacular.Fun cunha bruxa de Ferrol,cunha que se chama "Chispas", que vive na Biblioteca do CEIP de Pazos.Cando me chamou para ir con ela na súa escoba...! que apuro me deu!!! porque eu, como son unha ninfa e ando sempre pisando terra firme non as tiña todas conmigo; viaxar voando nunha escoba aterrorizábame, ademais, co frío que vai!!!. Mais, con vergoña ou sin ela, díxenlle que sí!!!.
Non podedes imaxinar... !que sensación ...MARABILLOSAAAA!!!!.Polo camiño atopamos ás nubes que nos contaron que este outono andaban moi escasas de persoal porque o tempo estaba tan invernal que non daban cuberto as vacantes. Polo meiodía xantamos co sol que andaba de vacacións e , tomando o café , díxonos que este verá recibira unha morea de reclamacións a causa da choiva e que estaba un pouco molesto con ela porque este mes de agosto case non lle deixara traballar.
Tamén estivemos coa lúa... ! por certo que andaba un pouco arrefríada.. O resto dos planetas semellaban moi ocupados preparando o gran acontecemento do próximo ano que vai ser declarado "o ano dos planetas", asi que xa non paramos con eles. !Canta vida interesante polo Universo!!!.
Con respecto a esta nova amiga que teño,!Chispas!...!uummm!!! , promete, promete...!é deliciosa, encantadora, doce, ocurrente... e ademais canta moi ben...Creo que este Halloween será o sinal do comenzo dunha entrañable amizade!!!.
Agora deíxovos porque teño un traballo urxente que facer,!VOU DE PESCA!! porque quero crear unha sección de libros, pero de libros de "MEDO"... así que os que sexades un pouco... medosossssss nin vos atrevades a pisar a biblioteca nos próximos días ..!ja, ja , ja !!
Un bico de xenxibre da vos "Pescadora de Historias"


P.D.: Por certo,o sábado, aproveitei e fun ao mercado de antigüidades de Portobello Road e comprei esta cabaciña que vedes na foto. ¿A que é chula?

´

POEMAS DE OUTONO



Felipe Bello Piñeiro: Río en outono, c 1930.
60,00 x 80,00 cm. Óleo sobre lenzo
Colección Caixanova


O Equipo de Normalización Lingúística do cole propón un montón de adiviñas, poemas e cantigas para celebrar o MAGOSTO.

DITOS, ADIVIÑANZAS E CANTIGAS DO MAGOSTO
PANDEIRADA DE ESTEIRO

A castaña e mailo ourizo
marcharon onte de festa,
voltaron ámbolos dous
dacabalo dunha besta.

Retrouso

Ai la le lo, ai la le lo
Ai la le lo, ai la la lo.

A castaña e mailo ourizo
fórondo onte de troula.
El caeu por un barranco,
ela rematou na ola.

Retrouso

A castaña e mailo ourizo
celebraron un magosto.
Ela escaldou a pel,
el escapou por moi pouco.

Retrouso

A castaña e mailo ourizo
caeron dentro dun pozo.
El escapou amodiño,
ela a fume de carozo.

Retrouso

A castaña e mailo ourizo
fóronse de romaría.
Espertáronse á mañá
no medio e medio da ría.

Retrouso

Sei cantare, sei bailare,
tamén sei face-lo tonto.
Como son fillo dun probe
teño que saber de todo.

Retrouso

Os artistas que aquí estamos
temos pouco que facere.
Pasamos así o tempo
con moitísimo pracere.

Retrouso

E remata xa o baile.
Deixémonos xa de contos.
Preparade esas castañas.
Comecémo-lo magosto.


CHEGOU O OUTONO
(POEMAS DE NENOS E NENAS)


Chegou o outono
secáronse as follas.
Sopra o vento
e as follas caen nun momento.

E como vai frío
acendemos a estufa.
O calor do lume
faime sentir novo.

Vou ao horto
e de mazás encho o cesto.
Vou ao campo
e un castiñeiro planto.
Ven un esquío
apañar unha piña.
O raposo astuto
escóndese tras dun arbusto.

Que mási podo dicirche
se o outono é tan triste!

O outono chegou
empezou a chover.
O outono está moi ben
porque eu castañas comerei.
No parque xogarei
cando o aire bote a correr.

SOÑO DE OUTONO


Un neno mentres durmía soñou
o outono xa chegou.
Debaixo dunha árbore mirando ao ceo
vía caer as follas no chan
a árbore está triste
os paxaros non poden facer o seu niño.
O neno espertou
o soño rematou
e o outono empezou.

CHEGA O FRÍO


O frío chega
a choiva cae
ata pola cheminea.

As follas caen
e as uvas
e o vento protéxeas
ata con luvas.

As follas secas
caen sobre os cogomelos.
Comemos mazás
comemos granadas
comemos castañas
varias semanas.

Xa se ven as árbores núas
con coellos e xabaríns arredor súa.

Nas casas
acendemos o lume
mentres ao calor
comemos castañas asadas.

Para ir á escola
téñome que abrigar
se non me quero acatarrar.

As cores do outono
son moi bonitas
amarelas, vermellas,
ocre marrón...
!Como me gustan!

O outono ule
a choiva que cae
que molla a terra
que molla as follas.

O outono ule
a cogomelos que se esconden
a castañas asadas
a nenos que corren.

O outono ule
a frío que chega
a aire puro
que o vento leva.

O outono ule
a froitas secas
a nenos que xogan
a aire fresco
a follas que voan

O outono ule
a pingas de choiva
a terra mollada
a herba fresca.

O outono ule
a follas que voan
a aire fresco
a paxaros que se alonxan.

Da serra aos prados
tende o outono o seu veo
as follas durmidas voan
tinguindo de ocre o ceo.

As árbores xa cansas
vístense de frío inverno
a neve cobre os montes
o río acubilla o xeo.

Os merlos buscan a luz
alzando cara sur o seu vo.
Os nenos nas súas ventás
amontóanse para velos.

Xa se murchan as flores
xa non fala a carricanta
mirando a Natureza
sinto que me treme a alma.

Nostalxia radiante de outono
das núas tardes caladas
recordos da miña nenez
entre aromas a terra mollada.

No campo, é a recolección
vendima de uvas e froitas secas
noces, castañas, avelás...
mandarinas, laranxas, figos, granadas...

Nun rincón da escola
con todas as froitas do outono
reunidos todos moi xuntos
unha gran festa facemos.

O calor do lume
as cores de outono
as castañas asadas
a terra mollada
están no meu recordo.
Esta é a maniera
de compartilo todo.

O outono é un barco que navega
con abrigos, silencios e paraugas
sobre os parques e as arboredas.

Gaivotas amerelas
son as follas que voan
e caen lentamente
ata pisar a terra.

O ceo frío parécese ao fume
dos barcos sin vela
que debuxan o soño dos ventos
cos pinceis das súas chemineas.

miércoles, 29 de octubre de 2008

!NOVAS!!!



A "PESCADORA DE HISTORIAS" infómanos de que mañá teremos a 2ª sesión inaugural da biblioteca.!Por suposto coa actuación de "Os chicos do coro" do IES Sofía Casanova dirixidos pola súa profesora de Música: Mª Dolores Sánchez.
!O éxito está asegurado!!!!

martes, 28 de octubre de 2008

domingo, 26 de octubre de 2008

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP DE ESTEIRO

video
(Premer para escoitar a música)
O día 24 dos correntes, contra vento e marea, logramos inaugurar a nosa BE!!. O acto foi moi emotivo, sinxelo e familiar...e gustounos moito o resultado final.
Os nenos levaron á BE un corazón vermello cheo de cariños e desexos... e tamén recitaron poemas preciosos...
Espectacular foi a actuación de "Os chicos do coro" do IES Sofía Casanova, baixo a dirección da súa profesora de Música: Mª Dolores Sánchez...!NORABOA CON MAIÚSCULAS! porque fixeron que este acto teña para sempre "a súa banda sonora". !Felicidades e moitísimas gracias!!!
Entregáronse agasallos a tódalas persoas que nos axudaron a que este proxecto se fixera realidade : a Marisé , que fixo as cortinas; a Rosana, que nos deixou o seu proxecto para que non tivesemos que partir da nada; a Bego, que pasou moitas horas no ordenador aprendéndonos os entresixos do Meiga!!!
Déronse os premios aos gañadores do concurso de mascotas: Alicia obtivo o premio á mellor mascota e a clase de 3º consegui o premio ao mellor nome . Polo tanto xa temos mascota e ...!con nome propio!! "A PESCADORA DE HISTORIAS" que é , nin máis nin menos, que unha ninfa do século XXI baixo un sol verde... que anda á procura de historias fermosas, documentos misteriosos, informacións ben fundadas... A nosa pescadora de historias leva gafas, sombreiro, sobretodo azul prusia, zapatiños apuntados...ta´mén leva un bolso vermello e unha finta para pescar ...semella coqueta, moi coqueta...
O acto continuou coa entrega dos carnés e o empréstimo de libros...!tódolos alumnos levaron un libro!!! ...
Finalmente, decir, que houbo nervios, algunhas lagrimiñas e sorrisos...!moitos sorrisos!!!
Grazas de novo a todo o Equipo da Biblioteca, ao Equipo Directivo e a todo o Claustro!!!!!!

sábado, 25 de octubre de 2008

!AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL!



Hoxe, o día da inauguración da nosa BE, acabámonos de enterar que o Ministerio de Cultura otorgoulle o Premio Nacional de Literatura Infantil ao galego Agustín Fernández Paz coa súa obra "O único que queda é o amor", editada por Xerais e Anaya.Así que nunca esqueceremos este día pola súa singularidade... creo que ademais isto é un bo presaxio...!!!!
Este premio distingue ao mellor libro de literatura infantil publicado ao longo do ano 2007 en calquera das linguas oficiais que se falan en España.
!As nosas máis sinceras noraboas e parabéns!!!!!!!

jueves, 23 de octubre de 2008

AGRADECEMENTOS

Despois de moitos esforzos, temores e dalgunha risa polo medio, chegou o día tan esperado para todos...así que antes de que a ledicia nos invada os membros da Comisión da Biblioteca queremos deixar patente o noso agradecemento a todas aquelas persoas que nos axudaron a conseguir... ! "UNHA BIBLIOTECA CHEA DE TESOUROS"!

Á DIRECCIÓN DO CENTRO.

Á CONCELLALÍA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE FERROL.

A TODO O PROFESORADO DO CENTRO.

A MARISÉ.

A BEGOÑA E LOLES, DO IES FERNANDO ESQUÍO.

A ANTÓN CORTIZAS, ASESOR DO CFR DE FERROL.

A ROSANA RODILES, DO CEIP DE PAZOS.

AOS NENOS E NENAS DE 3º E 4º.

AO NOSO CONSERXE, ANTONIO.

ÁS PERSOAS QUE LIMPAN O COLEXIO.

GRAZAS A TODOS

CONCURSO DE MASCOTAS

ALICIA GONZÁLEZ GRANDÍO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA foi a gañadora do concurso de mascotas. Esta é a súa versión moderna dunha ninfa que vive en plena natureza e que se adica a pescar historias para logo traérnolas á nosa biblioteca.
O NOME DA MASCOTA SERÁ....
"A PESCADORA DE HISTORIAS" e os gañadores!!
!!!!!A CLASE DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA!!!, que ademais queren compartir o premio con tódolos nenos e nenas do colexio e, dende aquí, envían un bico de turrón a tódolos compañeiros e compañeiras que participaron no concurso.







Estás son algunhas das preciosas mascotas presentadas ao concurso.


UNHAS VISTAS DA NOSA BIBLIOTECA

miércoles, 22 de octubre de 2008

ALGUNHAS CITAS SOBRE OS BENEFICIOS DA LECTURA

Mentres ledes estas citas invítovos a escoitar o 3º movemento da Sonata para chelo en mi menor de A. Vivaldi.
!Que disfrutedes coa lectura e tamén coa música!!

"Ben e lealmente deben os mestres amosar os seus saberes aos escolares léndolles libros.
(Afonso X O Sabio . As sete partidas, século XIII).


Ler é buscar outras realidades para comprender mellor esta realidade.(Fabricio Caivano)

Creo que val a pena ler porque os libros ocultan países marabillosos que ignoramos, conteñen experiencias que nunca vivíramos. Un é indudablemete máis rico despois da lectura.
(Adolfo Bioy Casares)


Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san.
(Jacinto Benavente)


Eu son afeccionado a ler ate os papeis rotos das rúas...
(Cervantes)

Ler é engadir un cuarto á casa da vida.
(A. Bioy Casares)

O libro é unha das posibilidades de felicidade que temos os homes.
(J. Luis Borges)

martes, 21 de octubre de 2008