venres, 31 de outubro de 2008

POEMAS DE OUTONO



Felipe Bello Piñeiro: Río en outono, c 1930.
60,00 x 80,00 cm. Óleo sobre lenzo
Colección Caixanova


O Equipo de Normalización Lingúística do cole propón un montón de adiviñas, poemas e cantigas para celebrar o MAGOSTO.

DITOS, ADIVIÑANZAS E CANTIGAS DO MAGOSTO
PANDEIRADA DE ESTEIRO

A castaña e mailo ourizo
marcharon onte de festa,
voltaron ámbolos dous
dacabalo dunha besta.

Retrouso

Ai la le lo, ai la le lo
Ai la le lo, ai la la lo.

A castaña e mailo ourizo
fórondo onte de troula.
El caeu por un barranco,
ela rematou na ola.

Retrouso

A castaña e mailo ourizo
celebraron un magosto.
Ela escaldou a pel,
el escapou por moi pouco.

Retrouso

A castaña e mailo ourizo
caeron dentro dun pozo.
El escapou amodiño,
ela a fume de carozo.

Retrouso

A castaña e mailo ourizo
fóronse de romaría.
Espertáronse á mañá
no medio e medio da ría.

Retrouso

Sei cantare, sei bailare,
tamén sei face-lo tonto.
Como son fillo dun probe
teño que saber de todo.

Retrouso

Os artistas que aquí estamos
temos pouco que facere.
Pasamos así o tempo
con moitísimo pracere.

Retrouso

E remata xa o baile.
Deixémonos xa de contos.
Preparade esas castañas.
Comecémo-lo magosto.


CHEGOU O OUTONO
(POEMAS DE NENOS E NENAS)


Chegou o outono
secáronse as follas.
Sopra o vento
e as follas caen nun momento.

E como vai frío
acendemos a estufa.
O calor do lume
faime sentir novo.

Vou ao horto
e de mazás encho o cesto.
Vou ao campo
e un castiñeiro planto.
Ven un esquío
apañar unha piña.
O raposo astuto
escóndese tras dun arbusto.

Que mási podo dicirche
se o outono é tan triste!

O outono chegou
empezou a chover.
O outono está moi ben
porque eu castañas comerei.
No parque xogarei
cando o aire bote a correr.

SOÑO DE OUTONO


Un neno mentres durmía soñou
o outono xa chegou.
Debaixo dunha árbore mirando ao ceo
vía caer as follas no chan
a árbore está triste
os paxaros non poden facer o seu niño.
O neno espertou
o soño rematou
e o outono empezou.

CHEGA O FRÍO


O frío chega
a choiva cae
ata pola cheminea.

As follas caen
e as uvas
e o vento protéxeas
ata con luvas.

As follas secas
caen sobre os cogomelos.
Comemos mazás
comemos granadas
comemos castañas
varias semanas.

Xa se ven as árbores núas
con coellos e xabaríns arredor súa.

Nas casas
acendemos o lume
mentres ao calor
comemos castañas asadas.

Para ir á escola
téñome que abrigar
se non me quero acatarrar.

As cores do outono
son moi bonitas
amarelas, vermellas,
ocre marrón...
!Como me gustan!

O outono ule
a choiva que cae
que molla a terra
que molla as follas.

O outono ule
a cogomelos que se esconden
a castañas asadas
a nenos que corren.

O outono ule
a frío que chega
a aire puro
que o vento leva.

O outono ule
a froitas secas
a nenos que xogan
a aire fresco
a follas que voan

O outono ule
a pingas de choiva
a terra mollada
a herba fresca.

O outono ule
a follas que voan
a aire fresco
a paxaros que se alonxan.

Da serra aos prados
tende o outono o seu veo
as follas durmidas voan
tinguindo de ocre o ceo.

As árbores xa cansas
vístense de frío inverno
a neve cobre os montes
o río acubilla o xeo.

Os merlos buscan a luz
alzando cara sur o seu vo.
Os nenos nas súas ventás
amontóanse para velos.

Xa se murchan as flores
xa non fala a carricanta
mirando a Natureza
sinto que me treme a alma.

Nostalxia radiante de outono
das núas tardes caladas
recordos da miña nenez
entre aromas a terra mollada.

No campo, é a recolección
vendima de uvas e froitas secas
noces, castañas, avelás...
mandarinas, laranxas, figos, granadas...

Nun rincón da escola
con todas as froitas do outono
reunidos todos moi xuntos
unha gran festa facemos.

O calor do lume
as cores de outono
as castañas asadas
a terra mollada
están no meu recordo.
Esta é a maniera
de compartilo todo.

O outono é un barco que navega
con abrigos, silencios e paraugas
sobre os parques e as arboredas.

Gaivotas amerelas
son as follas que voan
e caen lentamente
ata pisar a terra.

O ceo frío parécese ao fume
dos barcos sin vela
que debuxan o soño dos ventos
cos pinceis das súas chemineas.

Ningún comentario: