06/11/2008

CANTIGAS DO PEÓN

O día 21 de novembro, no noso colexio, celebramos o día do peón cunha gran exhibición de nenos e nenas amosando as súas habilidades no manexo do peón. Os mellores reciben un diploma "Máster" que acredita a súa maestría.
Para este día, O Equipo de Normalización Lingüística, elaborou estas cantigas que recitaremos moi contentos!!!

CANTIGAS DO PEÓN DO CEIP "ESTEIRO"- FERROL

Polo San Martiño,
peóns ao camiño.
Polo San Amaro,
peóns ao faiado.

No colexio Esteiro,
xogamos ao peón,
no mes de Novembro
co noso director.

Bailámolo no chan,
bailámolo na man.
Con volta e reviravolta,
coa axuda da piola.

No noso museo
do xogo popular,
peóns de todo o mundo
podedes atopar.

Hainos grandes e pequenos,
de madeira e de cristal,
tanto uns coma os outros
non paran de bailar.

Viran e viran
e volven a virar,
durante o recreo,
non paran de bailar.

Durante o recreo,
nós veña a practicar,
co noso director
para o máster acadar.

Nós veña a practicar,
co noso director,
para non fallar
o día da exhibición.

Unha exhibición,
o día do peón,
unha iniciativa
do noso director.

Está moi interesado
o noso José Carlos
en facernos practicar
sen sentirnos cansos.

Agora é o peón,
despois, o prato chinés,
xogos populares
cada dous por tres.

E nós moi contentos,
co diabolo, zancos e demais,
todos xogos populares
tamén dos nosos pais.

Tamén dos nosos pais,
e máis dos nosos avós,
e esta tradición
chegou a todos nós.

E ímola conservar,
pois no colexio Esteiro,
practicamos arreo
o xogo popular.

E esta tradición
non se vai acabar.
Agora, xogamos ao peón,
e, despois, xa se verá.

Polo San Martiño,
peóns ao camiño.
Polo San Amaro,
nós seguimos xogando.

Non no camiño,
pero si no recreo,
bailamos o peón
todos os nenos.

¡Baila que te baila, baila,
o meu peón coa súa piola!
¡Baila que te baila, baila,
o meu peón na miña escola!

¡Baila na miña escola,
que che é o colexio Esteiro!
¡Baila que te baila, baila,
meu peón cantareiro!

1 comentario:

Encarna dixo...

Que cantigas tan bonitas!!!
Raioteca envia un agarimoso saúdo á "pescadora de historias" e pon á súa disposición o seu raio por se quere chegar moi rápido a algún lugar recóndito do bosque.
Un mar de bicos.

Arquivo do blog