martes, 22 de decembro de 2009

Felicitación para os nosos maiores

O noso colexio colabora sempre coas institucións do barrio de Esteiro de Ferrol. Unha destas colaboracións consiste en visitar aos nosos maiores, da Residencia Abrente, e levarlles a nosa felicitación de nadal que consiste, nin máis nin menos, en ofrecerlles a nosa ledicia e o noso cariño.
Este ano tocoulle ao alumnado do segundo ciclo de primaria. Os de 3º levaron un baile precioso, e os de 4º a obra de teatro que se representará mañá no colexio. Tamén lles regalamos dúas tarxetas de nadal para colgar ná árbore que preside o seu salón de actos.
Foi unha mañá deliciosa, sobre todo, porque os nenos e nenas estaban aprendendo unha fermosa lección de solidariedade... e esta vez a lección non estaba nin nunha foto, nin nun papel... era real!
Os nosos cariños a todas as personas que alí estaban e un bico moi especial ao persoal de Abrente pola súa amabilidade.

domingo, 20 de decembro de 2009

Maurice Sendak. Donde viven los monstruos?



O suplemento de Babelia,do 19 dos correntes, é un especial infantil-xuvenil que non ten desperdicio e que vos convido a que lle botedes unha ollada.
Dende unha pequena reseña sobre Miguel Calatayud; pasando por unha ampla radiografía sobre o escritor e debuxante Meurice Sendak; ata unhas cuantas recomendacións bibliográficas, etc.
Para complementar un pouco máis esta lectura, colgo este vídeo de You Tube, coa fermosa historia , arriba indicada, e traducida ao castelán.
Dentro dunhos días pasarémolo á nosa sección de "Contos para ver e escoitar"

Entrevista con Cristina Prieto Solano, autora da novela xuvenil "LA CLARIDAD DE LA SOMBRA"


mércores, 16 de decembro de 2009

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL


ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES UN MONTÓN CON TODAS ESTAS LECTURAS!

domingo, 13 de decembro de 2009

SOnCine PRESENTA A SÚA PRIMEIRA CURTAMETRAXE.

SonCine é un colectivo de alumnos e alumnas do IES Porto do Son que acaban de lanzar a súa primeira curtametraxe. Increíble !!!, non hai palabras porque os resultados falan por sí solos!!!
Tedes que velo todos e todas e animalos para que sigan facendo cousas tan bonitas. Noraboa, por suposto ao seu profesor de audiovisuais,David , principal artífice desta marabilla.
Moitos bicos a todos!!!

Alberto Iglesias premiado pola Academia Europea de Cine!

Alberto Iglesias recibiu o premio da Academia Europea de Cine pola música que compuxo para a película de Almodóvar, "Los abrazos rotos".
O noso cinema está de noraboa!!

sábado, 12 de decembro de 2009

UNHA BOA ENTRADA PARA O NADAL!

Esta é a Biblioteca municipal do Concello de Cocentaina (Generalitat Valenciana) que, como podedes observar, parece moi dinámica . Anímovos a que miredes esta marabillosa exposición!
Noraboa á Biblioteca Cocentaina por este regalo de Nadal!

xoves, 10 de decembro de 2009

UNHAS PANXOLIÑAS PARA O NADAL...

USA for África (Unión de Apoio de Artistas para África), foi o nome baixo o que corenta e cinco coñecidos artistas liderados por Harry Belafonte, Stevie Wonder, Michael Jackson e Lionel Richie se reunieron para gravar o single "We Are the World" en 1985. A canción acadou rapidamente o posto número un no ranking de Estados Unidos e Reino Unido, así como en moitos outros países do mundo.
As considerables ganancias desta fundación foron destinadas ao tratamento da hambruna e das enfermidades en África.
Madonna, Prince e Liza Minelli rexeitaron a invitación para participar.

DIA DOS DEREITOS HUMANOS


Grazas a Rosana Rodiles do CEIP de Pazos por este fermoso cartel!
Grazas tamén a Encarna do CEIP de Andrade por esta webquest para traballar este tema.

mércores, 2 de decembro de 2009

Don José Emilio Pacheco. Premio Cervantes 2009


(Información na sección : Sobre libros, premios e novidades)