22/12/2009

Felicitación para os nosos maiores

O noso colexio colabora sempre coas institucións do barrio de Esteiro de Ferrol. Unha destas colaboracións consiste en visitar aos nosos maiores, da Residencia Abrente, e levarlles a nosa felicitación de nadal que consiste, nin máis nin menos, en ofrecerlles a nosa ledicia e o noso cariño.
Este ano tocoulle ao alumnado do segundo ciclo de primaria. Os de 3º levaron un baile precioso, e os de 4º a obra de teatro que se representará mañá no colexio. Tamén lles regalamos dúas tarxetas de nadal para colgar ná árbore que preside o seu salón de actos.
Foi unha mañá deliciosa, sobre todo, porque os nenos e nenas estaban aprendendo unha fermosa lección de solidariedade... e esta vez a lección non estaba nin nunha foto, nin nun papel... era real!
Os nosos cariños a todas as personas que alí estaban e un bico moi especial ao persoal de Abrente pola súa amabilidade.

5 comentarios:

Encarna dixo...

Seguro que esa obra de teatro será todo un éxito.
Aproveito para desexar un BO NADAL a todas e todos eses alumn@s e profes do cole de Esteiro.
RAIOTECA envíalle un bico especial á PESCADORA DE HISTORIAS.

Chispa dixo...

Unha preciosa reportaxe; se cadra, na empresa máis bonita e agradecida que teñan participado.
Os nosos mellores desexos para eses nenos e nenas, e para o resto do cole; pero un especial para o Equipo da Biblioteca e a Pescadora de Historias.
Feliz Nadal e mellor 2010!

Unknown dixo...

La visita al centro de mayores Abrente estas navidades me parece muy bonita y apropiada, lo que no me parece tan apropiado es que las únicas fotos de la visita sean de los niños de 4º y no haya ni una sola de los niños de 3º que supongo que habrán participado con el mismo cariño, trabajo y entrega que la clase de Cuchi

Anónimo dixo...

Solamente aparece unha foto dos nenos e nenas de 3º porque, desafortunadamente, quedámonos sen batería.
Lamentamos o sucedido e retiramos o vídeo para que ninguén se sinta ofendido.
Grazas.

Javier Luaces Pazos dixo...

Me gusto mucho la felicitación para nuestros mayores, porque nosotros como niños debémos hacer acciones solidarias desde pequeños. Me gusta verlos en el colegio cuando vienen a los festivales, como cuando vamos nosotros a su residencia. Sigamos así con esa solidaridad.

Arquivo do blog