jueves, 23 de diciembre de 2010

Entrega de premios aos gañadores do concurso "Historia do libro e da escritura"

Os galardonados foron:
6º CURSO :
ADÁN RICO E CARLA MALDONADO
5º CURSO
CANDELA CLOSA E ALICIA GONZÁLEZ




lunes, 20 de diciembre de 2010

Cambiando os paradigmas



Interesante vídeo de Sir Ken Robinson, experto no desenvolvemento da creatividade, da conferencia "Changing Paradigms" onde explica as razóns polas que os sistemas educativos precisan dun cambio radical.

sábado, 18 de diciembre de 2010

EXPOSICIÓN DE NADAL: "HISTORIA DO LIBRO E DA ESCRITURA"

martes, 14 de diciembre de 2010

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL APRENDE A XESTIONAR A BIBLIOTECA

Este trimestre o alumnado de educación infantil comenzou a aprender a facer préstamos e devolucións coa axuda da súa profesora Merce.
Unha gran oportunidade para traballar de forma significativa a lectura e a escrita.

jueves, 25 de noviembre de 2010

jueves, 18 de noviembre de 2010

Xogando coas miradas no Thyssen

"O misterio das miradas do Thyssen", un xogo online que ten por obxecto animar aos nenos a achegarse ao mundo da pintura propoñéndolles profundizar nas miradas das persoas que aparecen nos cadros para   adentrarse nelas.
http://www.educathyssen.org/juegomiradas/juego.htm

martes, 9 de noviembre de 2010

PARA ESCRIBIR MELLOR


A finalidade desta actividade consiste en que os nenos se fagan conscientes da importancia  que os conectores teñen á hora de ler ou escribir. Os textos que utilizamos  están sacados dos  libros  que  usan a diario.
Nota: sitúate en "Gloster poster yourself" e sairache unha ventaniña con varios apartados, preme "Full size" e poderás  ver ben o contido do cartazo.

sábado, 6 de noviembre de 2010

Máis cambios ortográficos NON, por favor!

Durantes estes últimos días a prensa anuncia cambios ortográficos (ainda non nos dera tempo a recuperármonos dos últimos cambios da nosa ortografía! )  e póñome a tremer.
A "Real Academia de la Lengua "  considera que " estaba obligada a hacer una introducción científica, razonada y reflexiva de la Ortografía"  , así afirma  Salvador Gutiérrez Ordóñez, o  coordinador da obra.
SIN COMENTARIOS .
Interesante o artigo de Tomás García Yebra

Como reciclar papel

Tamén, dende o portal de CHICOSNET, e seguindo as instrucións (ollo coa linguaxe porque terás que deducir algunhos significados polo contexto!) conseguirás preciosas follas de papel reciclado.http://www.experimentar.gov.ar/nota.php?id_nota=papelExpmento
Nota: Esta imaxe é propiedade do portal CHICOSNET.

Se queres facer un caleidoscopio preme o enderezo e no portal de CHICOSNET atoparás as instrucións para facelo .
Nota: A imaxe desta entrada é propiedade do portal "Chicosnet"

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Rousseau no Guggenheim

Exposición de  Henri Rousseau  no Guggenheim http://www.rtve.es/alacarta/#910073

Tarde, tarde comenzamos co blog...pero a Biblioteca é un fervedoiro dende Setembro!!!

Dous libros moi interesantes que engadimos no itinerario lector do 3º ciclo de primaria, para a área de Coñecemento do Medio.

lunes, 14 de junio de 2010

martes, 11 de mayo de 2010

NOSTALXIA!!

Hoxe, na clase de sexto decíanme que non atopaban o vídeo da inauguración da biblioteca... así que a eles vai adicado.
Outra vez, o noso agradecemento á profe Dolores Sánchez do IES Sofía Casanova e a os cantores do seu coro por estes momentos.
Bicos

sábado, 24 de abril de 2010

Día do Libro...día de festa!








Esta semana, no cole, os libros e as actividades culturais tiveron ainda máis presenza da que normalmente teñen... foi unha semana chea e rechea de libros, de visitas a exposicións, de concertos didácticos, de lecturas e de moito barullo e alegría!
O concerto didáctico que nos ofreceron os compoñentes da "Banda do Tercio Norte", nun marco cheo de cor, foi impresionante; participamos todos cantando, dando palmas, mesmo dirixindo a orquestra. Quedámosnos con moitas ganas de que volvan a visitarnos.
A Pescadora de Historias,como cada ano, tróuxonos un montón de libros como agasallo e nós agasallámola a ela con lecturas nas aulas e durante o acto.

martes, 20 de abril de 2010

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Unha webquest que nos levará a descubrir por que se celebra este día. Anímate!!. (Recomendada para o 2º e 3º ciclo de educación primaria)
Preme aquí

sábado, 13 de marzo de 2010

MIGUEL DELIBES, ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS

domingo, 14 de febrero de 2010

Un Entroido verde, respectuoso co medio!

O noso cole acordou a prohibición de empregar plásticos na confección de disfraces, co fin de ser consecuentes co que ensinamos, e protexer o medio. Estes foron os resultados!

viernes, 12 de febrero de 2010

Dous clubes de lectura no cole!!

Estamos moi contentos porque acaban de constituirse dous clubes de lectura, un no 2º ciclo e outro no 3º!
Os do 3º ciclo escolleron "Robinson Crusoe" para abrir boca. Os de 4º van comenzar con "Contos en verso para nenos perversos" . Este clube xa ten nome: "Os Roaldahliños" porque son unhos apaixoados da obra de Roald Dahl.

sábado, 30 de enero de 2010