xoves, 27 de xaneiro de 2011

Celebración do "Día da Paz"



Hoxe celebramos o "Día da Paz". Todos os cursos aportaron o seu traballo para que este día resultara un éxito e estiveron con nosoutros os maiores da Residencia Abrente, como todos os anos.

Houbo teatro de títeres; lecturas diversas; a confección dunha "Tarta da Paz"; cancións preciosas; un vídeo para invitar á reflexión; confección de paxarales para adornar a nosa sobreira e dicir aos que pasan que "a paz é necesaria todos os días"; lectura da mensaxe de paz de Gandhi que Mihai, alumno novo de 5º de primaria, leu maravillosamente; estudiose a figura de Gandhi nas aulas de infantil; traballáronse lecturas, preparouse a obra de títeres e escribíronse as mensaxes de paz no resto dos cursos...Foi unha semana moi activa, pero mereceu a pena.
!Noraboa!

sábado, 22 de xaneiro de 2011

As mochilas dos tesouros de infantil comenzan o seu percorrido

Nos cursos de infantil andan de festa porque xa teñen "mochilas dos tesouros". A  Pescadora de Historias quixo aparecer tamén na foto para celebralo e publicalo a tódolos ventos.

Levan tesouros para os nenos e tesouros para os papás e mamás.  Esta vez son: un conto para contar ,un poema para escoitar ou un libro informativo;  un libro de arte ou música;  e un libro  para os papás que aborda temas como: a hora de durmir, o cole, xogos para cando vas no coche, etc.
!QUE OS DISFRUTEDES XUNTOS!

xoves, 20 de xaneiro de 2011

AGRADECEMENTOS AO IES FERNANDO ESQUÍO

Da biblioteca do IES Fernando Esquío chegou un montón de libros de Julio Verne, Mark Twain, Robert L. Stevenson, Jack London...tesouros que xa están circulando e facendo as delicias dos lectores.
!Dende aquí unha aperta e moitas grazas polo agasallo!

mércores, 19 de xaneiro de 2011

Algunhas historias de sempre.

Adiviña os títulos.

Comentarios das bitácoras das Bolsas dos Tesouros.

"Los tres libros que ha traído Manu: "La reina de los besos",  "El cuerpo humano. La respiración"  y "El cole. Instrucciones de uso" nos han servido a los dos para pasárnoslo bien. Con respecto al primero, es un libro muy tierno y que a Manu le gusta mucho, ya que no es la primera vez que lo trae a casa. Con respecto al segundo nos reímos mucho haciendo juegos de respiración y le encantó ; los dibujos muy logrados diferenciando bacterias, glóbulos, etc. Con el tercer libro, mi comentario como madre, es que es todo un acierto. Quizá los padres nos dejemos ir un poco en la educación de nuestros hijos, en estos años, que es realmente cuando los niños mejor asimilan las cosas que ven a su alrededor. También hay que decir que no todos tenemos el tiempo o la paciencia para hacerlo, y en muchos casos las ganas. Pero cada uno sabrá lo que es mejor para su hijo, o eso creo.
Pienso que el tiempo de una semana es el adecuado, es cuestión de organización. Si se pudiese llevar como mínimo 2 ó 3 veces al año sería lo mejor. Muchas gracias por todo a todo el personal del centro".

Os comentarios do caderno de bitácora, das bolsas dos tesouros, sempre son positivos e agradecidos, pero éste particularmente gustounos moito polo que ten de exemplarizante. 
Un bico a Manu e á súa mamá. 
A Pescadora de Historias.