jueves, 27 de enero de 2011

Celebración do "Día da Paz"



Hoxe celebramos o "Día da Paz". Todos os cursos aportaron o seu traballo para que este día resultara un éxito e estiveron con nosoutros os maiores da Residencia Abrente, como todos os anos.

Houbo teatro de títeres; lecturas diversas; a confección dunha "Tarta da Paz"; cancións preciosas; un vídeo para invitar á reflexión; confección de paxarales para adornar a nosa sobreira e dicir aos que pasan que "a paz é necesaria todos os días"; lectura da mensaxe de paz de Gandhi que Mihai, alumno novo de 5º de primaria, leu maravillosamente; estudiose a figura de Gandhi nas aulas de infantil; traballáronse lecturas, preparouse a obra de títeres e escribíronse as mensaxes de paz no resto dos cursos...Foi unha semana moi activa, pero mereceu a pena.
!Noraboa!
video

2 comentarios:

olga dijo...

Todo este traballo dará os seus froitos: educamos persoas que defenderán os valores da PAZ.
Que así sexa.

A Pescadora de Historias dijo...

Moitas grazas, Olga.
Unha aperta da Pescadora de Historias