domingo, 12 de junio de 2011

Palabras na rede

Para rematar o mes das Letras Galegas planificamos unha exposición a nivel de centro que levou por título "Palabras na rede".
A idea xurdiu despois de facer unha actividade- patrocinada pola Deputación da Coruña e OQO editora- arredor do libro de José Campari e Jesús Cisneros, titulado "E que podo facer eu?, e que levaron a cabo dúas persoas ás que, dende aquí, lles damos as grazas públicamente pola súa amabilidade e bon facer.
O traballo noso consistiu en que cada curso - dende educación infantil- ate 6º de primaria- desenvolvese un "campo semántico" do tipo : "palabras que me gustan"; palabras que ulen...; e presentase cada un deles nun formato plástico orixinal e feito con material de refugallo.
A actividade tiña por obxecto en despertar o interese do noso alumnado cara á adquisición de novo vocabulario co fin de enriquecer as súas producións orais e escritas. No terceiro ciclo suxereúselles que, ademais, procurasen que as palabras elexidas non fosen iguais en galego e castelán.
Outro obxectivo foi axudarlles a desenvolver a súa creatividade plástica. Polo que, unha vez determinados os campos semánticos, deberían presentalos enmarcados con material de refugallo; e tendo en conta que toda a produción estaría colgada dunha rede ( a rede da nosa Pescadora de Historias) que, a súa vez, estaría pendurada do teito.
Todos nos sentimos moi satisfeitos co resultado porque traballo e exposición resultaron un éxito.
Aquí deixo unhas imaxes para que vosoutros disfrutedes tamén.



No hay comentarios: