luns, 31 de outubro de 2011

SEMANA DO MEDO: BIBLIOTECA DE MEDIANOITE.

NOTA: 
ABSTERSE  MEDOSOS E MEDOSAS. 
Se che gustan as historias de misterio e medo, aquí tes unha que che deixará frío, conxelado, morto... Preme en 



sábado, 29 de outubro de 2011

Día das BIBLIOTECAS ESCOLARES adicado a ANTÓN CORTIZAS.




Non puido ser o 24 a celebración do día das Bibliotecas Escolares, senón o venres 28 por mor do calendario de traballo do noso homenaxeado, Antón Cortizas,  mais iste pequeno detalle non fixo sombra ás actividades que cada aula levaba preparando dende hai tempo.
Fixemos marcadores de lectura, preparamos unha preciosa exposición na biblioteca coa obra súa, así como con algúns elementos do seu universo de ficción: a máquina de Antonia a costureira, moitas merlas de trapo elaboradas polo alumnado do 3º ciclo na clase de plástica, etc.
Nas aulas de infantil "Sopra neste furadiño" foi o conto elexido para traballar. Asemade fixeron uns carteis fermosísimos para amosarlle a Antón e engalanar a biblioteca.
O alumnado do 1º ciclo traballou o conto "O lápis de Rosalía", así como tamén "Contos de vento". Os do 3º ciclo traballaron "A Merla de trapo" e "Historias e algún percance todos feitos en romance". Tamén elaboraron un gran mural sobre a merla de trapo e, nestes días,  estamos a traballar sobre a súa biografía.
O próximo venres voltará  Antón para disfrutar co alumnado do 3º ciclo e cos seus traballos.
Terémosvos informados.
Agora, disfrutade dunhas imaxes do día acompañadas da música de Cesária Évora e Carlos Guerra : "Tiempo y silencio".
!FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!