domingo, 27 de novembro de 2011

O Hermitage no Prado.

"Tañedor de laúd" . Caravaggio

Este ano poderemos admirar 120 obras procedentes do Museo Hermitage, San Petesburgo (Rusia), no Museo do Prado.
A colección acolle pezas dende o século V a.C. ata o século XX. Entre os fondos da exposición poderemos atopar pinturas, esculturas, debuxos, traxes de época, mobiliario... A ocasión é única e non debemos perdela!
Máis información aquí

venres, 25 de novembro de 2011

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Preme aquí para acceder aos documentos de traballo. 









xoves, 24 de novembro de 2011

sábado, 19 de novembro de 2011

Bibliotecas escolares, ¿entre interrogantes?


Dende LECTURALAB achego este artigo, elaborado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez e financiado polo MEC,  que facilita unha valiosa ferramenta para a autoavaliación que nos axudará, tanto a observar os procesos e anlizar os desfases, como a vislumbrar resistencias internas e propostas de mellora.

mércores, 16 de novembro de 2011

VISITA VIRTUAL Á CAPELA SIXTINA

 Preme  en VISITA VIRTUAL e poderás contemplar as marabillas da Capela Sixtina.

luns, 14 de novembro de 2011

Mira que te mira!

martes, 1 de novembro de 2011

O XOGO DOS EDIFICIOS ENCANTADOS.

Premendo na páxina GALICIA ENCANTADA encontrarás 8 historias de casas, torres , castelos encantados... de varias provincias galegas.
Son relatos curtos e arrepiantes  que falan de encantamentos;  de aparicións misteriosas; de sucesos extraordinarios que aconteceron  nos seus interiores e,  case sempre, pola anoitecida.  
Os datos destes relatos estában recollidos nunha táboa, mais por mor dun feitizo de quen sabe quen, embarulláronse de tal maneira que agora non cadran. A túa labor consistirá en desembarullalos.
PASOS A SEGUIR.
1. Preme aquí para conseguir a táboa. 
2. Le os textos con atención e vai  ordeando os datos colocando os números nos cadriños  que lles correspondan.
3. Unha vez que ordenes a información, pon nome, apelidos e curso e entrega a táboa ao teu titor ou ben á persoa encargada da biblioteca. 
Nota: o relato titulado "O mouro rouba os zapatos" non está recollido nesta táboa por ser excesivamente curto. 
O PRÓXIMO MARTES, DÍA 8, PUBLICARANSE OS RESULTADOS E O LISTADO DE GAÑADORES. 
Esta é a cabaza que fixeron o ano pasado con Sheena.

Molly e Víctor Varela, o profesor de inglés e a asistente lingüística (coa axuda das titoras do 3º ciclo),van levar a cabo estes días un taller de confección de cabazas. Dende a biblioteca ímos botarlles tamén unha man ofrecéndolles unhas páxinas con modelos moi  variados.

Premede  en:
PUMPKIN CARVING PATTERNS. Nesta páxina, premendo nas imaxes obteredes o modelo para fotocopiar.
THE PUMPKIN LADY. Aquí, premendo en cadansúa imaxe, accederedes a outras tantas da mesma temática.
O éxito está asegurado de antemán!