xoves, 8 de decembro de 2011

Traballando con Antón Cortizas.

Este romance feito polo  alumnado de 5º de primaria é  froito do traballo que levaron a cabo  con Antón Cortizas o día das Bibliotecas Escolares. 
Comenzouse, da man do autor, o día que este  visitou as aulas. Despois foron os alumnos os que o remataron e llo enviaron  para que fixese as correccións oportunas. Este foi o resultado final. Que disfrutedes con el!
“ROMANCE DE PAMPINELA”

Pampinela , Pampinela,
tantos tesouros gardaches
que non sabes onde os tés
e por iso nada valen.
Un día triste de outono
follas caían no parque,
Pampinela, Pampinela
achegouse a un estanque
onde uns  peixiños dourados
nadaban naquel instante.
Pampinela que miraba 
cando o sol xa estaba en sangue, 
veu que había outros ollos
que a miraban ao mirarse. 

Hai un mozo solitario
que a fixo namorarse.
“Os ollos da túa cara
máis cós diamantes valen”
dicíalle a Pampinela
aquel rapaz elegante,
pero non era sincero,
todo era falsidade:
El sabía das riquezas
que ela tiña en cantidade.
Pampinela , Pampinela,
Tantos tesouros gastaches
nese namorado teu
con agasallos constantes
que te quedaches sen branca
aquela tarde dun martes.
Martes e trece era o día
que triste e soa quedaches.
Pampinela, Pampinela,
e ti tan sequera o sabes:
Non se mercan os amores,
nin se merca a amizade.
Pampinela, Pampinela,
tantos tesouros gardaches,
Pampinela, Pampinela,
tantos tesouros gastaches.


                                                                 5º de E.Primaria

Ningún comentario:

O test do estudante

Preme aquí para facer o test e comprobarás se eres ou non un bo estudante.

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
SEMANA DO LIBRO

CONSULTA OS NOSOS FONDOS

CONSULTA OS NOSOS FONDOS
Programa MEIGA

DE LA MANO DE ALICIA

DE LA MANO DE ALICIA
WEBQUEST. Preme na imaxe.

RECURSOS PARA AS DIFERENTES ÁREAS

RECURSOS PARA AS DIFERENTES ÁREAS
Listado por áreas

RECURSOS: Pintura en Ferroltera.

RECURSOS:  Pintura en Ferroltera.
Genaro Pérez Villaamil

Ricardo Segura Torrella

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ
ITE. EDUCACIÓN

Camilo Díaz Baliño

SEMANA DO LIBRO

RECURSOS

RECURSOS
Dende "O RECANTO DE MICK"

EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA

OS IRMÁNS GRIMM

OS IRMÁNS GRIMM
Preme para ler os contos

BLOGS DE APOIO Á BIBLIOTECA

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS
Preme no listado

COMO UTILIZAR O CATÁLOGO ONLINE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL. FORMACIÓN DE USUARIOS.

PARTES DUN LIBRO

FERROL

FERROL

BLOGS DO PLAMBE DE FERROL

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. PRIMARIA E SECUNDARIA

MOITOS BICOS PARA TODOS OS MÉDICOS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA "MÉDICOS SEN FRONTEIRAS"

Unha preciosa e delicada campaña, narrada por nenos, sobre a desnutrición en África.Contribúe e pon tamén o teu grao de area para que esta situación deixe de ser realidade.

Violencia de xénero. Información para xóvenes e adolescentes.

Grupo TELECOM. Fundación ORANGE

Grupo TELECOM. Fundación ORANGE
Autismo, discapacidade visual e auditiva,

Arquivo do blog

"LA CLARIDAD DE LA SOMBRA"

"LA CLARIDAD DE LA SOMBRA"
CRISTINA PRIETO SOLANO (preme na imaxe)

ETIQUETAS

O test do estudante

Preme aquí para facer o test e comprobarás se eres ou non un bo estudante.

Entradas populares

Seguidores

Related Posts with Thumbnails

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO

Buscar neste blog

RECURSOS PARA AS DIFERENTES ÁREAS

RECURSOS PARA AS DIFERENTES ÁREAS
Listado por áreas