sábado, 31 de diciembre de 2011

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Dende reseñas bilbiográficas

 Preme aquí para ver a reseña de Mi primer Vargas Llosa.

jueves, 8 de diciembre de 2011

Traballando con Antón Cortizas.

Este romance feito polo  alumnado de 5º de primaria é  froito do traballo que levaron a cabo  con Antón Cortizas o día das Bibliotecas Escolares. 
Comenzouse, da man do autor, o día que este  visitou as aulas. Despois foron os alumnos os que o remataron e llo enviaron  para que fixese as correccións oportunas. Este foi o resultado final. Que disfrutedes con el!
“ROMANCE DE PAMPINELA”

Pampinela , Pampinela,
tantos tesouros gardaches
que non sabes onde os tés
e por iso nada valen.
Un día triste de outono
follas caían no parque,
Pampinela, Pampinela
achegouse a un estanque
onde uns  peixiños dourados
nadaban naquel instante.
Pampinela que miraba 
cando o sol xa estaba en sangue, 
veu que había outros ollos
que a miraban ao mirarse. 

Hai un mozo solitario
que a fixo namorarse.
“Os ollos da túa cara
máis cós diamantes valen”
dicíalle a Pampinela
aquel rapaz elegante,
pero non era sincero,
todo era falsidade:
El sabía das riquezas
que ela tiña en cantidade.
Pampinela , Pampinela,
Tantos tesouros gastaches
nese namorado teu
con agasallos constantes
que te quedaches sen branca
aquela tarde dun martes.
Martes e trece era o día
que triste e soa quedaches.
Pampinela, Pampinela,
e ti tan sequera o sabes:
Non se mercan os amores,
nin se merca a amizade.
Pampinela, Pampinela,
tantos tesouros gardaches,
Pampinela, Pampinela,
tantos tesouros gastaches.


                                                                 5º de E.Primaria