xoves, 1 de novembro de 2012

POEMAS

Para que disfrutedes con estes pequenos poemas de Amado Nervo, José Hierro, Gloria Fuertes, Rainer M. Rilke, Lorca, Juan R. Jiménez e moitos outros máis.




 A Pescadora de Historias.

venres, 26 de outubro de 2012

Refráns de outono II.

Fai anos fixemos unha presentación que recollía refráns relativos ao tempo do outono. Hoxe rematamos a segunda parte e esperamos que a disfrutedes tanto como a primeira.
Deixamos as dúas para que as teñades a man.
PRIMEIRA PARTE.
NOTA.
Corrección de erros: na diaposítiva da páxina 11 aparece "votar as patacas", cando debería dIcir: "botar as patacas".

SEGUNDA PARTE


A Pescadora de Historias.

mércores, 24 de outubro de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Hoxe todo o mundo estaba nervioso. O alumnado estaba inquedo e non foi tarefa doada manter a súa atención na clase; o profesorado tamén estaba axitado, porque estaba desexando amosar o segredo mellor gradado durante estés meses. Ademais levabamos quince días, dende infantil a 6º de primaria, traballando sobre o escritor Juan Farias e deleitándonos coa lectura das súas obras.Por outra banda, o mural do corredor estaba rematado; os carteis anunciando este evento levaban polo menos tres días colocados;cada curso xa tiña lido e comentado o libro de Juan Farias; Ana, a profesora de Infantil, tiña feita unha presentación preciosa co contó titulado "Arturo", tamén de Juan Farias. Todo estaba disposto, pero..."Como quedaría a nova biblioteca?", esa era a pregunta que todo o mundo se facía ás nove da maña. Porque non sei se vos contei que este verán desfixemos a nosa biblioteca, gardamos libros, cortinas,vídeos... todo, todo, e tiramos un tabique para facela máis grande. Polo tanto, durante estes dous meses, o grupo da biblioteca coa axuda dalagúns e dalgunhas pescadoras de historias estiveron traballando moito para que hoxe pudiésemos "abrila a todo o mundo". Como xa vós poderedes imaxinar, os cambios foron recibidos con regocixo e moita, moita alegría. Por fin, a nosa biblioteca abría as súas portas! E para que compartades connosco estes momentos de felicidade, aquí vos deixo unhas instantáneas.
Infantil de 4 anos.
Un grupo de 4º

Un grupo de 5º
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

domingo, 21 de outubro de 2012

Biografía de Juan Farias.

Aquí deixamos enlaces para que poidades investigar sobre a vida e a obra de Juan Farias. Dende a Fundación Germán Sñanchez Ruipérez. En Público.es tamén falaron de Juan. En Banco de recursos:SOL podemos atopar as obras infantiles e xuvenís clasificadas por idades. Na Biblioteca virtual Miguel de Cervantes. podemos atopar un montón de datos, fotografías, listado de obras e premios.
Sobre a serie "Crónicas de un pueblo". ¡BO TRABALLO!

mércores, 10 de outubro de 2012

Dende a biblioteca Juan Farias unha biografía do autor.


Este ano adicamos o día das Bibliotecas Escolares ao escritor Juann Farias. O CEIP de Pazos, facilitounos un montón de libros do autor, xa que a súa biblioteca leva o nome deste.
Este vídeo contén unha breve biografía do autor e un montón de fotografías.

Grazas a Chispa, a mascota da biblioteca Xoán Farias polos libros e por este documento!

xoves, 27 de setembro de 2012

A FOTOSÍNTESE

mércores, 26 de setembro de 2012

martes, 25 de setembro de 2012

luns, 23 de abril de 2012

"CONTOS EN VERSO PARA NENOS PERVERSOS"

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL


Hoxe Iago contou aos nenos e nenas de infantil  "A CINCENTA", pero a versión que fixo ROALD DAHL, 

O xogo dos títulos.


Consiste en emparellar o título,  dalgúns dos libros de Roald Dahl,  coas representacións plásticas que fan referencia a eles,  e que deberás descubrir.
INSTRUCIÓNS:
  1. Le os rótulos cos títulos. 
  1. Observa as representacións plásticas.
  1. Emparella título e representación. 
  1. Cubre o papel cos resultados. 
  1. Entréga o papel  á túa profesora. 
PREMIOS:
  1. Por cada acerto recibirás un  BILLETE WONKA.
  1. Ao final da semana, segundo os billetes que consigas, recibirás un REGALO. 




Aquí tes unha mostra das representacións plásticas e dos rótulos. 

ANIMATE E PARTICIPA!

Comenza a SEMANA DO LIBRO no noso colexio!

Hoxe comenzamos a SEMANA DO LIBRO cunha morea de actividades arredor da figura de ROALD DAHL.

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA: "QUENTIN BLAKE ILUSTRA A ROALD DAHL"


O ALUMNADO ENCHE AS AULAS COS SEUS LIBROS DE ROALD DAHL PARA LER NA "HORA DE LER"


PUBLICIDADE 


EXPOSICIÓN DOS SEUS LIBROS NA BIBLIOTECA


CARTEIS INFORMATIVOS POLOS CORREDORES 




mércores, 4 de abril de 2012

Formación para os encargados de manter os equipos informáticos da biblio.

Víctor Varela, o coordinador TIC do noso centro, formou a varios alumnos de 6º curso para que se encargasen do mantimento de tódolos equipos informáticos da biblioteca. Os resultados foron estupendos xa que, dende que se puxo a cuadrilla a traballar, os equipos da biblioteca están funcionando perfectamente.
¡Noraboa a todos!


martes, 3 de abril de 2012

¡Os xoves contacontos con Iago!

Iago é un profesor novo no colexio, é un experto en papiroflexia e en contar contos. Tódolos xoves temos sesión de contacontos e estamos encantados. Aquí van unhas imaxes e o noso agradecemento por colaborar coa Pescadora de Historias e facer felices a tódolos nenos do colexio.

venres, 23 de marzo de 2012

Un agasallo de Óscar para a Pescadora de Historias.

Onte, Óscar Martínez, un alumno de 2º de primaria troúxonos este precioso debuxo para a Pescadora de Historias.
Noraboa polo traballo, e moitíiiiiiiiiiiiisimas grazas de parte da Pescadora de Historias.

domingo, 12 de febreiro de 2012

Don Germán Sánchez Ruipérez.

     Foto: El País.
Esta madrugada morreu D. Germán Sánchez Ruipérez, creador do grupo Anaya e  un dos máis grades promotores do desenvolvemento  da literatura infantil. 
Dende a nosa biblioteca enviamos as nosas condolencias para a súa familia e amigos.
Máis información El País