Comenza a SEMANA DO LIBRO no noso colexio!

Hoxe comenzamos a SEMANA DO LIBRO cunha morea de actividades arredor da figura de ROALD DAHL.

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA: "QUENTIN BLAKE ILUSTRA A ROALD DAHL"


O ALUMNADO ENCHE AS AULAS COS SEUS LIBROS DE ROALD DAHL PARA LER NA "HORA DE LER"


PUBLICIDADE 


EXPOSICIÓN DOS SEUS LIBROS NA BIBLIOTECA


CARTEIS INFORMATIVOS POLOS CORREDORES 




Comentarios

maria dixo…
Hola, son Lucía, a australiana de Esteiro, ¿acordádesvos de min?.
¿Sabedes unha cousa? Na miña clase a profesora estívonos lendo na clase o libro de ¡Matilda! e gustoume tanto que lle pedín aos meus pais que mo regalaran e agora estouno lendo eu, pero claro, está en inglés. ¡Qué sorte tedes vos que o podedes ler no noso idioma!
Fíxome moita ilusión saber que a tantos kilómetros de distancia, estamos lendo os mesmos libros, aínda que sexa en idiomas distintos.
Vivan os libros e a pescadora de historias do noso cole.
Hola Lucía!!!! Son a Pescadora de Historias e estou moi contenta de saber de tí. Mañá levarei a túa mensaxe á túa antiga clase porque seguro que aos teus compañeiros e á túa profe vailles facer moita ilusión.
!Moitos bicos e a disfrutar con Matilda!