mércores, 24 de outubro de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Hoxe todo o mundo estaba nervioso. O alumnado estaba inquedo e non foi tarefa doada manter a súa atención na clase; o profesorado tamén estaba axitado, porque estaba desexando amosar o segredo mellor gradado durante estés meses. Ademais levabamos quince días, dende infantil a 6º de primaria, traballando sobre o escritor Juan Farias e deleitándonos coa lectura das súas obras.Por outra banda, o mural do corredor estaba rematado; os carteis anunciando este evento levaban polo menos tres días colocados;cada curso xa tiña lido e comentado o libro de Juan Farias; Ana, a profesora de Infantil, tiña feita unha presentación preciosa co contó titulado "Arturo", tamén de Juan Farias. Todo estaba disposto, pero..."Como quedaría a nova biblioteca?", esa era a pregunta que todo o mundo se facía ás nove da maña. Porque non sei se vos contei que este verán desfixemos a nosa biblioteca, gardamos libros, cortinas,vídeos... todo, todo, e tiramos un tabique para facela máis grande. Polo tanto, durante estes dous meses, o grupo da biblioteca coa axuda dalagúns e dalgunhas pescadoras de historias estiveron traballando moito para que hoxe pudiésemos "abrila a todo o mundo". Como xa vós poderedes imaxinar, os cambios foron recibidos con regocixo e moita, moita alegría. Por fin, a nosa biblioteca abría as súas portas! E para que compartades connosco estes momentos de felicidade, aquí vos deixo unhas instantáneas.
Infantil de 4 anos.
Un grupo de 4º

Un grupo de 5º
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Ningún comentario: