jueves, 12 de diciembre de 2013

Recomendacións para este Nadal

lunes, 9 de diciembre de 2013

Un conto de Nadal. Charles Dickens

sábado, 30 de noviembre de 2013

El viento en los sauces.


Esta película animada é unha divertida adaptación do  famoso libro de Kenneth Grahame que seguro encantará aos máis pequenos. A obra orixinal  é outra historia, por iso non hai que deixar de lela. 
"El viento en los sauces" é un clásico da literatura infantil anglosaxona que podemos atopar, entre outras,  na Editorial Valdemar (2003), na súa coidada colección Avatares coas magníficas ilustracións de Arthur Rackham e Ernest H. Shephard . É unha historia preciosa na que os protagonistas, a Rata de auga, o Sapo, o Teixón, o Topo, as nutrias e outros animais do bosque introdúcennos na súa particular Arcadia , onde a vida transcorre doce e placenteira, espello da dourada época victoriana; inglesa ate a médula. 
En realidade é un libro de adultos, unha sátira fantástica e caprichosa sobre a vida, unha visión da sociedade que lle tocou vivir ao autor, pero que os nenos poderán disfrutar tamén dende a súa visión idealizada do mundo onde os animais son os protagonistas por excelencia, onde as relacións de  amizade, as aventuras e o humor sin extridencias constitúen o miolo da trama.  
Unha historia para ler nas tardes frías do inverno cos nosos fillos, agochados nunha manta,  e ir degustando xuntos  cada capítulo coma se dunha lambetada se tratase.












Ilustración : Ernest H. Shephard

jueves, 14 de noviembre de 2013

CELEBRANDO A SEMANA DA CIENCIA



Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESARROLLO cunha exposición dos traballos realizados polo alumnado de 6º curso.

José Carlos, o noso director, observando moi atento os traballos presentados o seu derradeiro día como mestre xa que se xubilaba ao día seguinte. 
Tódolos nenos están visitando a exposición. Os maiores explican os seus aparellos e axudan a manipulalos.

O aerodeslizador de Iván e Alejandro Merlán gustou moitísimo. 


  Este ascensor hidráulico de Xela e Candela está causando sensación entre tódolos asistentes. 


Pablo e Mateo amosan con orgullo o seu muíño que funciona con engranaxes movidos por unha manivela. Un traballo excelente. 

Ánxela e Almudena intentan explicarlle aos máis pequenos que non é o mesmo flotar no aceite, que na auga, que no alcohol... un problema moi "denso".


Unha burbulla que despraza un globo... o experimento de Candela, Laura e Sofía roza a maxia. 


Impresionante tamén o airbag de Juan e Eduardo. Un ácido e unha base que, ao xuntarse, liberan un gas (CO2) e como este tende a ocupar todo o espazo... 
Mañá colgaremos máis imáxenes. 


domingo, 3 de noviembre de 2013

CELEBRANDO O SAMAÍN

Este mércores pasado celebramos o Samaín e abrimos a semana da narrativa de  medo,  terror e  misterio salpicada, moitas veces, de humor.

A Pescadora de Historias sorprendeunos cun espazo cheo de telarañas texidas con moito primor polas súas amigas, que ademais se deixaron ver para susto de algúns. 

Os libros de medo, terror e misterio saíron misteriosamente dos seus andeis e colocáronse en sitios visibles para que ninguén se quede sin lelos. Asemade,  apareceron seres de ultratumba por todas partes. 

Tódolos nenos acudiron a contemplar o espectáculo acompañados polos seus titores.



Como a luz ía e viña ás veces quedabamos  a escuras e poñía algo de medo, por iso había velas acendidas  por todos lados. 



Mais alí estaban dúas  das axudantes da Pescadora de Historias,  Adela e Laura, para resolver calquera problema. 



Se queredes ver os títulos que temos premede AQUI e non vos preocupedes se non vos apetece lelos agora,  sempre estarán nos seus andeis para que desfrutedes con eles noutro momento.
¡FELIZ SAMAÍN!












viernes, 1 de noviembre de 2013

¿QUÉ ESTÁ SONANDO EN EL PRADO?

A música está en todas partes... no camiño, cando hai vento; na praia, cando o mar zoa; nas pinturas que colgan nos  museos ...somentes tes que observalos detidamente e deixarte levar pola imaxinación.
Estes cadros, que pertencen á colección do  Museo do Prado,  están cheos de instrumentos. ¿Cómo soarán? 



Para Educación Infantil, un cadro de  Francisco Bayeu.

miércoles, 30 de octubre de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mercedes Garrote fai a entrega dos premios para educación infantil do "Xogo das adiviñas" 


 Grazas ás familias pola súa colaboración. 
 Cada ciclo leu un pensamento dun autor famoso sobre a "biblioteca". Aquí van uns exemplos.
Borges: "Siempre imaginé que el Paraíso era una especie de biblioteca"
Cicerón: "Si cerca de la biblioteca tenéis un jardín, ya no os faltará de nada".
Os profesores contaron un conto. 
Aquí está José Carlos, actual director a piques de retirarse, co seu equipo  Mercedes Garrote e Mercedes Canto acompañados pola nova directora Beatriz Varela. 

A presentación que fixo Víctor Varela, coodinador TIC, do conto e das frases célebres.




Traballamos nas clases algunhas obras   da escritora ferrolá ÁNXELA LOUREIRO, que nos visitará 
próximamente. 
Algunhas cancións da Vaca Marela compostas pola citada autora. 
Ota quere voar
Laia a nena da illa
Camiño perigoso


Publicáronse varios marcapáxinas con motivo desta conmemoración, que aparecen na marxe esquerda desta fotografía. 

ENTREGA DE PREMIOS. XOGO DAS ADIVIÑAS

Chegou o gran día coa entrega de premios para aqueles que acertasen a adiviña.

 Os axudantes da Pescadora de Historias preparados para a entrega de premios. 
De esquerda a dereita Laura Fernández, Adela Ardao, Estela Ru Rico, Alejandro Rodríguez, Sara Pena e Iván Montero. Grazas a todos polo impecable traballo realizado.
Os gañadores cos seus vales preparados




Algúns deles, entre  tanto,  ollando libros no rincón do medo. 

NORABOA A TÓDOLOS GAÑADORES!

sábado, 12 de octubre de 2013

"O XOGO DAS ADIVIÑAS"

Levamos dúas semanas xogando con adiviñas dende a etapa de infantil ata o 3º ciclo. O día das Bilbiotecas Escolares facerase entrega aos gañadores. 
Estamos tendo un elevado índice de participación, nenos, pais, naos, avós, persoal de limpeza do centro, persoal do comedor..., todo o mundo está dándolle voltas ao maxín para dar coa resposta correcta. 
Ate o de agora, estas foron as adiviñas propostas e o formato no que as presentamos:
As de infantil.


 As de primaria. 


O alumnado de primaria recollía as respostas neste formulario: 


A tódolos acertantes entrégaselles un vale.

Se tamén queredes participar, anotade as adiviñas e as vosas respostas nunha libreta porque o día das Bibliotecas Escolares publicaremos tódalas respostas. 
¡ÁNIMO E SORTE!

miércoles, 2 de octubre de 2013

REFRÁNS PARA O OUTONO


Volvemos a subir esta entrada  porque estamos en tempo de outono.

martes, 10 de septiembre de 2013

Comenzamos o curso coas novidades da Biblioteca Municipal.

Para celebrar a entrada do novo curso, nada mellor que darnos unha volta pola Biblioteca Municipal para ver as novidades.

FELIZ CURSO 2013-2014!

lunes, 6 de mayo de 2013

A semana do libro.

Este ano adicamos a Semana do Libro á obra dos irmáns Grimm. Fixemos un montón de actividades que, cando o tempo nolo permita, iremos colgando.
Os nenos de infantil traballaron arredor do conto de Carapuchina e elaboraron un podcast sobre o conto, poñendo voz a imaxes.
O primeiro ciclo traballou o conto de "O xastriño valente" e elaborou contos que se están a compilar nun precioso volume titulado "Cuentos cortitos".

O segundo ciclo traballou o conto de "A casiña de chocolate" e, ademais de traballar a biografía dos autores e de explotar o conto, elaborou unha "verdadeira casiña de chocolate", que agora ocupa un lugar especial na biblioteca.





Tamén se fixo unha exposición de casiñas de chocolate elaboradas con distintas técnicas e materias. 

O terceiro ciclo participou no concurso de "Adiviña o título", que consistía en facer unha lectura atenta online, de 10 contos dos irmáns Grimm, e resolver as pistas que estaban na biblioteca e que representaban esceas dos contos. Tamén se sumou a este xogo o curso de 4º. Por suposto, houbo premios para os gañadores e tamén algúns accésit.
Ángela, de 5º curso. 
Álvaro, de 4º curso. 
Iago, alumno de 6º. 
Imaxes da entrega de premios. 







Algunhas instantáneas do xogo de pistas.
Tamén elaboraron dous libros de contos : "Contamos os contos dos irmáns Grimm" e "Cuentos cortitos", neste último participou o 1º ciclo. 


Asistimos ás actividades promovidas polo Concello. A obra , "Os contos da loba", magnífica. Un traballo excelente. 
Tamén traballamos nun obradoiro de encuadernación, así como  noutro de confección de chapas. Aquí unha mostra dos nosos deseños. 


martes, 16 de abril de 2013

Faleceu Sir Colin Davis.

Corren malos días para o mundo da cultura, neste caso para os amantes da música. Onte finou o director de orquestra británico, Sir Colin Davis, grande onde os haxa. 
Deíxovos cunha peza de Elgar que el dirixiu maxistralmente.

Nunca te esqueceremos. 

miércoles, 10 de abril de 2013

Adeus a un gran humanista, intelectual... a unha bellísima persoa.

Sempre estarás na nosa memoria 

sábado, 6 de abril de 2013

viernes, 5 de abril de 2013

Como Xan López Domínguez ilustrou: "Me llamaba Simbad"



Así traballa un ilustrador. Noraboa, Xan!

martes, 2 de abril de 2013

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.



Como complemento para este día unha publicación moi interesante que ninguén debe perder de vista : "Catálogo 2013 de literatura infantil e xuvenil en lingua galega"

lunes, 1 de abril de 2013

Aprender a aceptármonos. Unha aportación da mamá de Adela.

Hai mamás ás que lles gusta compartir;  a mamá de Adela é unha delas e, o outro día,  deixoume no correo este enlace que nos fala da timidez, pero dun modo diferente, é dicir: sobre como aprender a vivir con ela e a ser felices,  e non a convertida nun defecto que nos persigue día e noite e nos afoga. 
Non vos parece interesante?


Grazas, Magdalena!

sábado, 2 de febrero de 2013

"El vendedor de humo".

Unha curtametraxe de animación  feita polos alumnos de PrimeFrame e dirixida por Jaime Maestro Sellés  (outubro do 2010). Tivo xa moitísimos premios  e  agora está secleccionada como finalista aos  Goya.  Os nosos parabéns e mellores  desexos para que acaden ese premio!



Unha crítica social moi intéresante que nos leva a reflexionar sobre as precaucións  que debemos tomar cando nos ofrecen paraísos a cambio de case nada; cando nos aseguran que nos axudarán a facer realidade os nosos soños, a cambio de comprar as nosas vontades; coidado cos que falan e falan porque  unha vez que estamos nas súas mans, olvidan pronto as promesas...