sábado, 30 de novembro de 2013

El viento en los sauces.


Esta película animada é unha divertida adaptación do  famoso libro de Kenneth Grahame que seguro encantará aos máis pequenos. A obra orixinal  é outra historia, por iso non hai que deixar de lela. 
"El viento en los sauces" é un clásico da literatura infantil anglosaxona que podemos atopar, entre outras,  na Editorial Valdemar (2003), na súa coidada colección Avatares coas magníficas ilustracións de Arthur Rackham e Ernest H. Shephard . É unha historia preciosa na que os protagonistas, a Rata de auga, o Sapo, o Teixón, o Topo, as nutrias e outros animais do bosque introdúcennos na súa particular Arcadia , onde a vida transcorre doce e placenteira, espello da dourada época victoriana; inglesa ate a médula. 
En realidade é un libro de adultos, unha sátira fantástica e caprichosa sobre a vida, unha visión da sociedade que lle tocou vivir ao autor, pero que os nenos poderán disfrutar tamén dende a súa visión idealizada do mundo onde os animais son os protagonistas por excelencia, onde as relacións de  amizade, as aventuras e o humor sin extridencias constitúen o miolo da trama.  
Unha historia para ler nas tardes frías do inverno cos nosos fillos, agochados nunha manta,  e ir degustando xuntos  cada capítulo coma se dunha lambetada se tratase.












Ilustración : Ernest H. Shephard

xoves, 14 de novembro de 2013

CELEBRANDO A SEMANA DA CIENCIA



Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESARROLLO cunha exposición dos traballos realizados polo alumnado de 6º curso.

José Carlos, o noso director, observando moi atento os traballos presentados o seu derradeiro día como mestre xa que se xubilaba ao día seguinte. 
Tódolos nenos están visitando a exposición. Os maiores explican os seus aparellos e axudan a manipulalos.

O aerodeslizador de Iván e Alejandro Merlán gustou moitísimo. 


  Este ascensor hidráulico de Xela e Candela está causando sensación entre tódolos asistentes. 


Pablo e Mateo amosan con orgullo o seu muíño que funciona con engranaxes movidos por unha manivela. Un traballo excelente. 

Ánxela e Almudena intentan explicarlle aos máis pequenos que non é o mesmo flotar no aceite, que na auga, que no alcohol... un problema moi "denso".


Unha burbulla que despraza un globo... o experimento de Candela, Laura e Sofía roza a maxia. 


Impresionante tamén o airbag de Juan e Eduardo. Un ácido e unha base que, ao xuntarse, liberan un gas (CO2) e como este tende a ocupar todo o espazo... 
Mañá colgaremos máis imáxenes. 


domingo, 3 de novembro de 2013

CELEBRANDO O SAMAÍN

Este mércores pasado celebramos o Samaín e abrimos a semana da narrativa de  medo,  terror e  misterio salpicada, moitas veces, de humor.

A Pescadora de Historias sorprendeunos cun espazo cheo de telarañas texidas con moito primor polas súas amigas, que ademais se deixaron ver para susto de algúns. 

Os libros de medo, terror e misterio saíron misteriosamente dos seus andeis e colocáronse en sitios visibles para que ninguén se quede sin lelos. Asemade,  apareceron seres de ultratumba por todas partes. 

Tódolos nenos acudiron a contemplar o espectáculo acompañados polos seus titores.



Como a luz ía e viña ás veces quedabamos  a escuras e poñía algo de medo, por iso había velas acendidas  por todos lados. 



Mais alí estaban dúas  das axudantes da Pescadora de Historias,  Adela e Laura, para resolver calquera problema. 



Se queredes ver os títulos que temos premede AQUI e non vos preocupedes se non vos apetece lelos agora,  sempre estarán nos seus andeis para que desfrutedes con eles noutro momento.
¡FELIZ SAMAÍN!












venres, 1 de novembro de 2013

¿QUÉ ESTÁ SONANDO EN EL PRADO?

A música está en todas partes... no camiño, cando hai vento; na praia, cando o mar zoa; nas pinturas que colgan nos  museos ...somentes tes que observalos detidamente e deixarte levar pola imaxinación.
Estes cadros, que pertencen á colección do  Museo do Prado,  están cheos de instrumentos. ¿Cómo soarán? 



Para Educación Infantil, un cadro de  Francisco Bayeu.