domingo, 3 de novembro de 2013

CELEBRANDO O SAMAÍN

Este mércores pasado celebramos o Samaín e abrimos a semana da narrativa de  medo,  terror e  misterio salpicada, moitas veces, de humor.

A Pescadora de Historias sorprendeunos cun espazo cheo de telarañas texidas con moito primor polas súas amigas, que ademais se deixaron ver para susto de algúns. 

Os libros de medo, terror e misterio saíron misteriosamente dos seus andeis e colocáronse en sitios visibles para que ninguén se quede sin lelos. Asemade,  apareceron seres de ultratumba por todas partes. 

Tódolos nenos acudiron a contemplar o espectáculo acompañados polos seus titores.



Como a luz ía e viña ás veces quedabamos  a escuras e poñía algo de medo, por iso había velas acendidas  por todos lados. 



Mais alí estaban dúas  das axudantes da Pescadora de Historias,  Adela e Laura, para resolver calquera problema. 



Se queredes ver os títulos que temos premede AQUI e non vos preocupedes se non vos apetece lelos agora,  sempre estarán nos seus andeis para que desfrutedes con eles noutro momento.
¡FELIZ SAMAÍN!












Ningún comentario: