sábado, 30 de noviembre de 2013

El viento en los sauces.


Esta película animada é unha divertida adaptación do  famoso libro de Kenneth Grahame que seguro encantará aos máis pequenos. A obra orixinal  é outra historia, por iso non hai que deixar de lela. 
"El viento en los sauces" é un clásico da literatura infantil anglosaxona que podemos atopar, entre outras,  na Editorial Valdemar (2003), na súa coidada colección Avatares coas magníficas ilustracións de Arthur Rackham e Ernest H. Shephard . É unha historia preciosa na que os protagonistas, a Rata de auga, o Sapo, o Teixón, o Topo, as nutrias e outros animais do bosque introdúcennos na súa particular Arcadia , onde a vida transcorre doce e placenteira, espello da dourada época victoriana; inglesa ate a médula. 
En realidade é un libro de adultos, unha sátira fantástica e caprichosa sobre a vida, unha visión da sociedade que lle tocou vivir ao autor, pero que os nenos poderán disfrutar tamén dende a súa visión idealizada do mundo onde os animais son os protagonistas por excelencia, onde as relacións de  amizade, as aventuras e o humor sin extridencias constitúen o miolo da trama.  
Unha historia para ler nas tardes frías do inverno cos nosos fillos, agochados nunha manta,  e ir degustando xuntos  cada capítulo coma se dunha lambetada se tratase.












Ilustración : Ernest H. Shephard

No hay comentarios: