jueves, 20 de noviembre de 2014

"Hora do conto" na Biblioteca Municipal de Ferrol

Este venres, ás 18.00 horas na sala infantil e xuvenil, a Biblioteca Municipal Central da nosa cidade ofrece un contacontos a cargo de Noelia Soriano. 

A lectura debería ocupar un lugar importante no noso tempo de lecer, polo tanto animámosvos para que  aproveitedes  esta oportunidade que ofrece a Biblioteca Municipal. 

A disfrutar coa lectura.  

sábado, 15 de noviembre de 2014

viernes, 14 de noviembre de 2014

Galileo Galilei, o pai da Astronomía.

A biografía de Galileo Galilei en tres capítulos. 
1ª PARTE. 



2ª PARTE 


3ª PARTE

sábado, 18 de octubre de 2014

Esperando a visita de Leandro Lamas






Pronto teremos con nos a un dos nosos ilustradores preferidos, referímonos a Leandro Lamas. Pero se xa queredes disfrutar coas  súas ilustración, premede aquí.

jueves, 2 de octubre de 2014

Tempo de refráns.

Comenzou o xogo dos refráns e das adiviñas, por iso vos deixamos este material onde poderedes atopar un montón delas. SORTE!

NOTA
Corrección de erros: na páxina 11 onde di " votar as patacas", debería dicir "botar as patacas"

SEGUNDA PARTE


A Pescadora de Historias.

martes, 9 de septiembre de 2014

Abrimos o novo curso escolar coa bellísima peza para piano de Gabriel Faure, "Romance sen palabras Op17, Nº 3"

Escollín esta peza polo que ten de frescura e delicadeza para inaugurar o novo curso; tamén o seu título, "Romance sen palabras",  me pareceu evocador porque as palabras están nos libros que temos por descubrir e nos poemas, nas historias, nos contos, nos informes que haberemos de escribir. 
Feliz comenzo!



martes, 24 de junio de 2014

Recomendacións para o verán


A Pescadora de Historias e os seus axudantes deséxanvos un verá moi feliz!

domingo, 8 de junio de 2014

Samuel fálanos dos dinosauros


Samuel Muñoz Paris, un neno de 4º de primaria que vive en Almeria, é un apaixoado dos dinosauros. Enviounos este vídeo ao saber que Paco Castillo, o seu tío, ía falar do Xurásico no noso colexio. 

Dende aquí queremos darlle as grazas e dicirlle que, á volta do MUJA, tamén lle enviaremos nós unha sorpresa. 

video
GRAZAS!

Visita o noso colexio Francisco Castillo para darnos unha pequena conferencia sobre o "Xurásico"

Non perdonamos nada, nin sequera a  excursión de fin de curso, así que estamos preparando a visita que imos facer ao MUJA (Museo del Jurásico Asturiano) e, entre outras actividades, esta amena conferencia que nos ofreceu Francisco Castillo - Doutor en Xeografía, Ex-director  do Departamento Técnico do Instituto de Estudios do Territorio e actualmente desempeñando o cargo de  profesor no IES Carballo Calero, cun apretado currículum que o converte nun importante referente dos estudos da paisaxe galega-,  que nos aclarou moitas dúbidas sobre esas épocas tan alonxadas da nosa vida, facéndoo ademais  dunha maneira amena e divertida.

 Unha instantánea do grupo sorrindo e amosando un gran interés polo que lles estaban a dicir. 


Momento de preguntas e aclaración de dúbidas. 

Aproveitamos esta entrada para darlle as gracias a Francisco Castillo, o noso benquerido Paco, por adicarnos un anaco do seu prezado tempo. 

martes, 27 de mayo de 2014

Un paseo polo románico. Visitamos a catedral de Santiago de Compostela.


























Nesta imaxe, Gloria e Alejandro traballando no interior da catedral. 

Pechamos o proxecto da Idade Media cunha visita á catedral de Santiago de Compostela na que o alumnado de 5º e 6º tivo  que resolver  un xogo de búsqueda de elementos propios do románico no que debía, ademais de situalos, describilos e interpretalos. 
Traballamos en parellas, un alumno de 5º e outro de 6º. 

A profe repartindo carpetas e dando instrucións antes de comenzar o xogo. 
Un día estupendo que nos soubo a pouco!

domingo, 18 de mayo de 2014

¡Arte contemporáneo? Guía para niños MOMA. Jacky Klein, Suzy Klein.

Un libro que lles axudará a descubrir que é a arte contemporánea partindo dun comentario breve e sinxelo sobre unha obra, exposta no MOMA, de cada un dos 70 artistas seleccionados,  e que remata sempre cunha pregunta que invita á reflexión ou á acción. 
Entre os 70 artistas seleccionados atopamos a Yves Klein, Olafur Eliasson, Bruce Nauman, Chillida, Daniel Buren, Pollock, Louise Bourgeois, Jeff Koons e Andy Warhol, entre outros. 
As pezas escollidas son variadas, dende o traballo coa cor e as performances a partires da obra de Yves Klein, Anthropometry, 1961;  ate o o traballo de Bourgeois centrado nas súas emocións e obsesións a partires de Cama #I, estado I, 1997; pasando pola fotografía, ensamblaxes de obxectos, audiovisuais, etc.


Contén, asimesmo, unha pequena biografía de cada un dos artistas e un xugoso glosario de termos, moi útil para que os nenos se vaian familiarizando co mundo da arte,  ademais dunha serie de enderezos web para ver máis arte contemporáneo; así como outro apartado cos enderezos web dos museos de arte contemporáneo máis relevantes do mundo, que aparecen así clasificados : Norteamérica, Europa e o resto do mundo. 


Título: ¡Arte cintemporáneo? Guía para niños MOMA
Autores: Jacky Klein, Suzy Klein 
Traducción: Maddi Egia
Editorial : Nerea, S.A, 2012.  Donostia-San Sebastián
Págs: 64
Temática: museos, cuadros, obras de arte, Arte contemporáneo. 
Moi recomendable para Primaria. 

jueves, 15 de mayo de 2014

Obradoiro de poesía con Raúl Vacas.

Non sabemos ainda se se trata dun mago, ou dun poeta, cicais poderíamos chamalo poetamago ou magopoeta..., creo que calquera das dúas acepcións serían válidas. Encandila  aos rapaces dende o primeiro momento, os profes non deixan de admiralo.
Da súa vella maleta xorden cachivaches que nas súas mans vólvense  prodixios,   prodixos acompañados de palabras, palabras que se converten en poesía. 
Extemporáneo, crítico cos tempos que corren, pasado de moda, independente, honesto, xeneroso, redescubridor da esencia das palabras sinxelas, amante da natureza, enamorado da vida… así  definiría eu ao poeta. 
A súa presenza trouxo ao colexio  aromas de xazmín, sabor de marmelada e brisa fresca mesturado todo con palabras de menta. Aromas  e palabras que esperamos que queden prendidas no ar ate que volva. 
O noso agradecemento. 

sábado, 10 de mayo de 2014

Próxima visita de Raúl Vacas

O alumnado de 6º adícalle estas "escrituras" ao autor, xa que foron feitas a partires da lectura e traballo dos seus libros: "Niños raros", "Esto y ESO" e "Consumir preferentemente". Desexamos que os desfrute.

domingo, 27 de abril de 2014

"El caso Winslow". David Mamet


"Ai daquel que apoia ao forte ignorando ao débil"

Deíxovos o trailer dunha película basada na obra do gran dramaturgo inglés Terence Rattigan, basada nun feto real. Moi  interesante para ver en familia. Neste enlace atoparedes a ficha da película. 
MOI RECOMENDADA!

lunes, 21 de abril de 2014

Xan López Domínguez, un ilustrador con letras maiúsculas.



Xan López Domínguez, un dos grandes da ilustración actual, acaba de publicar en Edelvives o seu último libro titulado  "Las aventuras de la bruja Fritanga".


Unha  entrevista na Fundación GSR.


NORABOA, XAN!

sábado, 12 de abril de 2014

William Steig e o "Doutor de Soto".


Este ano queremos homenaxear  durante  a "Semana do Libro" a aqueles ilustradores que andan polos andeis da nosa biblioteca e que empezaron a  publicar a súa obra nos anos 80/90, moitos deles mestres e inspiradores das novas promesas. Por citar algúns deles: Xan López Domínguez, Jesús Gabán, Roser Capdevilla, etc. Case todos os libros que formarán parte da exposición pertencen aos fondos que había no colexio antes de crear a nova biblioteca, así que algúns están un pouco deteriorados polo paso do tempo,  e xa se sabe que o alumnado destas idades amosa unha certa predilección polos  libros "frescos, limpos e  novos", por iso queremos colocalos nun lugar preferente para  achegalos  a eles e axudarlles a descubrilos e a valoralos . Tamén imos expoñer obra de autores máis novos que están adquirindo moito peso no mundo da ilustración actual.
Para ir facendo boca, sen descubrir os eventos da semana,  deixo este vídeo que hai moito tempo que andaba na súa procura e que hoxe, por causalidade,  atopei…
Seguro que todos coñecedes a SHREK, pois este é o seu creador, WILLIAM STEIG (1907-2003), debuxante, escultor e escritor  americano de literatura infantil.
Pero do que xa non estoy tan segura é de si coñecedes esta preciosísima obra,  que publicou  no ano 1982,   titulada "Doctor de Soto".
A historia conta que o Dr. de Soto é un rato dentista, moi afamado e bo,  que non atende na súa consulta a ningún animal que poida ser "perigoso para os ratos", mais un día un zorro chega cunha dor tremenda e pídelle que, por favor, lle quite aquela dor que o está matando. O doctor, que é unha boísima persoa e  tamén moi intelixente, accede a atendelo, pero toma unha serie de inxeniosas precaucións…, porque  un zorro sempre é un zorro.
Asegúrovos que vos vai encantar, ademais os debuxos son unha verdadeira
preciosidade.
Esta é a versión de debuxos animados fixo Michael Sporn en 1984, que foi nominada pola Academia como o mellor corto de animación.

A desfrutar!

  

miércoles, 8 de enero de 2014

Matar a un ruiseñor.

Película basada na novela co mesmo título de Harper Lee, dirixida por Robert Mulligan. Unha boa maneira de tratar o tema da igualdade ante a xustiza, a presunción de inocencia e a discriminación. PARA VELA PREMEDE NESTE ENLACE