domingo, 27 de abril de 2014

"El caso Winslow". David Mamet


"Ai daquel que apoia ao forte ignorando ao débil"

Deíxovos o trailer dunha película basada na obra do gran dramaturgo inglés Terence Rattigan, basada nun feto real. Moi  interesante para ver en familia. Neste enlace atoparedes a ficha da película. 
MOI RECOMENDADA!

luns, 21 de abril de 2014

Xan López Domínguez, un ilustrador con letras maiúsculas.



Xan López Domínguez, un dos grandes da ilustración actual, acaba de publicar en Edelvives o seu último libro titulado  "Las aventuras de la bruja Fritanga".


Unha  entrevista na Fundación GSR.


NORABOA, XAN!

sábado, 12 de abril de 2014

William Steig e o "Doutor de Soto".


Este ano queremos homenaxear  durante  a "Semana do Libro" a aqueles ilustradores que andan polos andeis da nosa biblioteca e que empezaron a  publicar a súa obra nos anos 80/90, moitos deles mestres e inspiradores das novas promesas. Por citar algúns deles: Xan López Domínguez, Jesús Gabán, Roser Capdevilla, etc. Case todos os libros que formarán parte da exposición pertencen aos fondos que había no colexio antes de crear a nova biblioteca, así que algúns están un pouco deteriorados polo paso do tempo,  e xa se sabe que o alumnado destas idades amosa unha certa predilección polos  libros "frescos, limpos e  novos", por iso queremos colocalos nun lugar preferente para  achegalos  a eles e axudarlles a descubrilos e a valoralos . Tamén imos expoñer obra de autores máis novos que están adquirindo moito peso no mundo da ilustración actual.
Para ir facendo boca, sen descubrir os eventos da semana,  deixo este vídeo que hai moito tempo que andaba na súa procura e que hoxe, por causalidade,  atopei…
Seguro que todos coñecedes a SHREK, pois este é o seu creador, WILLIAM STEIG (1907-2003), debuxante, escultor e escritor  americano de literatura infantil.
Pero do que xa non estoy tan segura é de si coñecedes esta preciosísima obra,  que publicou  no ano 1982,   titulada "Doctor de Soto".
A historia conta que o Dr. de Soto é un rato dentista, moi afamado e bo,  que non atende na súa consulta a ningún animal que poida ser "perigoso para os ratos", mais un día un zorro chega cunha dor tremenda e pídelle que, por favor, lle quite aquela dor que o está matando. O doctor, que é unha boísima persoa e  tamén moi intelixente, accede a atendelo, pero toma unha serie de inxeniosas precaucións…, porque  un zorro sempre é un zorro.
Asegúrovos que vos vai encantar, ademais os debuxos son unha verdadeira
preciosidade.
Esta é a versión de debuxos animados fixo Michael Sporn en 1984, que foi nominada pola Academia como o mellor corto de animación.

A desfrutar!