jueves, 15 de mayo de 2014

Obradoiro de poesía con Raúl Vacas.

Non sabemos ainda se se trata dun mago, ou dun poeta, cicais poderíamos chamalo poetamago ou magopoeta..., creo que calquera das dúas acepcións serían válidas. Encandila  aos rapaces dende o primeiro momento, os profes non deixan de admiralo.
Da súa vella maleta xorden cachivaches que nas súas mans vólvense  prodixios,   prodixos acompañados de palabras, palabras que se converten en poesía. 
Extemporáneo, crítico cos tempos que corren, pasado de moda, independente, honesto, xeneroso, redescubridor da esencia das palabras sinxelas, amante da natureza, enamorado da vida… así  definiría eu ao poeta. 
A súa presenza trouxo ao colexio  aromas de xazmín, sabor de marmelada e brisa fresca mesturado todo con palabras de menta. Aromas  e palabras que esperamos que queden prendidas no ar ate que volva. 
O noso agradecemento. 

No hay comentarios: