xoves, 10 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓNS NADAL 2015/16




BO NADAL E FELIZ ANINOVO A TÓDOLOS SEGUIDORES DESTA BIBLIOTECA!

luns, 30 de novembro de 2015

CHULETEIRO DE FRACCIÓNS




Fraccións: conceptos básicos.

sábado, 14 de novembro de 2015

EL VERBO. Mapa conceptual



EL GRUPO NOMINAL . Mapa conceptual



TUTORIAL: COMO PRESENTAR UN TRABALLO SOBRE UN LIBRO



Neste enlace poderás atopar a maneira de cómo  presentar un traballo sobre un libro que liches. 

domingo, 8 de novembro de 2015

mércores, 21 de outubro de 2015

luns, 12 de outubro de 2015

Preparando a festa do Día internaciónal das bibliotecas.


Este ano a música será o fío conductor dos xogos que preparamos arredor do Día das bibliotecas escolares,  por existir en  Ferrol  unha gran tradición musical. 
Non hai moito tempo, cando a televisión non existía, a xente cantaba nas tabernas acompañada dun acordeón ou dunha guitarra e calquera dos presentes uníase ao grupo a cantar. 
Cantábanse ademais das cancións de moda e  outras populares moitas habaneiras que  dende Cuba viñeran nos barcos que chegaban ao noso porto. Asemade, na empresa Bazán formouse unha coral, coñecida como a "Coral do pai Fanego",  que chegou a ter máis de cens voces. 
  Rondaias, coros, corais, bandas, tríos, solistas, orquestras, un conservatorio profesional de música e escolas enchen o panorama musical da cidade;  uns dende hai moito tempo e outros de recente creación,  por iso queremos rendirlle unha homenaxe dende a nosa biblioteca.

  Para comezar, imos xogar dende o portal :  "Música educa".


XOGOS ONLINE
1. ALUMNADO DE INFANTIL e 1º de EP
. XOGAMOS A DESCUBRIR SONS 
COMO SE CHAMAN E SOAN OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

 2. ALUMNADO DE 2º, 3º E 4º. SOMOS INTÉRPRETES
  •  Preme en Música educa  
  •  Despois no menú , vai a "Practica con el xilófono"
  • Unha vez alí deberás compoñer a melodía de "Campaíñas do lugar" e escribir as notas que empregaches no pentagrama que che entrego a túa titora. 
3. ALUMNADO DE 5º E 6º. 
  • Preme neste enlace Música educa
  • Vai ao menú e escolle: JUEGOS DE MÚSICA EDUCA e preme a frecha amarela.
  • Despois vai ao xogo de  QUIZ e xoga. 

Que disfrutedes moito!

SOPAS DE LETRAS



martes, 16 de xuño de 2015

Viñetas feitas online polo alumnado de 5ª

  Autores: Lucas e Manu 

  Autor: Juan de la Fuente


   Autores: Nerea e Nicolás


      Autor: Pablo Lage
Noraboa!


domingo, 14 de xuño de 2015

domingo, 7 de xuño de 2015

luns, 4 de maio de 2015

Obradoiros de debuxo: como debuxar un personaxe de cómic

Estes días levamos a cabo varios obradoiros de debuxo. Aquí o grupo de 3º.




Todos eles levaron a cabo un traballo extraordinario. 
Parabéns.

luns, 27 de abril de 2015

domingo, 19 de abril de 2015

Retos matemáticos

Estes son os retos matemáticos da semana. Ánimo!


 Saberías dicir que número deberemos escribir sobre o 5 para que siga a secuencia iniciada polos demais números?
Pista: Intenta facer algunha operación cos números grandes para obter os pequenos. 

Test: o cómic

Test creado con GoConqr por colesteiro

Recursos para facermos cómics


Dous lugares onde facer cómics. Non se precisa rexistro. 






sábado, 18 de abril de 2015

O Cómic

SEMANA DO LIBRO!

Esta ano adicamos a semana do libro ao CÓMIC e imos levar a cabo moitas actividades. 
1. Exposición de cómics na biblioteca, coa incorporación de novas adquisicións!
2. Traballo sobre a linguaxe do cómic. 
3. Obradoiro de elaboración de cómics.
4. Elaboración de cómics online en  http://www.makebeliefscomix.com
5. Concurso de cómics de elaboración propia.
6. Traballo de investigación: ¿Qué sabemos do mundo do cómic? 

Para abrir boca, este é o cómic que elaborou online a Pescadora de Historias dende a páxina http://www.makebeliefscomix.com


domingo, 12 de abril de 2015

Retos matemáticos.

Esta semana imos descubrir  os "números palíndromos" e algunhas  das súas características, así como tamén deberemos resolver un problema que acaeceu nos tempos de Alí Babá. 

mércores, 25 de marzo de 2015

Proxecto: " A pintura en Ferrolterra". Visita do alumnado de 2º ciclo ao barrio de Canido.

No ano 2008 moitos artistas e pintores interpretaron nos muros e nas paredes das casas do barrio de Canido o cadro de Velázquez, "As Meninas", como protesta polo abandono que sufría esta parte da cidade. A iniciativa tivo moi boa acollida e, o que comenzou como unha iniciativa artística, leva trazas de se converter nun percorrido de interés turístico. Conjunto de Fichas creado con ExamTime por colesteiro

domingo, 22 de marzo de 2015

Reto de inxenio: "Os dez puntos"

Comenzamos a semana cun novo xogo de inxenio. 

Nota: 
Para axudarte podes facer os círculos con cores, recortalos e movelos. 
A segunda figura vai en azul para non dar pistas!






MOITA SORTE!


mércores, 18 de marzo de 2015

Xogos matemáticos


Descobre o divertidas que son as MATEMÁTICAS e participa nos xogos que, dende a biblioteca, se levan a cabo cada semana. 




Xa fixemos pirámides numéricas, pero hoxe tócalle o turno ás 

CRUCES NUMÉRICAS


luns, 2 de febreiro de 2015

Hoxe visitounos Marcos Calveiro

Hoxe recibimos a Marcos Calveiro que nos veu falar sobre a súa novela "Palabras de auga". Participaron o alumnado de 5º e 6º de primaria. 
Nesta imaxe Marcos explícalles como creou o universo de Amadou, un neno de ficción que podería representar a calquera rapaz que vive na actualidade no centro de África. 
Díxolles que para fiar o argumento documentouse moitísimo, incluso estudou swahili, porque quería que a súa historia fose una crónica do que está a acontecer nesta parte de África: os nenos soldados; a loita durísima pola supervivenza; o negocio das minas de coltán…; e que , collendo de aquí e de acolá  xogos, costumes, etc.,  teceu esta realidade que, sen axustarse a nada, abrangue todo ese mundo de escravitude, de pobreza e miseria; dese mundo que existe para que nós teñamos este noso. 


O libro é unha auténtica marabilla. A linguaxe, cicais un pouco complexa para estes nenos que ademais de pequenos non falan galego, pero traballámolo como lectura colectiva de aula e iso facilitou a comprensión.  
A todos lles fixo mella descubrir que ahí abaixo, non moi lonxe da punta de Europa, existen realidades nunca imaxinadas. 
A mestura de galego e swahili tamén lles chamou moito a atención, foi coma un xogo de deducións e os xogos gústanlle moito aos nenos. 
Os saltos temporais servíronnos para introducilos nun modo de narrar ao que non están habituados e non foi tampouco este un escollo insuperable. 
Os temas: amizade, familia, loita pola supervivenza, escravitude… axudáronlles a ver máis alá do seu mundo. 
Hai libros que se len e se disfrutan no momento, pero "Palabras de agua" é un deses que se queda no corazón.

Grazas, Marcos, segue deleitándonos coas túas palabras. 


luns, 26 de xaneiro de 2015

Pablo Picasso











Documental sobre o Guernica









Visita esta páxina do museo Reina Sofía




Visita esta páxina sobre o bombardeo de Guernica.
Visita esta páxina para coñecer moitos aspectos da vida e da obra do pintor.