miércoles, 21 de octubre de 2015

lunes, 12 de octubre de 2015

Preparando a festa do Día internaciónal das bibliotecas.


Este ano a música será o fío conductor dos xogos que preparamos arredor do Día das bibliotecas escolares,  por existir en  Ferrol  unha gran tradición musical. 
Non hai moito tempo, cando a televisión non existía, a xente cantaba nas tabernas acompañada dun acordeón ou dunha guitarra e calquera dos presentes uníase ao grupo a cantar. 
Cantábanse ademais das cancións de moda e  outras populares moitas habaneiras que  dende Cuba viñeran nos barcos que chegaban ao noso porto. Asemade, na empresa Bazán formouse unha coral, coñecida como a "Coral do pai Fanego",  que chegou a ter máis de cens voces. 
  Rondaias, coros, corais, bandas, tríos, solistas, orquestras, un conservatorio profesional de música e escolas enchen o panorama musical da cidade;  uns dende hai moito tempo e outros de recente creación,  por iso queremos rendirlle unha homenaxe dende a nosa biblioteca.

  Para comezar, imos xogar dende o portal :  "Música educa".


XOGOS ONLINE
1. ALUMNADO DE INFANTIL e 1º de EP
. XOGAMOS A DESCUBRIR SONS 
COMO SE CHAMAN E SOAN OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

 2. ALUMNADO DE 2º, 3º E 4º. SOMOS INTÉRPRETES
  •  Preme en Música educa  
  •  Despois no menú , vai a "Practica con el xilófono"
  • Unha vez alí deberás compoñer a melodía de "Campaíñas do lugar" e escribir as notas que empregaches no pentagrama que che entrego a túa titora. 
3. ALUMNADO DE 5º E 6º. 
  • Preme neste enlace Música educa
  • Vai ao menú e escolle: JUEGOS DE MÚSICA EDUCA e preme a frecha amarela.
  • Despois vai ao xogo de  QUIZ e xoga. 

Que disfrutedes moito!

SOPAS DE LETRAS