luns, 2 de febreiro de 2015

Hoxe visitounos Marcos Calveiro

Hoxe recibimos a Marcos Calveiro que nos veu falar sobre a súa novela "Palabras de auga". Participaron o alumnado de 5º e 6º de primaria. 
Nesta imaxe Marcos explícalles como creou o universo de Amadou, un neno de ficción que podería representar a calquera rapaz que vive na actualidade no centro de África. 
Díxolles que para fiar o argumento documentouse moitísimo, incluso estudou swahili, porque quería que a súa historia fose una crónica do que está a acontecer nesta parte de África: os nenos soldados; a loita durísima pola supervivenza; o negocio das minas de coltán…; e que , collendo de aquí e de acolá  xogos, costumes, etc.,  teceu esta realidade que, sen axustarse a nada, abrangue todo ese mundo de escravitude, de pobreza e miseria; dese mundo que existe para que nós teñamos este noso. 


O libro é unha auténtica marabilla. A linguaxe, cicais un pouco complexa para estes nenos que ademais de pequenos non falan galego, pero traballámolo como lectura colectiva de aula e iso facilitou a comprensión.  
A todos lles fixo mella descubrir que ahí abaixo, non moi lonxe da punta de Europa, existen realidades nunca imaxinadas. 
A mestura de galego e swahili tamén lles chamou moito a atención, foi coma un xogo de deducións e os xogos gústanlle moito aos nenos. 
Os saltos temporais servíronnos para introducilos nun modo de narrar ao que non están habituados e non foi tampouco este un escollo insuperable. 
Os temas: amizade, familia, loita pola supervivenza, escravitude… axudáronlles a ver máis alá do seu mundo. 
Hai libros que se len e se disfrutan no momento, pero "Palabras de agua" é un deses que se queda no corazón.

Grazas, Marcos, segue deleitándonos coas túas palabras. 


O test do estudante

Preme aquí para facer o test e comprobarás se eres ou non un bo estudante.

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
SEMANA DO LIBRO

CONSULTA OS NOSOS FONDOS

CONSULTA OS NOSOS FONDOS
Programa MEIGA

DE LA MANO DE ALICIA

DE LA MANO DE ALICIA
WEBQUEST. Preme na imaxe.

RECURSOS PARA AS DIFERENTES ÁREAS

RECURSOS PARA AS DIFERENTES ÁREAS
Listado por áreas

RECURSOS: Pintura en Ferroltera.

RECURSOS:  Pintura en Ferroltera.
Genaro Pérez Villaamil

Ricardo Segura Torrella

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ
ITE. EDUCACIÓN

Camilo Díaz Baliño

SEMANA DO LIBRO

RECURSOS

RECURSOS
Dende "O RECANTO DE MICK"

EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA

OS IRMÁNS GRIMM

OS IRMÁNS GRIMM
Preme para ler os contos

BLOGS DE APOIO Á BIBLIOTECA

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS
Preme no listado

COMO UTILIZAR O CATÁLOGO ONLINE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL. FORMACIÓN DE USUARIOS.

PARTES DUN LIBRO

FERROL

FERROL

BLOGS DO PLAMBE DE FERROL

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. PRIMARIA E SECUNDARIA

MOITOS BICOS PARA TODOS OS MÉDICOS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA "MÉDICOS SEN FRONTEIRAS"

Unha preciosa e delicada campaña, narrada por nenos, sobre a desnutrición en África.Contribúe e pon tamén o teu grao de area para que esta situación deixe de ser realidade.

Violencia de xénero. Información para xóvenes e adolescentes.

Grupo TELECOM. Fundación ORANGE

Grupo TELECOM. Fundación ORANGE
Autismo, discapacidade visual e auditiva,

"LA CLARIDAD DE LA SOMBRA"

"LA CLARIDAD DE LA SOMBRA"
CRISTINA PRIETO SOLANO (preme na imaxe)

ETIQUETAS

O test do estudante

Preme aquí para facer o test e comprobarás se eres ou non un bo estudante.

Entradas populares

Seguidores

Related Posts with Thumbnails

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO

Buscar neste blog

RECURSOS PARA AS DIFERENTES ÁREAS

RECURSOS PARA AS DIFERENTES ÁREAS
Listado por áreas