domingo, 19 de abril de 2015

Retos matemáticos

Estes son os retos matemáticos da semana. Ánimo!


 Saberías dicir que número deberemos escribir sobre o 5 para que siga a secuencia iniciada polos demais números?
Pista: Intenta facer algunha operación cos números grandes para obter os pequenos. 

Test: o cómic

Test creado con GoConqr por colesteiro

Recursos para facermos cómics


Dous lugares onde facer cómics. Non se precisa rexistro. 






sábado, 18 de abril de 2015

O Cómic

SEMANA DO LIBRO!

Esta ano adicamos a semana do libro ao CÓMIC e imos levar a cabo moitas actividades. 
1. Exposición de cómics na biblioteca, coa incorporación de novas adquisicións!
2. Traballo sobre a linguaxe do cómic. 
3. Obradoiro de elaboración de cómics.
4. Elaboración de cómics online en  http://www.makebeliefscomix.com
5. Concurso de cómics de elaboración propia.
6. Traballo de investigación: ¿Qué sabemos do mundo do cómic? 

Para abrir boca, este é o cómic que elaborou online a Pescadora de Historias dende a páxina http://www.makebeliefscomix.com


domingo, 12 de abril de 2015

Retos matemáticos.

Esta semana imos descubrir  os "números palíndromos" e algunhas  das súas características, así como tamén deberemos resolver un problema que acaeceu nos tempos de Alí Babá.