29/10/2018

Aiiiiiiiiii, MAMASIÑA QUE MEDO!



MAGOSTO, SAMAÍN... QUE TOCA AGORA?

    Son tempos para o MAGOSTO e aínda que parecía que estabamos no mes de AGOSTO o outono chegou coa friaxe propia deste tempo e xa nos van apetecendo unha castaniñas asadas cun pouco leite.

      As cabazas vanse preparando para o SAMAÍN e xa se están a vestir de gala... Así que na biblioteca mercamos libros sobre esta temática e comezamos a desempoar as teas de araña deses misteriosos caixóns que hai pola escola. Tamén sairon de paseo moitos libros que xa ficaban a descansar polos andeis... É hora de poñelos en circulación.

Aiiiiiiii! Mamasiña que medo!!!!


 

24/10/2018

24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ler te transporta -curtametraxe de animación á lectura-

https://youtu.be/e5l8-4wDUzM



Levamos todo o mes argallando un conto encadeado. Comezou o proceso creativo co alumnado de sexto de Primaria e foi pasando por todos os cursos ata chegar a infantil onde o remataron. Axiña poderedes ver o resultado final preme sobre a seguinte ligazón:

DEIXAMOS NESTA LIGAZÓN ALGUNHAS DAS NOSAS PRODUCIÓNS

Fai clic aquí para ver as novidades do mes de outubro

15/10/2018

NOVA ANDAINA NESTE CURSO 2018-19





Xa comezou o curso e as bibliotecas escolares teñen os motores en marcha, a nosa non podía ser menos. Desde primeiros de outubro xa están circulando as nosas bolsas e mochilas dos tesouros para E. Primaria e E. Infantil. Con libros divertidos e interesantes e novos artigos para as familias.







Tamén temos novos axudantes/as de biblioteca. O alumnado de quinto estrease nesta nova tarefa e o de sexto repite. Locen estupendos coas súas credenciais e con moitas gañas de axudar.














 

 

A rapazada de sexto xa ten a lección aprendida e están mergullados no "mare magnum" de libros de lectores  e lectoras de educación infantil e os máis pequenos de educación primaria para telos sempre ordenadiños... Pero sempre hai tempo para unha foto...

 

 

Iniciamos este curso con novidades de libros informativos e de ficción, moitos deles aconsellados por vós na caixa de suxestións que temos na biblioteca.


Seguide  aportando novas ideas!









02/07/2018

LETRAS GALEGAS 2019

Carvalho Calero ou Carballo Calero, coma vós prefirades, é, xunto con Antón Fraguas, finalista ás LETRAS GALEGAS 2019. O vindeiro sábado coñeceremos a decisión dos académicos.

31/05/2018

UN ANO POÉTICO EN ESTEIRO

PRODUCIÓNS ARTÍSTICAS DAS NENAS E NENOS DE INFANTIL

 

 

LETRAS GALEGAS 2018: CITA A CEGAS CUN LIBRO

Co motivo da celebración do día das Letras galegas a Pescadora de historias proponlle ao alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria unha "Cita a cegas cun libro en galego..."

Os títulos foron seleccionados entre a ampla variedade de fondos en galego cos que conta a nosa colección. Cada libro vai acompañado dunha mensaxe que convida ao namoramento...

Os/As  participantes atoparanse tamén cun pequeno texto para a reflexión de Fran Alonso,  agasallo que acabamos de recibir da Asesoría de Bibliotecas Escolares co motivo do "Día do libro e dos dereitos de autor"

   Non vos perdades o vídeo do final co resultado das citas... 
















Continuará...

26/04/2018

"Por cuatro esquinitas de nada"

  Con motivo do Día do libro que se celebra o día 23 de abril, Leandro e Gabriel de 6º de Educación Infantil leron o conto "Por cuatro esquinitas de nada" de Jèrôme Ruillier. Tamén agasallaron a todos os asistentes cun bonito marcapáxinas.

  Este libro colectivo foi elaborado por todo o  alumnado de Ensinanza Evanxélica para a biblioteca do cole.




 


 



CONTINÚAN AS ACTIVIDADES DO APADRIÑAMENTO LECTOR

OS PEQUENOS ELÍXEN SITIO PARA SENTARSE


DESPOIS DE POSICIONARNOS COMODAMENTE COMEZAMOS A LECTURA




 

UNHA VEZ REMATADA A LECTURA FAISE ENTREGA DOS AGASALLOS AOS AFILLADOS E AFILLADAS...



 E DESPOIS DUNHA LECTURA ATENTA... QUE TAL SE XOGAMOS UN POUCO?




 



Arquivo do blog