30/01/2018

DECÁLOGO DO COLEXIO FELIZ

Unha pequena contribución á PAZ neste día tan sinalado


Despois das nosas lecturas sobre a paz e do noso traballo cooperativo nos grupos,  cada aula achegou un desexo. En representación de cada curso dúas persoas fixeron a lectura  do lema aportado ao noso decálogo. Tivemos tamén un pequeno recital de poesía a cargo do alumnado de quinto. Ao remate do acto cantamos pola paz. Un acto sinxelo pero emotivo.

               Quedou moi ben!

18/01/2018

LECTURAS COMPARTIDAS

Hoxe, na hora de ler, Martina e Andrea de 4º de EP  leron o conto "El mono Quico" de Gloria Fuertes. Todo o alumnado de primeiro pasou un tempo de lectura moi agradable.

   Grazas Martina e Andrea !!!

 





Lecturas para a Convivencia, a Paz e a Tolerancia

A pescadora de Historias acaba de facer unha selección de títulos cos que desexa fomentar e promover o debate e a reflexión  sobre as nosas actuacións diante de diferentes situacións, cotiáns ou non, que poden xerar conflitos.
No día de hoxe fixo entrega, a cada clase,  dun lote de libros para a súa lectura comentada. Desexa que estes libros servan de axuda para confeccionar o noso "Decálogo do colexio feliz" que sairá deste traballo colectivo do alumnado da nosa escola e que terá como colofón a celebración conxunta do Día da paz, o trinta de xaneiro.





 

12/01/2018

O PAPAGAIO

  Xa temos na nosa biblioteca un xornal PARA NENOS/AS totalmente EN GALEGO!

  un xornal para xente miúda! 


   Ven lelo... eso si, terás que facelo aquí na biblio.







11/01/2018

NOVIDADES XANEIRO


ANO NOVO LIBRO NOVO

COA  ADAPTACIÓN DO NOSO REFRANEIRO

PRESENTAMOS A MESA DE NOVIDADES DE XANEIRO



Lectores autónomos



  





Libros informativos


01/01/2018

LETRAS GALEGAS 2018


  Día das Letras Galegas 2018 

dedicado a 

María Victoria Moreno Márquez

 


http://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/o-dia-das-letras-galegas-de-2018-estara-dedicado-a-maria-victoria-moreno-marquez?redirect=http%3A%2F%2Facademia.gal%2Finicio%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_m2gF%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D4%26_101_INSTANCE_m2gF_advancedSearch%3Dfalse%26_101_INSTANCE_m2gF_keywords%3D%26_101_INSTANCE_m2gF_delta%3D10%26_101_INSTANCE_m2gF_cur%3D6%26_101_INSTANCE_m2gF_andOperator%3Dtrue

  

CULTURA GALEGA

Arquivo do blog