venres, 9 de marzo de 2018

Obradoiro de Poesía con Xoán Babarro

 Hoxe visitou o centro Xoán Babarro e o alumnado de quinto e sexto gozou dunha xornada poética moi interesante, na que o autor falou da poesía, do seu significado e convidou a audiencia a facer preguntas e dar respostas en torno a poemas de Rosalía, Manuel María..., entre outros. Actividades aparentemente sinxelas pero non exentas de dificultade: resumir nunha palabra un poema para buscarlle o tema, facelo logo nunha oración para explicar unha situación son algúns exemplos de como podes captar a atención arredor dun poema breve. Tivemos tamén oportunidade de traballar  sobre poemas da súa última publicación O baúl de Domingos Quintas libro de poemas que o alumnado xa coñecía. A rapazada ficou moi atenta á exposición e  participou con ansia en toda a actividade facendo preguntas realmente inxeniosas ao autor que rematou case cunha entrevista colectiva do noso alumnado ao autor, inquedanzas variadas sobre o oficio de ser escritor... 










 





Ningún comentario:

Arquivo do blog

Seguir por correo electrónico