xoves, 19 de abril de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR

Estes días a biblioteca está que ferve, a todas horas está chea de grupiños de  rapaces e rapazas, grandes e pequenos... Que será o que está a acontecer?, pois nada máis e nada menos que a organización dun novo "Apadriñamento Lector". Esta actividade celebrouse por primeira vez o curso pasado cun enorme éxito, razón pola que este ano decidimos ampliar a participación: reencóntranse os padriños e madriñas de 6º de EP cos seus afillados e afilladas de 5 anos e estrease o alumnado de 5º de EP apadriñando ao alumnado de 4 anos. Os primeiros pasos xa están dados:


- Presentación das parellas:



















 

 

 

- Elección dos contos por parte dos padriños e madriñas:
















- E agora a esperar que continúe o bo tempo para poder saír ao campiño, e gozar das lecturas ao aire libre!!!!

Ningún comentario:

Arquivo do blog

Seguir por correo electrónico