jueves 24 de diciembre de 2009

IMAXES DA FESTA DE NADAL. TEATRO: !VAMOS A BELÉN!

martes 22 de diciembre de 2009

Felicitación para os nosos maiores





O noso colexio colabora sempre coas institucións do barrio de Esteiro de Ferrol. Unha destas colaboracións consiste en visitar aos nosos maiores, da Residencia Abrente, e levarlles a nosa felicitación de nadal que consiste, nin máis nin menos, en ofrecerlles a nosa ledicia e o noso cariño.

Este ano tocoulle ao alumnado do segundo ciclo de primaria. Os de 3º levaron un baile precioso, e os de 4º a obra de teatro que se representará tamén mañá no colexio. Tamén lles regalamos dúas preciosas tarxetas de nadal para colgar ná árbore que preside o seu salón de actos.

Foi unha mañá preciosa, sobre todo, porque os nenos e nenas estaban aprendendo unha fermosa lección de solidariedade... e esta vez a lección non estaba nin nunha foto, nin nun papel... era real!

Os nosos cariños a todas as personas que alí estaban e un bico moi especial ao persoal de Abrente pola súa amabilidade.

Ainda que este tema non é precisamente un tema da Biblioteca, parécenos que sí é digno de estar aquí, polo que ten de humano...


video

domingo 20 de diciembre de 2009

Maurice Sendak. Donde viven los monstruos?



O suplemento de Babelia,do 19 dos correntes, é un especial infantil-xuvenil que non ten desperdicio e que vos convido a que lle botedes unha ollada.
Dende unha pequena reseña sobre Miguel Calatayud; pasando por unha ampla radiografía sobre o escritor e debuxante Meurice Sendak; ata unhas cuantas recomendacións bibliográficas, etc.
Para complementar un pouco máis esta lectura, colgo este vídeo de You Tube, coa fermosa historia , arriba indicada, e traducida ao castelán.
Dentro dunhos días pasarémolo á nosa sección de "Contos para ver e escoitar"

sábado 19 de diciembre de 2009

Entrevista con Cristina Prieto Solano, autora da novela xuvenil "LA CLARIDAD DE LA SOMBRA"


miércoles 16 de diciembre de 2009

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL


ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES UN MONTÓN CON TODAS ESTAS LECTURAS!

domingo 13 de diciembre de 2009

SOnCine PRESENTA A SÚA PRIMEIRA CURTAMETRAXE.

SonCine é un colectivo de alumnos e alumnas do IES Porto do Son que acaban de lanzar a súa primeira curtametraxe. Increíble !!!, non hai palabras porque os resultados falan por sí solos!!!
Tedes que velo todos e todas e animalos para que sigan facendo cousas tan bonitas. Noraboa, por suposto ao seu profesor de audiovisuais,David , principal artífice desta marabilla.
Moitos bicos a todos!!!

Alberto Iglesias premiado pola Academia Europea de Cine!

Alberto Iglesias recibiu o premio da Academia Europea de Cine pola música que compuxo para a película de Almodóvar, "Los abrazos rotos".
O noso cinema está de noraboa!!