21/06/2026
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2026
22/04/2026
ENCONTRO CON ÁNXELA LOUREIRO
Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria leron durante este trimestre "Ota quere voar", escrito por Ánxela Loureiro.
"Ota quere voar" é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan.
Para Ánxela vir ao noso colexio e regresar á súa casa, xa que foi mestra e directora do mesmo. Ademais é unha muller cunha longa traxectoria no mundo das artes en xeral, destacando nos eidos da música e escritura, tanto para nenos e nenas como para adultos.
Agardámola cunha pequena exposición de debuxos feitos pola rapazada así como unha breve galería de fotos con parte do seu traballo.
Grazas Ánxela por vir, esperamos que pronto regreses ao noso cole, o teu cole :-)
27/02/2026
DÍA DE ROSALÍA 2026
Polo Día de Rosalía de Castro os seus poemas ocuparon un lugar especial no corredor da biblioteca, xunto con algunha biografía, conto sobre ela ou escolmas poéticas de diferentes autores.
Ademais desde o EDLG propuxeron que cada aula fixese un caligrama que tamén estarán expostos no corredor. Os caligramas feitos polas clases de educación primaria serán baseándose nalgúns dos seus poemas máis relevantes:
1º EP "Eu ben vin estar o moucho"
2º EP "Chove miudiño"
3º EP "Adiós ríos, adiós fontes"
4º EP "Campanas de Bastabales"
5º EP "Lugar máis fermoso"
6º EP " Has de cantar"
Os nenos e nenas de educación infantil son os encargados de realizar o rostro de Rosalía escribindo títulos de libros, de poemas ou pequenos versos... Mirade que ven quedou o resultado!
19/01/2026
DÍA DA PAZ 2026
As lecturas sobre paz, convivencia, solidariedade, entre outros temas, están sempre á disposición do alumnado na biblioteca dos tesouros... No mes de xaneiro sempre preparamos unhas caixiñas temáticas para que todos os nenos e nenas da escola poidan lelos en clase no tempo de lectura.
Esperamos que esas lecturas sexan interesantes e conviden á reflexión e o diálogo.
14/01/2026
18/12/2025
BOLSAS DOS TESOUROS 1º TRIMESTRE 25-26
A bolsas dos tesouros son un nexo de unión entre a escola e as vosas casas, sendo a lectura a protagonista. É moi satisfactorio ver como, cada trimestre, nenos e nenas da escola opinan, reflexionan e valoran as lecturas que viaxan nas bolsas. As familias tamén colaborades tanto na lectura, cando aínda non son autónomos, como acompañando dun pequeno texto o debuxo ou axudando a deixar por escrito a súa opinión.
Moitas grazas a todos e todas por participar e facer que o esforzo de levar a cabo esta actividade mereza a pena.
13/12/2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2025
Tempo de Nadal, tempo de lecturas, de reencontros, de agasallos... tempo no que as lecturas están presentes en diferentes formas e formatos.
Ofrecémosvos unhas propostas para estas datas, esperando que vos resulten interesantes. Premendo na portada poderás ver as recomendacións máis polo miúdo :-)
09/12/2025
MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025: PEÓNS E CRISTAIS DE SAL
No mes da Ciencia en Galego contarámosvos que habería un reto para toda a escola, averiguar cantos peóns hai no noso Museo do Xogo Popular.
Podiamos deducir, contar, estimar, reflexionar... todas as estratexias eran válidas. Participaron unha morea de nenos e nenas e, aínda que ninguén dei co número exacto, houbo varios que se aproximaron bastante á cantidade correcta: 127.
Por outro lado o alumnado de 1º e 2º de primaria visitou o resto de clases explicando un experimento para crear cristais de sal. No video veredes un pequeno resumo de todas as actividades realizadas ao longo do mes, incluído este interesante experimento.
Grazas a todos e todas por participar tan activamente nestas actividades ao longo do mes de novembro.
05/12/2025
LECTURAS DE NADAL 2025
14/02/2025
OS 40 PRINCIPAIS
No 1º trimestre deste curso o noso colexio estivo de aniversario, celebrando 40 anos de funcionamento.
A biblioteca quere conmemorar esta data tan especial atopando os 40 libros favoritos da escola, que vos parece?
Pouco a pouco imos sumando, e xa estamos preto de atopalos. Esperamos que moitos e moitas de vós pasedes pola biblioteca para buscar o voso libro favorito e sacar unha foto con el.
Despois, unicamente tedes que escribir o título e a razón pola que ese é o libro ou conto que más vos gusta.
Todas as vosas aportacións pasarán a formar parte dunha exposición no corredor da biblioteca e, posteriormente, dun libro onde recompilaremos todas as fotos e reseñas.
Moitas grazas a todos e todas os que estades a participar, xuntos atoparemos os 40 principais!
Estas son algunhas das vosas eleccións...
06/02/2025
22/01/2025
24/11/2024
LIBROS E XOGOS PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O calendario está cheo de datas sinaladas e, ás veces, non nos decatamos da relevancia de reflexionar sobre a importancia e o porque das mesmas.
A loita contra a violencia, sexa da natureza que sexa, ten que ser transversal, desde todos os ámbitos, incluída a escola. E, no caso da violencia contra as mulleres é moi importante concienciar desde ben pequenos para que os nenos e nenas de hoxe sexan, no futuro, uns homes e mulleres de paz.
Unha maneira de aprender, reflexionar e tomar conciencia pode ser a través da literatura e da didáctica dos xogos, así que poñemos nun lugar visible no corredor todos os recursos da biblioteca dos tesouros, para que todos os que conformades a comunidade educativa podades dispoñer deles.
Como recomendación, este curso incorporamos algúns novos libros como "Soy solo mía", "Marta ya no da besos" e "Armando no estarás llorando" axeitados para ler durante todo o ano, pero de especial axuda nestas datas. Deixamos a continuación algún videoconto destes títulos, pero se preferides lelo en papel non dubidedes en acudir á nosa biblio.
23/10/2024
LECTURAS POLO SAMAÍN
Chega o Samaín e con el unha chea de lecturas relacionadas coas pantasmas, as meigas, os seres mitilóxicos de Galicia, o medo, a escuridade...
Na entrada da biblioteca, atoparedes as lecturas de primeiros lectores e lectores autónomos e, no interior -no expositor de novidades de prelectores- os libros e contos para os nenos e nenas de educación infantil.























































