Amosando publicacións coa etiqueta terceiro e cuarto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta terceiro e cuarto. Amosar todas as publicacións

15/05/2026

PREGUNTÓN PRIMARIA 2026

Os maiores tamén tiveron o seu Preguntón polo Día do Libro. Como outros anos, un xogo de preguntas e pistas, buscando información pola biblioteca, Museo do Xogo Popular e, neste caso, exposición dos oficios tradicionais. 

Despois de contestar as preguntas, comprobaron as respostas e, ao remate, tiveron que adiviñar que letra se agochaba na proba final e entre todos compoñer unha palabra, lugar onde atoparían un pequeno tesouro. 

As palabras foron variadas: árbore, radio, clase.... dependendo do tempo meteorolóxico  que sempre marca as actividades do cole. 

O importante é que xogando descubren cousas, recordan outras, traballan en equipo, buscan información e, ademais, pasan un rato divertido. 

Esperamos seguir preguntando con Preguntón!



19/12/2025

XOGOS NA BIBLIO POLO NADAL 2025

Xa case é un clásico que nenos e nenas de 3º a 6º de primaria vaian á biblioteca a xogar na semana previa ás vacacións de Nadal. 

Establecemos varios espazos de actividades, aproveitando os recursos da biblioteca, e incorporamos sempre un obradoiro de Nadal. Neste caso a proposta foi facer adornos de Nadal co lapiceiro 3D, xa que contamos con varios grazas ao programa de Polos Creativos. 

Ademais, xogos de mesa, lettering e papiroflexia, LEGO, sopas de letras en galego e lecturas de Nadal foron as outras actividades nas que podían participar. 


P.D: Se vos interesan as sopas de letras en galego podedes atopalas no enlace ou en algunhas librarías da comarca (na actividade empregamos os modelos que envían de balde por estar suscritos).





22/11/2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025: MOITOS RETOS E UN EXPERIMENTO

Na segunda quincena de novembro temos varias propostas para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego: 

  • Retos diarios na biblio para os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria
  • Retos semanais para resolver na clase para os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria
  • Gran reto no que poderán participar todos os nenos e nenas do cole... e os adultos que queiran tamén!
  • Experimentos compartidos: o alumnado de 1º e 2º de primaria compartirá co resto do alumnado un experimento que están a preparar na clase. 
Retos diarios

Retos de 2º e 3º

Retos de 4º

Retos de 5º e 6º

A Pescadora cos retos de infantil e 1º 

Nenas de 4º resolvendo retos :-)

Gran reto: Cantos peóns haberá no museo?

Aínda estás a tempo!


14/11/2025

CORRE, CORRE CABACIÑA

O alumnado de 4º de primaria estivo preparando unha obra de teatro baseada no conto "Corre, corre cabaciña" escrito por Eva Mejuto e ilustrado por André Letria.

Despois de moitos ensaios, preparación do decorado, vestiario e maquillaxe, os nenos e nenas de educación infantil puideron desfrutar da obra no salón de actos do colexio. 

Fixérono xenial e pasamos un rato moi divertido!







05/05/2025

O PREGUNTÓN 2025

Polo Día do Libro estamos a celebrar o Preguntón, un xogo de pistas con preguntas sobre a biblioteca e o Museo do Xogo Popular. 

Con esta dinámica traballamos aspectos como as seccións da biblioteca, os tellos ou etiquetas, os tipos de lectores e, tamén, damos visibilidade aos xogos do museo así como aos carteis informativos. 

Este ano, ademais, aproveitamos a exposición de libros favoritos "Os 40 principais" para buscar alí información, como títulos de libros ou autores e autoras. 

Outro aspecto importante é o desenvolvemento da actividade, en pequeno grupo, fomentando o traballo en equipo, a organización do mesmo así como a competencia lectora e a pescuda de información. Pero non rematamos aí, senón que a actividade final e en gran grupo, polo que é imprescindible esperar a que todos os nenos e nenas rematen. Deste xeito respectamos os ritmos individuais e damos valor ao concepto de equipo, xa que todos e todas son necesarios para atopar o premio final.

Deixamos unha pequena mostra de fotos, e un video co desenvolvemento deste divertido xogo. 


















13/04/2025

COMEZAN OS APADRIÑAMENTOS LECTORES

Nestes días tiveron lugar os primeiros encontros entre os nenos e nenas de infantil e os seus padriños e madriñas lectoras.

Nalgúns casos xa se coñecen doutros cursos, xa que o alumnado de 6º EI leva dous anos sendo afillado dos maiores do cole, os de 6º de primaria. Noutros casos, como o de 4º EI, comezan esta aventura cos nenos e nenas de 4º de primaria, así que é un momento de moita ilusión para todos. 

Esta actividade desenvolveuse na biblioteca da escola e, ademais de lecturas, compartiron xogos, realizaron debuxos, falaron... do que se trata é de que pasen un ratiño agradable, así que calqueira tarefa pode ser a vía para seguir afianzando lazos :-)

Seguirán os encontros no vindeiro trimestre, realizando lecturas ao aire libre cando o tempo o permita. 

Grazas a todos os nenos e nenas e ao profesorado que os acompañou nesta actividade.








05/04/2025

MAXIA NA BIBLIO

O venres 4 de abril tivemos unha visita moi especial, o mago Daniel. 

Reunímonos todos os nenos e nenas da escola no salón de actos e non houbo moitas palabras, pero si moita ilusión e fantasía ademais dunha morea de risas. 

Foi xenial o teu espectáculo, esperamos que volvas noutra ocasión :-)






23/12/2024

XOGOS NA BIBLIO POLO NADAL

Xa case é unha tradición que o alumnado de 3º a 6º de primaria pase unha sesión xogando na biblio nas datas previas ás vacacións de Nadal. 

Aínda que nenos e nenas poden vir no recreo a realizar empréstitos, ler, xogar... non todos veñen, así que este é un xeito de que un día todo o grupo de clase pase unha xornada de lecer e poidan descubrir as oportunidades que ofrece a biblioteca. 

Propoñemos sempre actividades ás que poden optar a cotío como o recanto lego, os xogos de mesa, o lettering e algún outro relacionado co Nadal, neste caso foi un taller de chapas. 

Para organizalo, previamente deseñaron a súa chapa de Nadal nas aulas e, despois, na sesión na biblio, empregaron a máquina de chapas con algo de axuda do profesorado. 

Foi unha sesión distendida e divertida e cunha orixinal chapa para poder levar para casa. 

Grazas aos titores e titoras por colaborar para que estas sesións se poidan realizar, ao profesorado que axuda nas sesións e aos nenos e nenas por vir con ilusión a xogar na biblio.







18/12/2024

TEATRO NA ESCOLA: LOS DARLING

O alumnado de 4º de primaria escolleu como lectura para o 1º trimestre "Los Darling", un libro de teatro de Mónica Rodríguez. 

Despois de lelo decidiron preparar a obra de teatro, xa que é unha obra coral onde hai unha morea de personaxes. Ademais da memorización do texto, coidaron todos os detalles: vestiario, maquillaxe, decorado, luces, música...

A temática xira en torno aos monstros, vampiros e momias, é dicir, parte da época do Samaín e remata no tempo de Nadal.

Unha obra moi divertida e, sobre todo, na que houbo un gran traballo por parte de todos os nenos e nenas de 4º de primaria xunto coa súa titora Elena. 

Toda obra de teatro ten que ter o seu público, así que representárona para todos os nenos e nenas de infantil na última semana do 1º trimestre. 



No video tedes un pequeno resumo da obra... Parabéns a todos e todas polo esforzo e traballo!




31/10/2024

PRIMEIROS DÍAS NA BIBLIOTECA DOS TESOUROS

O 7 de outubro abríu as súas portas a Biblioteca dos Tesouros e toda a rapazada da escola estaba desexando poder acudir no tempo de lecer. Como vedes na imaxe, o corredor estaba cheo de nenos e nenas rematando as súas merendas para poder entrar :-)

Estamos moi contentos de que, un curso máis, a biblioteca sexa un espazo de reunión, lectura, xogo e aprendizaxe. 






26/10/2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024

O Día das Bibliotecas Escolares todo o alumnado da escola disfrutou dun teatro de títeres a cargo da compañía Mircromina. Esta actividade foi organizada pola ANPA da escola, á que damos grazas por ofrecernos a posibilidade de participar nesta actividade.

A obra titulábase "Cousas de Casa", espectáculo para grandes e crianzas sobre a conciliación e igualdade, con títeres de guante e música en directo, onde o amor e o humor guían e aconsellan nas nosas relacións familiares.


Como complemento desta actividade o alumnado asistíu, nos días posteriores, a un taller de igualdade, tamén impartido pola mesma compañía. 





Este ano o lema da Asesoría das Bibliotecas Escolares é "Biblioteca Escolar, a escena!" así que a celebración deste día non puido ser máis axeitado. Grazas de novo ao ANPA por organizarlo!



18/10/2024

QUE SON AS DESIDERATAS?

Que son as desideratas? É un conxunto de cousas que se estrañan. Aplicado á biblioteca escolar serían os libros ou materiais que queremos que haxa e non existen. 

Un dos xeitos que ten o alumnado da escola de ser partícipe do funcionamento da biblioteca escolar é a través das súas peticións e aportacións para completar o catálogo existente, é dicir, a través das "desideratas". Para facelo ten a súa disposición unha caixa de correo onde anotar as súas suxestións, ideas e títulos que lles gustaría que mercásemos. 

No corredor da biblio fixemos un pequeno mural onde explicamos que son as desideratas e cales xa forman parte da biblioteca dos tesouros, como libros da colección "Policán", libros da colección "Los pitufos y la aldea de las chicas", ou o libro de banda deseñada"Alergia".











21/06/2024

ACTIVIDADES CURSO 23-24

Remata o curso e non podemos máis que agradecer a toda a comunidade educativa a súa implicación en todas as propostas e actividades realizadas ao longo de todo o ano. 

A biblioteca ten que ser un espazo de ler, iso é o primordial, promovendo lecturas que enriquezan, divirtan, ensinen.. pero arropados polos máis de 6000 exemplares que contamos na biblioteca dos tesouros facemos moitas máis cousas. No video veredes un resumo de moito do acontecido, esperamos que vos guste recordalo. 

Boas lecturas e feliz verán para todos e todas!





06/06/2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES (2ª parte)

Esta semana, padriños e madriñas de 4º, 5º e 6º de primaria foron recoller aos seus afillados e afilladas para realizar unhas lecturas ao aire libre. O tempo acompañou, agás no caso dos máis pequenos que tiveron que refuxiarse no patio cuberto. Pero o importante é a compaña que non podía ser mellor. 

Nestes días compartimos ilusión, interés pola lectura, tempo de lecer e moito agarimo. No video veredes como se desenvolveron todas as sesións, tanto na biblioteca como no exterior da escola. 

Moitas grazas a todos e todas os que colaboráchedes para que esta actividade fose posible, titores e titoras, mestres especialistas e de apoio e sobre todo ao nenos e nenas do cole de Esteiro. 












27/04/2024

O PREGUNTÓN 2024

Para conmemorar o Día do Libro xa é habitual organizar o Preguntón. Un xogo de pescuda de información, na biblioteca da escola e noutros espazos como o Museo do Xogo Popular, ubicado no interior do noso centro. 

O xogo comezaba na biblioteca, cunhas pequenas instrucións, colgantes de cores para facer 5 equipos e unha folla para anotar as respostas. 



Despois tocou atopar os sobres ( 5 por equipo en primaria e 1 por equipo en infantil) e ir respondendo as preguntas, algunhas relacionadas coa biblioteca e a súa organización (seccións, tellos, espazos...), outras relacionadas co Museo do Xogo Popular ( búsqueda de xoguetes, regras de xogos...) e algunhas sobre deportes olímpicos (deportistas, deportes, elementos deportivos...). Neste último caso a temática parte do proxecto anual de centro, ligado ás Olimpíadas. 

Nenos e nenas movéronse pola escola para ir resolvendo todas as preguntas e, ao final, atopar un pequeno tesouro. A continuación deixamos unhas fotos e un pequeno video de todos os cursos na realización do xogo. 







Arquivo do blog