Amosando publicacións coa etiqueta artigos bolsas de tesouros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta artigos bolsas de tesouros. Amosar todas as publicacións

07/04/2026

ARTIGOS BOLSAS DOS TESOUROS 3º TRIMESTRE 25-26

Chega o terceiro trimestre cargadiño de ideas e recomendacións dentro das bolsas dos tesouros!

Adxuntamos un video de Miguel Salas, doutor en Literatura e profesor, titulado "El secreto para que tus hijos amen los libros" que pensamos pode ser moi interesante. 

https://www.youtube.com/watch?v=_OuMQdjsa6A

Ademais como lectura dixital ou en papel (incluída na propia bolsa) escollemos un artigo titulado "Inteligencia Artificial y la infancia", publicado na páxina web de Unicef e escrito por Ying Xu, profesora de Intelixencia Artificial para o aprendizaxe e a educación na Universidade de Harvard. 

https://www.unicef.org/parenting/es/crianza-digital/como-hablar-sobre-inteligencia-artificial 

Esperamos que ambas publicacións sexan do voso interese.


09/01/2026

ARTIGOS BOLSAS DOS TESOUROS 2º TRIMESTRE 25-26

O artigo seleccionado para este trimestre trata unha temática moi interesante: o tempo. Escrito por Alejandra Melús, experta en atención temperá, convida a reflexionar sobre como empregamos o noso tempo, a sobreestimulación á que estamos sometidos na actualidade con axendas saturadas tanto adultos como pequenos. O comezo de ano pode ser un bo momento para pensar sobre este tema. Podes lelo no seguinte enlace: 

https://clubdemalasmadres.com/agenda-planes/

O video seleccionado é de Victor Küppers, Doutor en Humanidades e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, ademais de profesor universitario e formador. Defensor do poder que ten a "actitude" para desenvolver o máximo potencial das persoas, como poderedes ver no enlace:

https://aprendemosjuntos.bbva.com/especial/aprender-a-escuchar-victor-kuupers/


07/10/2025

ARTIGOS BOLSAS DOS TESOUROS 1º TRIMESTRE 25/26

As bolsas dos tesouros xa están aquí! E non só levan unha morea de libros moi interesantes para a rapazada senón tamén información para as familias. 

Para este 1º trimestre escollemos un artigo sobre como motivar a ler: 

https://clubdemalasmadres.com/consejos-recomendaciones-motivar-lectura-infancia/

E para que prefira reservar un ratiño para ver un video, propoñemos este do psicólogo Alberto Soler, sobre como educar sen premios nen castigos:

https://www.youtube.com/watch?v=AwHACppmKXg&list=PLWCXX8tjkPYvmtg7MpqOB6PX-7quXOVXK&index=171

25/03/2025

ARTIGOS BOLSAS DOS TESOUROS 3º TRIMESTRE 24/25

Comezamos coa entrega das bolsas dos tesouros do 3º trimestre, xa que é un trimestre máis curto e queremos que todos os nenos e nenas poidan disfrutar da súa bolsa ou mochila. 

Como sempre complementamos as lecturas das bolsas cuns artigos e videos dirixidos ás familias. Neste caso a selección foi a seguinte: 

Artigo: RELACIÓN ENTRE IRMÁNS escrito pola experta en atención temperá Alejandra Melús.

   Peleas entre hermanos y hermanas

Video: APRENDENDO DOS NENOS E NENAS da psicóloga e psicoterapeuta Milena González.

¿Qué podemos aprender de los niños? 


Esperamos que sexan do voso interese!



08/01/2025

ARTIGOS DAS BOLSAS 2º TRIMESTRE 24-25

Para o 2º trimestre o equipo de biblioteca seleccionou un artigo relacionado co uso das pantallas, que podedes ler no seguinte enlace: 

Como en outras ocasións, tamén ofrecemos un video cunha temática que pode ser de interese para as familias, da psicóloga e psicoterapeuta Milena González: 

Ademais nas bolsas teredes o artigo en papel para facilitar a súa lectura e un código QR que da acceso ao artigo eo video online. 

Esperamos que a información sexa interesante.

08/10/2024

ARTIGOS BOLSAS DOS TESOUROS 1º TRIMESTRE (outubro-decembro 2024)

As bolsas dos tesouros chegan cargadas de novas lecturas para todos os nenos e nenas do cole de Esteiro!


As familias tamén sodes parte importante desta actividade, polo que seleccionamos un artigo e un video que poden ser do voso interese. A continuación tedes os títulos e os enlaces para poder velos.


Artigo de lectura online: Hábitos saudables para o uso de pantallas
https://www.healthychildren.org/Spanish/family-life/Media/Paginas/healthy-digital-media-use-habits-for-babies-toddlers-preschoolers.aspx


Video: Os nenos e nenas deben de aprender a frustrarse

https://aprendemosjuntos.bbva.com/especial/los-ninos-deben-aprender-a-frustrarse-maria-velasco/


02/04/2024

ARTIGOS DAS BOLSAS 3º TRIMESTRE CURSO 2023-2024

Para este trimestre temos dúas suxestións para complementar as lecturas das bolsas dos tesouros. 

A primeira é un video sobre a importancia da lectura, que poderedes ver premendo no seguinte enlace: 

https://aprendemosjuntos.bbva.com/especial/vivir-sin-leer-te-obliga-a-conformarte-con-la-vida-juan-sobrino/

A segunda é un artigo sobre os contidos audiovisuais, en concreto os debuxos animados, con exemplos de series que rachan cos estereotipos. Para lelo premede no seguinte enlace: 

https://www.eldiario.es/nidos/lista-dibujos-animados-rompen-estereotipos-educan-entretienen_1_7940361.html

Esperamos que sexan do voso interese.

07/01/2024

ARTIGOS DAS BOLSAS 2º TRIMESTRE CURSO 2023-2024

No 2º trimestre ofrecemos dúas opcións para complementar ás bolsas dos tesouros. 

En primeiro lugar un VIDEO sobre como condicionamos aos nosos fillos e fillas, explicado pola psicóloga infantil Beatriz Cazurro.

https://aprendemosjuntos.bbva.com/especial/como-condicionas-a-tu-hijo-beatriz-cazurro/

En segundo lugar recomendamos unha GUÍA DIDÁCTICA sobre a desinformación. Unha vez aberto o enlace, á esquerda da páxina tedes varias unidades didácticas e, cada unha, e contén uns videos dinámicos e divertidos que explican a nenos e nenas que é a desinformación, como saber cando unha noticia pode ser falsa... 

Tamén pode ser unha información valiosa para os responsables dos nenos e nenas, xa que moitas veces non somos conscientes de toda a desinformación que nos rodea. 

Esta guía foi elaborada pola Universidade de Vigo, coordinada por Alberto Dafonte Gómez, director tamén dos videos didácticos. Nos créditos atoparedes todas as persoas que participaron na elaboración deste proxecto financiado con fondos públicos. 

Enlace á guía didáctica: 

https://procomun.intef.es/ode/view/es_2023072812_9141644

Enlace ao primeiro dos videos (hai 8 en total):

https://www.youtube.com/watch?v=b-lpV7zD99Y

Esperamos que toda esta información sexa do voso interese.


10/10/2023

ARTIGOS BOLSAS 1º TRIMESTRE CURSO 23-24

Para este 1º trimestre propoñemos dúas temáticas que pensamos poden ser de interese.


Artigo sobre actividades extraescolares: "Diversión, aprendizaxe ou sobrecarga?"

https://www.educaciontrespuntocero.com/familias/actividades-extraescolares-2/

22/03/2023

09/01/2023

ARTIGOS DAS BOLSAS DOS TESOUROS PARA O 2º TRIMESTRE

Para o 2º trimestre seleccionamos dous artigos que nos pareceron de interese: 

"Consellos para acertar na compra de xoguetes"

https://www.educamosenfamilia.com/post/consejos-para-acertar-en-la-compra-de-tus-juguetes

"Plans en familia: ideas para disfrutar xuntos"

https://www.educamosenfamilia.com/post/planes-en-familia-ideas-para-disfrutar-juntos

Esperamos que sexan de proveito!

04/10/2022

ARTIGOS BOLSAS DE TESOUROS

ESTABLECER RUTINAS

 

Lectura para nenos e nenas de 6 a 10 anos

 


 

ARTIGO 2 SETEMBRO 2022 

31/03/2022

NOVOS ARTIGOS PARA AS BOLSAS DE TESOUROS (TERCEIRO TRIMESTRE) ABRIL 2022

Comeza o terceiro trimestre e renovamos os artigos das bolsas dos tesouros con tres novas propostas. A primeira é sobre os beneficios da lectura compartida, ao que poderedes acceder premendo na ligazón anterior. 

A  segunda é un vídeo sobre ficción dixital,

 

 

  e a terceira outro vídeo no que se trata a importancia da  transmisión oral

 

 

10/01/2022

ARTIGOS BOLSAS DOS TESOUROS 2º TRIMESTRE

Comeza o 2º trimestre e renovamos os artigos das bolsas dos tesouros con dúas novas propostas. A primeira é sobre os clubs de lectura, que comezamos en decembro con esta actividade voluntaria co alumnado de 6º de primaria, a segunda sobre o cómic, un dos xéneros máis lidos polo alumnado en primaria.

Club de lectura

https://www.atencionselectiva.com/2018/03/beneficios-club-lectura-educacion.html

Cómic

http://www.clubpequeslectores.com/2016/06/mejores-comics-infantiles.html

 

Esperamos que vos resulten interesantes!

13/01/2021

NOVOS ARTIGOS PARA AS BOLSAS DE TESOUROS XANEIRO 2021

 PUBLICAMOS AS LIGAZÓNS A NOVOS ARTIGOS PARA AS BOLSAS DE TESOUROS. MANTEMOS TAMÉN LIGAZÓNS A VÍDEOS DE INTERESE QUE, A PESAR DE FORMAR PARTE DAS CAMPAÑAS DE OBRA SOCIAL OU PUBLICIDADE DUNHA CORPORACIÓN BANCARIA,  SOPESAMOS QUE AÍNDA ASÍ APORTABAN ELEMENTOS DE ANÁLISE E REFLEXIÓN DA NOSA REALIDADE. É OBVIO QUE ISTO QUEDARÁ A XUÍZO DO LECTOR.

                                                                                                      GOZADE DA LECTURA

https://www.conmishijos.com/educacion/lectura-escritura/el-placer-de-leer-en-familia/

https://www.youtube.com/watch?v=JjNNXX7xIS0

https://www.lavanguardia.com/vivo/mamas-y-papas/20201025/484168321412/detectar-fake-news-hijos.html

     


Arquivo do blog