14/11/2026

INICIO DO CLUB DE LECTURA 26-27

O día 3 de novembro comezamos o Club de Lectura deste curso. Unha morea de nenos e nenas están apuntados e esperamos ter un curso cheo de lecturas interesantes.

En primeiro lugar, houbo tempo de comer xuntos, unha das cousas máis esperadas, compartindo risas e confidencias. 

Despois, realizamos algunhas actividades como: 

  • Ler e asinar un acordo de participación no club.
  • Escribir e compartir cales son os nosos gustos literarios.
  • Redactar as nosas expectativas sobre o club.
  • Escoller a lectura que realizaremos ao longo do mes e facer o empréstito en KOHA.
  • Falar dde vindeiras actividades que realizaremos. 






A lectura do vindeiro mes será "Alma de elefante" de Andrea Maceiras. Esperamos que guste moito e poder intercambiar as nosas opinións e debatir sobre o libro. 





12/11/2026

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2026: ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

En novembro conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego cunha serie de actividades relacionadas coa ciencia e a lectura. 

Premendo na imaxe poderedes acceder a información interesante sobre esta celebración.



Na primeira quincena do mes repartiremos polas aulas unhas caixas temáticas con libros de ciencia, principalmente en lingua galega, que estarán á disposición do alumnado durante todo o mes. 






Tamén organizaremos unha exposición de libros sobre ciencias, que poderedes atopar no corredor e na biblioteca. Todos eles estarán dispoñibles para o préstamo cando se desexe.


        



Na segunda quincena chegarán as propostas máis interactivas. Por unha banda, propoñeremos diferentes retos matemáticos que os nenos e as nenas poderán resolver na biblioteca durante o tempo de recreo. Por outra, o alumnado de primeiro e cuarto de Educación Primaria preparará un experimento científico que explicará ao resto dos compañeiros e compañeiras a finais do mes de novembro.

Agardamos que sexa un mes cheo de descubrimentos, aprendizaxes e, sobre todo, moitas lecturas!

30/10/2026

DÍA DA BIBLIOTECA 2026

Este ano para conmemorar o Día da Biblioteca contamos coa visita de Rocío Pita, xornalista de "A Voz de Galicia", ademais de nai dunha compañeira da escola, Nerea. 

Compartíu tempo cos peques de infantil, cos medianos de 1º, 2º e 3º de primaria e cos maiores de 4º, 5º e 6º. Abordou diferentes aspectos sobre a súa profesión, como se fai unha entrevista ou como podemos acudir as fontes de información para saber se unha noticia é verdadeira ou non. 

Agradecémoslle a Rocío a súa disposición para vir e amosarnos parte do seu traballo a todos os nenos e nenas do colexio. Foi un pracer!






26/10/2026

SAMAÍN 2026

A biblioteca dos tesouros xa está preparada para recibir ao Samaín como se merece, chea de lecturas terroríficas!





A decoración tamén axuda a ambientar e acompañar esta tradición, ligada ao cambio de estación e ao tempo de recollemento. Que mellor que ler un bo libro ou conto de medo para conmemoralo!












Arquivo do blog