26/10/2026
SAMAÍN 2026
05/10/2026
APERTURA DA BIBLIOTECA DOS TESOUROS
Por fin chegou o día! A biblioteca abríu as súas portas no recreo e moitos nenos e nenas estaban desexando visitala :-)
As novidades lectoras xa están preparadas para chegar a todas as vosas casas, moitas delas suxestións que ides deixando na caixa de correo da Pescadora de Historias. Esperamos que vos gusten!
21/06/2026
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2026
15/05/2026
APADRIÑAMENTOS LECTORES 2026: A CLASE DE 3 ANOS COÑECE AOS SEUS PADRIÑOS/ MADRIÑAS
Esta semana os máis peques da escola coñeceron por fin aos seus padriños e madriñas lectores e non sabemos quen estaba máis nervioso! Había moita ilusión e gañas de coñecerse, así que que mellor que compartir un ratiño na biblioteca, lendo, xogando, pintando... No video veredes o ben que o pasaron :-)
24/04/2026
DÍA DO LIBRO 2026
08/04/2026
NOVIDADES 3º TRIMESTRE 25-26
A Pescadora de Historias sempre ten novidades cando comeza un trimestre, así que xa tedes á vosa disposición unha morea de libros, contos e xogos :-)
Sempre temos en conta a caixa de correo onde escribides as vosas suxestións, e mercamos o xogo "Virus", máis libros de "Diario de Greg" e de "Harry Potter". As vosas ideas axudan a mellorar a colección que existe na biblioteca dos tesouros. Grazas!
27/03/2026
APADRIÑAMENTOS LECTORES 2026
Coa primavera chegan os apadriñamentos lectores, así que aproveitamos esta última semana de escola para comezar a reencontrarnos, ler e xogar un pouco na biblioteca da escola.
Polo de agora, a actividade realizárona os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil cos seus padriños e madriñas de 5º e 6º EP, cos que inician o segundo e terceiro curso de apadriñamento, respectivamente.
En breve chegará o momento en que o alumnado de 4º de infantil coñeza aos seus padriños, que serán os nenos e nenas de 4º de primaria que se estrean nesta tarefa, seguro que o farán xenial!
05/03/2026
DÍA DA MULLER 2026
Novas caixas con moitos libriños enchen as aulas de todo o colexio de Esteiro, nesta ocasión libros sobre mulleres, igualdade, respecto, valores, referentes en diferentes campos...
Para preparar estas caixas contamos coa colaboración dos e das axudantes de biblioteca que se encargan de buscalos pola biblioteca, facer o préstamo a cada aula e repartilas polas mesmas. É unha tarefa que lles gusta e coa que aprenden moito sobre como localizar un libro na biblioteca atendendo ao tello (etiqueta) e á información que nel existe (tipoloxía de libro, autor e título).
Agora tócavos a vós, nenos e nenas do cole, ler, aprender e reflexionar coas lecturas...
08/01/2026
NOVIDADES 2º TRIMESTRE 25-26
O 2º trimestre ven cargadiño de novidades! Pasade pola biblio no tempo de recreo para mirar e escoller a que máis vos guste.
13/12/2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2025
Tempo de Nadal, tempo de lecturas, de reencontros, de agasallos... tempo no que as lecturas están presentes en diferentes formas e formatos.
Ofrecémosvos unhas propostas para estas datas, esperando que vos resulten interesantes. Premendo na portada poderás ver as recomendacións máis polo miúdo :-)
05/12/2025
27/10/2025
POR FIN...SAMAÍN!
A biblioteca dos tesouros xa está decorada polo Samaín e, nela, poderás atopar unha chea de lecturas para estes días. Historias de medo, de cabazas, de pantasmas, meigas... e ata da orixe desta festa.
Anímate a pasar estes días pola biblioteca no tempo de lecer!
21/04/2025
NOVIDADES PARA O 3º TRIMESTRE 24-25
O 3º trimestre chega cunha morea de novidades para todos os nenos e nenas da escola. Pronto pasaremos polas aulas para presentalos, pero xa podedes pasar pola biblio para collelos en préstamo. Esperámosvos!
23/10/2024
LECTURAS POLO SAMAÍN
Chega o Samaín e con el unha chea de lecturas relacionadas coas pantasmas, as meigas, os seres mitilóxicos de Galicia, o medo, a escuridade...
Na entrada da biblioteca, atoparedes as lecturas de primeiros lectores e lectores autónomos e, no interior -no expositor de novidades de prelectores- os libros e contos para os nenos e nenas de educación infantil.
07/10/2024
BENVIDOS E BENVIDAS Á BIBLIOTECA DOS TESOUROS
O 7 de outubro a biblioteca dos tesouros abre as súas portas con moitas novidades lectoras para todos os nenos e nenas da escola. Nas imaxes veredes algunhas delas, pero haberá algunhas lecturas máis que iremos incorporando pouco a pouco.
Esperamos moitas visitas nestes primeiros días, xa hai moitas ganas de ler, xogar e compartir no tempo de lecer.






















































