Amosando publicacións coa etiqueta animacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animacións. Amosar todas as publicacións

23/05/2026

O LOBO FELIZ

O 22 de maio visitounos Miguel Guido co seu contacontos "O Lobo Feliz", baseado no libro do mesmo título escrito por Miguel. 

Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria e centrouse na narración oral do conto, acompañándoa de cancións e xestos. 







Foi moi divertido e ata houbo algún e algunha que se atreveu a ouvear como un verdadeiro lobiño.

Miguel agasallounos cun exemplar do seu libro, que contén un código QR para escoitar a canción, e unha fermosa dedicatoria. En breve estará dispoñible na biblioteca dos tesouros.







14/11/2025

CORRE, CORRE CABACIÑA

O alumnado de 4º de primaria estivo preparando unha obra de teatro baseada no conto "Corre, corre cabaciña" escrito por Eva Mejuto e ilustrado por André Letria.

Despois de moitos ensaios, preparación do decorado, vestiario e maquillaxe, os nenos e nenas de educación infantil puideron desfrutar da obra no salón de actos do colexio. 

Fixérono xenial e pasamos un rato moi divertido!







10/10/2025

CONCERTO DE SUSA HERRERA

Acaba de comezar o curso e xa estamos a tope de actividades relacionadas cos libros :-)

Por medio da profe de Música, Nani, tivemos a sorte de ter na escola a Susa Herrera, que deu un concerto para o alumnado de 1º a 4º de primaria. 

Susa fou profesora de Maxisterio Musical e é compositora de música infantil, con cancións tan coñecidas como as do libro "Cancións que veñen e van" onde está incluída a famosa canción do polo Pepe ;-)

O seu espectáculo titulábase "En Cabárceno, rugidos e canciones" e estivo moi animado. 

Ademais, incorporamos ao noso catálogo dous exemplares do libro-CD/DVD xa que moitos dos nenos e nenas estaban desexando voltar a escoitar as cancións!




18/12/2024

TEATRO NA ESCOLA: LOS DARLING

O alumnado de 4º de primaria escolleu como lectura para o 1º trimestre "Los Darling", un libro de teatro de Mónica Rodríguez. 

Despois de lelo decidiron preparar a obra de teatro, xa que é unha obra coral onde hai unha morea de personaxes. Ademais da memorización do texto, coidaron todos os detalles: vestiario, maquillaxe, decorado, luces, música...

A temática xira en torno aos monstros, vampiros e momias, é dicir, parte da época do Samaín e remata no tempo de Nadal.

Unha obra moi divertida e, sobre todo, na que houbo un gran traballo por parte de todos os nenos e nenas de 4º de primaria xunto coa súa titora Elena. 

Toda obra de teatro ten que ter o seu público, así que representárona para todos os nenos e nenas de infantil na última semana do 1º trimestre. 



No video tedes un pequeno resumo da obra... Parabéns a todos e todas polo esforzo e traballo!




20/06/2024

EL PULPO ABUSÓN

O día 18 de xuño tivemos a visita de Isabel Landeira, autora do libro "El pulpo abusón", ilustrado por Ana Sánchez. 

Isabel acaba de publicar o seu primeiro libro e quixo compartir cos máis pequenos da escola esta historia sobre o respecto e a amizade.

Moitas grazas por vir, pola paciencia e polo agarimo que puxeches nesta visita. Agardamos que volvas ao cole de Esteiro co teu vindeiro libro!








13/04/2024

ANIMACIÓN Á LECTURA

O mes de abril é un mes dedicado por excelencia ao libros e que mellor que unha animación para motivar ao alumnado a ler e disfrutar coa lectura. 

Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de 1º a 4 de primaria, con dúas lecturas: "Nube de neve" de Xabier P. DoCampo e "Dez piratas" de Gloria Sánchez, ambos da editorial Santillana, a través da cal organizamos esta actividade. 


 


A encargada das sesións foi Vicky, coa que xa contamos o curso pasado, e unha vez máis gustou moito a nenos, nenas e profes. 

Grazas a todos e todas por colaborar e facer posible este tipo de actividades. Esperamos que vos guste o video!





22/03/2024

CONTACONTOS SOBRE IGUALDADE

Ao longo do 2º trimestre contamos na biblioteca coa axuda de varios nenos e nenas de 5º e 6º de primaria. As súas funcións son colocar os libros nos estantes, ordealos se é necesario, realizar os empréstitos e devolucións no ordenador, repartir as lecturas polas aulas... E tamén procuramos que poidan preparar algún tipo de actividade para outros cursos. Desta vez, prepararon unhas lecturas sobre igualdade, para o resto dos cursos de infantil e primaria. Os libros escollidos foron: 

4º EI: Os Bolechas xogan ás casiñas

5º EI: Rosa Caramelo

6º EI: A princesa Sabela

1º/3º EP: Unha feliz catástrofe

2º EP: Teresa no quiere ser princesa

4º EP: Blancanieves

Durante varias sesións xuntáronse na biblioteca, practicaron a lectura, prepararon algunha actividade ou pregunta...


A nenos e nenas do colexio sempre lles gusta xuntarse con outros máis pequenos para facer actividades, así que o importante é o encontro, o tempo compartido e o esforzo realizado. 

No video veredes unha pequena mostra desta actividade. Grazas a alumnado e profesorado por facelo posible!




15/03/2024

VISITA DE PERE TOBARUELA

O día 14 de marzo o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo un encontro co escritor Pere Tobaruela, autor de "Cinco horas con Mauro", lectura que realizaron ambos cursos neste trimestre. 

Pere Tobaruela, Licenciado en Xeografía e Historia, é autor de máis de 50 obras, alternando escritura en castelán, catalán e galego. Ten unha coñecida saga, chamada FORMIGAS, da que contamos con algún título na nosa biblioteca, e está a ter moito éxito entre a rapazada. Os protagonistas destas historias forman parte dunha brigada especial que vai ata calquer recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. 




Pero o libro que nos ocupa, "Cinco horas con Mauro", trata un tema totalmente distinto: o acoso escolar. Como centro educativo temos que ser conscientes da importancia de abordar estes temas coa rapazada, para entre todos e todas formar parte dunha sociedade mellor, máis empática con todo o que acontece ao noso redor. 

Foi moi interesante escoitar a Pere, xa que o libro está baseado en feitos reais, comprendendo como a literatura poder server como medio para denunciar e dar a coñecer situacións inxustas que se poden dar moi preto de nós. 

Para recibir a Pere decoramos a aula de usos múltiples con debuxos dos nenos e nenas e, polo que se ve nas súas redes sociais, gustáronlle moito :-)












23/12/2023

CONTACONTOS DE NADAL

O alumnado do Club de Lectura estivo a preparar uns contacontos coa temática de Nadal, para o alumnado máis pequeno da escola. 

Unha das propostas foi empregando o kamishibai que temos na biblioteca, creando elas mesmas as ilustracións das láminas e os textos. Co título de "Misterio no Nadal" deleitaron ao alumnado de educación infantil cunha fermosa historia, na que empregaron tamén algunha marioneta. 

Outra prosposta, esta vez dirixida ao alumnado de 1º e 2º de primaria foi un pequeno teatro rimado, tamén inventado por os nenos e nenas do Club de Lectura. As marionetas tamén serviron para dar vida a esta historia de Nadal, que mantivo moi atentos a todos os nenos e nenas. 

Agradecemos o esforzo do alumnado de 6º de primaria que participou nesta actividade, así como ás encargadas do club de lectura, Begoña Santiago e Begoña Romero. 

Neste pequeno video podedes ver unha pequena mostra desta actividade.




31/03/2023

ANIMACIÓN Á LECTURA EN PRIMARIA

A finais de marzo o alumnado de 1º a 4º de primaria asistíu a unha sesión de animación á lectura no propio centro. Ás lecturas seleccionadas foron "A vaca dixo mua" de Gloria Sánchez e "Bruxa e familia" de Paula Carballeira. 



A animación foi realizada por Vicky por medio da Editorial Santillana e nenos e nenas quedaron encantados coa experiencia. 

No seguinte video veredes que ben o pasou o alumnado de 1º e 2º de primaria.






26/12/2022

ACTIVIDADES DE NADAL NA BIBLIO

No mes de decembro a biblioteca estivo chea de actividades para todas as idades, nas que tiveron unha activa participación os axudantes da biblioteca deste 1º trimestre. 

Por unha banda o alumnado de 3º a 6º tivo unha xornada de xogos na biblio, no que puideron utilizar os xogos de mesa,  o recanto LEGO, o espazo de informática, o recanto de lettering e crear marcapáxinas de Nadal con papiroflexia. Foi unha sesión lúdica, despois de meses de estudo nas aulas, ben merecida polo esforzo realizado. 


Pero os peques da escola non quedaron sen actividade, disto encargáronse os axudantes da biblioteca do 1º trimestre, que prepararon un contacontos de Nadal. Para organizalo escolleron un conto e curso ao que querían ler, xuntánronse en varias sesións na biblioteca para coñecer o libro, dominar a lectura e, incluso, preparar actividades complementarias, como marionetas, decorados e manualidades. 


Aproveitamos para agradecer aos axudantes a súa implicación durante estes meses na biblioteca, ao alumnado en xeral por acudir no tempo de lecer a ler e xogar e a todo o profesorado pola súa colaboración para poder desenvolver as actividades propostas. 

Felices Festas e Boas Lecturas!




02/12/2022

CHEGA O NADAL!

Nestes primeiros días de decembro xa temos preparada unha pequena exposición de libros sobre Nadal. Pero non será a única proposta para estes días, temos un montón de sorpresas!

Os días 14, 15 e 16 de decembro o alumnado desde 3º a 6º de primaria terá unha sesión de xogos na biblio. Haberá xogos de mesa, recanto de lettering, recanto LEGO e un pequeno obradoiro de marcapáxinas de Nadal. 

Os días 19 e 20 de decembro será tempo para os peques do cole. Todo o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria acudirá a un contacontos de Nadal. Os axudantes da biblioteca deste trimestre están a preparar as lecturas con moita ilusión, así que esperemos que todo saia ben e sexa un bonito momento de encontro.








12/05/2022

PRIMAVERA DAS LETRAS

 


2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. A súa foi unha vida chea de atrancos pero tamén de alegrías e amor pola lingua e a cultura galegas. Descúbrea da man da escritora Ledicia Costas e da ilustradora Blanca Millán . 

03/05/2022

ESPAZO CREATIVO PARA O CLUB DE LECTURA

No corredor da biblioteca creamos un espazo onde facemos visibles as lecturas que están a levar a cabo.




Ademais o alumnado participante pode poñer ideas e reflexións ou mostrar o resultado das diferentes tarefas que se propoñen a raíz de ler o libro seleccionado. Entre estas actividades elaboraron un ”knolling literario”, en concreto sobre dous títulos de Roald Dahl: “A marabillosa medicina de George” e “As bruxas”.

Que é o “knolling”? É unha técnica fotográfica que consiste en sacar unha foto cenital dunha serie de obxectos elixidos expresamente para esa ocasión.  No seguinte vídeo poderedes ver unha pequena explicación de como nace esta técnica e como aplicala ao mundo da literatura:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=87&v=zdJQJXL4O_g&feature=emb_logo

A continuación vedes o resultado do “knolling literario” sobre “As bruxas” que fixeron “Os Cazalibros”. A que son xeniais?



09/11/2020

O CEO EN CLAVE DE SOL

NESTE MES... CIENCIA E MÚSICA DA MAN...

O clima deixa a súa pegada en todo o que nos rodea  e a música é unha proba disto. Sabías que algunhas obras non se entenderían sen o clima que acompañou aos seus compositores e compositoras? Non perdas esta charla de NAUKAS Bilbao 2019, dura menos de 9 minutos!

Charla de Isabel moreno, física e meteoróloga. Estudiou o  Grao en Ciencias Físicas e fixo un máster en Meteoroloxía e Xeofísica (especialidade de atmosfera), ambos na Universidade Complutense de Madrid.

 


13/05/2020

UN CONTO ANIMADO SOBRE UNHA TOUPIÑA

Hoxe deixámosvos unha animación dun libro que circula moito polas bibliotecas escolares. Este traballo é froito do esforzo de dobraxe do conto de Werner Holzwarth "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" realizada polos nenos e nenas do CEIP A Carballeira de Lourizán (Pontevedra).

23/04/2020

ACHEGAS PARA O DÍA DO LIBRO

PROPOSTAS RECIBIDAS POLA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA A CONMEMORACIÓN DUN DÍA TAN ESPECIAL COMO É O DÍA DO LIBRO



Arquivo do blog