Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

22/04/2026

ENCONTRO CON ÁNXELA LOUREIRO

Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria leron durante este trimestre "Ota quere voar", escrito por Ánxela Loureiro. 

"Ota quere voar" é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan.

Para Ánxela vir ao noso colexio e regresar á súa casa, xa que foi mestra e directora do mesmo. Ademais é unha muller cunha longa traxectoria no mundo das artes en xeral, destacando nos eidos da música e escritura, tanto para nenos e nenas como para adultos. 

Agardámola cunha pequena exposición de debuxos feitos pola rapazada así como unha breve galería de fotos con parte do seu traballo. 


Grazas Ánxela por vir, esperamos que pronto regreses ao noso cole, o teu cole :-)







10/10/2025

CONCERTO DE SUSA HERRERA

Acaba de comezar o curso e xa estamos a tope de actividades relacionadas cos libros :-)

Por medio da profe de Música, Nani, tivemos a sorte de ter na escola a Susa Herrera, que deu un concerto para o alumnado de 1º a 4º de primaria. 

Susa fou profesora de Maxisterio Musical e é compositora de música infantil, con cancións tan coñecidas como as do libro "Cancións que veñen e van" onde está incluída a famosa canción do polo Pepe ;-)

O seu espectáculo titulábase "En Cabárceno, rugidos e canciones" e estivo moi animado. 

Ademais, incorporamos ao noso catálogo dous exemplares do libro-CD/DVD xa que moitos dos nenos e nenas estaban desexando voltar a escoitar as cancións!




23/12/2021

Tanxugueiras a tradición reinterpretada hoxe

Fenómeno musical que traspasa as fronteiras de Galicia, poñendo en valor outra parte da cultura musical da nosa terra que leva anos evolucionando a través de outros moitos grupos de pandeireteiras que foron abrindo camiño. Hai un grupo case en cada parroquia de galicia. Cabe citar entre outros a Leilía con moitos anos de dedicación, máis próximos a nós desde terras de Pontedeume temos a Faltriqueira. Nestes grupos xa vimos a evolución deste fenómeno. Hoxe traemos a Tanxugueiras pola súa proxección en redes e alén das nosas fronteiras.

 

 

 

09/11/2020

O CEO EN CLAVE DE SOL

NESTE MES... CIENCIA E MÚSICA DA MAN...

O clima deixa a súa pegada en todo o que nos rodea  e a música é unha proba disto. Sabías que algunhas obras non se entenderían sen o clima que acompañou aos seus compositores e compositoras? Non perdas esta charla de NAUKAS Bilbao 2019, dura menos de 9 minutos!

Charla de Isabel moreno, física e meteoróloga. Estudiou o  Grao en Ciencias Físicas e fixo un máster en Meteoroloxía e Xeofísica (especialidade de atmosfera), ambos na Universidade Complutense de Madrid.

 


24/02/2018

NA LINGUA QUE EU FALO

Na lingua que eu falo


Najla Shami


Najla Shami canta a Rosalía Castro


Na lingua que elas falan, na lingua que falamos e que queremos seguir falando. Cancións dunha elegancia feliz. Músicas que son coma un tremor rosaliano. Actualización da poeta ao século XXI. E a voz de Najla Shami, desde a profundidade dun dicir e dun cantar ás veces delicado, ás veces profundo. Sempre suxestivo. "Na lingua que eu falo" é un agasallo para os corazóns. Cada canción, un latexo. Rosalía pentagramada en aires novos.



19/04/2016

A CIENCIA NA MÚSICA

Moi interesante  a páxina do blog, "El blog de un químico". Se che gusta a "MÚSICA" e eres un apaixoado da "CIENCIA" pasarás un rato moi divertido!

09/09/2014

Abrimos o novo curso escolar coa bellísima peza para piano de Gabriel Faure, "Romance sen palabras Op17, Nº 3"

Escollín esta peza polo que ten de frescura e delicadeza para inaugurar o novo curso; tamén o seu título, "Romance sen palabras",  me pareceu evocador porque as palabras están nos libros que temos por descubrir e nos poemas, nas historias, nos contos, nos informes que haberemos de escribir. 
Feliz comenzo!



16/04/2013

Faleceu Sir Colin Davis.

Corren malos días para o mundo da cultura, neste caso para os amantes da música. Onte finou o director de orquestra británico, Sir Colin Davis, grande onde os haxa. 
Deíxovos cunha peza de Elgar que el dirixiu maxistralmente.

 

 
Nunca te esqueceremos. 

30/06/2011

A Pescadora de Historias deséxavos un Feliz Verán!



EVERY BREATH YOU TAKE
EVERY MOVE YOU MAKE
EVERY BOND YOU BREAK
EVERY STEP YOU TAKE
I´LL BE WATCHING YOU.

EVERY SINGLE DAY
EVERY WORD YOU SAY
EVERY GAME YOU PLAY
EVERY NIGHT YOU STAY
I´LL BE WATCHING YOU.

OH CAN´T YOU SEE
YOU BELONG TO ME?
HOW MY POOR HEART ACHES WITH EVERY STEP YOU TAKE.

EVERY MOVE YOU MAKE
EVERY VOW YOU BREAK
EVERY SMILE YOU FAKE
EVERY CLAIM YOU STAKE
I´LL BE WATCHING YOU.

SINCE YOU´VE GONE I´VE BEEN LOST WITHOUT A TRACE.
I DREAM AT NIGHT, I CAN ONLY SEE YOUR FACE.
I LOOK AROUND BUT IT´S YOU I CAN´T REPLACE.
I KEEP CRYING BABY, BABY PLEASE..................

EVERY MOVE YOU MAKE
EVERY VOW YOU BREAK
EVERY SMILE YOU FAKE
EVERY CLAIM YOU STAKE
I´LL BE WATCHING YOU.

EVERY MOVE YOU MAKE
EVERY VOW YOU BREAK
EVERY SMILE YOU FAKE
EVERY CLAIM YOU STAKE
I´LL BE WATCHING YOU.......

13/12/2009

Alberto Iglesias premiado pola Academia Europea de Cine!

Alberto Iglesias recibiu o premio da Academia Europea de Cine pola música que compuxo para a película de Almodóvar, "Los abrazos rotos".
O noso cinema está de noraboa!!

10/12/2009

UNHAS PANXOLIÑAS PARA O NADAL...

USA for África (Unión de Apoio de Artistas para África), foi o nome baixo o que corenta e cinco coñecidos artistas liderados por Harry Belafonte, Stevie Wonder, Michael Jackson e Lionel Richie se reunieron para gravar o single "We Are the World" en 1985. A canción acadou rapidamente o posto número un no ranking de Estados Unidos e Reino Unido, así como en moitos outros países do mundo.
As considerables ganancias desta fundación foron destinadas ao tratamento da hambruna e das enfermidades en África.
Madonna, Prince e Liza Minelli rexeitaron a invitación para participar.

14/11/2009

A GRAN ORQUESTRA DOS ANIMAIS


Daniel Monedero e Óscar T. Pérez compuxeron este maravilloso álbum que publicou a Editorial Thule.

07/11/2009

ARGINE . Unha cortametraxe estática en tres dimensións

 

 

Unha tenra historia de Julia Simeón, contada fotograma a fotograma e arroupada pola música de Pauline Meguerditchian e a propia Julia.


Argine from jujube on Vimeo.

18/03/2009

Arquivo do blog