Amosando publicacións coa etiqueta historia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta historia. Amosar todas as publicacións

09/04/2025

VISITA DE ROSA ANEIROS

O 7 de abril o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo un encontro coa escritora Rosa Aneiros. 

Rosa ten unha longa traxectoria no mundo da escrita e recibíu unha morea de premios por varios dos seus libros, como o Premio Merlín de Literatura Infantil por "Xelis, o guieiro das botella de mar" ou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade con "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea". 

A lectura que realizaron os nenos e nenas foi a recentemente publicada "Faísca, a nena neandertal", escrita por Rosa Aneiros e ilustrada por Xulia Pisón.

Rosa explicounos o proceso de investigación que tivo que realizar para documentarse e poder escribir o libro e respondeu a unha chea de preguntas que tiñamos preparadas. Tamén puido ver parte do traballo realizado polo alumnado sobre Faísca. 

Ao final da visita, houbo tempo de que asinase os exemplares dos libros como recordo deste día. Quedarán no estante de lectores autónomos, na letra A, onde incorporamos unha foto de Rosa que indicarán onde se atopan os seus libros. 



Para a biblioteca dos tesouros foi un pracer contar con Rosa e esperamos que poida volver noutra ocasión. 













12/05/2022

PRIMAVERA DAS LETRAS

 


2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. A súa foi unha vida chea de atrancos pero tamén de alegrías e amor pola lingua e a cultura galegas. Descúbrea da man da escritora Ledicia Costas e da ilustradora Blanca Millán . 

24/02/2022

PROXECTO LENDAS DE GALICIA II

 

 

 Despois dunhas semanas de moito traballo xa están expostos os murais sobre as Lendas de Galicia.

Xacios, Trasnos, Santa Compaña, San Andrés de Teixido, unha morea delas! Quedan moitas outras por descubrir, pero non deixa de ser un importante traballo de investigación. Conecta aos máis pequenos coa oralidade, coas nosas raíces, cos nosos maiores... e serve para coñecer un patrimonio cultural, patrimonial e inmaterial.

A exposición poderá ser visitada polas familias estes días para despois seguir traballando neses carteis, co fin de facelos accesibles e inclusivos.

No seguinte enlace poderedes ver os carteis, por se non podedes achegarvos ata a exposición no cole:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1082

Noraboa polo esforzo!

11/02/2022

Día da nena e da muller na ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o Día da Nena e a Muller na Ciencia. Na biblioteca contamos con diferentes lecturas que dan a coñecer científicas importantes, tanto da nosa terra como doutros lugares. No corredor temos unha pequena exposición a disposición de profesorado e alumnado.






Dentro das novidades do 2º trimestre mercamos este libro tan interesante sobre científicas galegas. Nel fan referencia entre outras a Ángela Ruíz Robles, precursora do libro electrónico. O Concello de Ferrol fará un homemaxe a súa figura neste día tan especial.

 

 

Nos enlaces podedes ver información sobre dita homenaxe e un pequeno video sobre o traballo de Ángela Ruíz.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2022/02/11/homenaje-angela-ruiz-dia-mujer-ciencia/0003_202202F11C2992.htm

https://www.youtube.com/watch?v=yYV0eptATD0

 


07/02/2022

PROXECTO LENDAS DE GALICIA

No 2º trimestre o Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo facer un proxecto sobre as Lendas de Galicia

Nestas semanas o alumnado está a investigar nas súas aulas e, para facilitar esta labor, temos expostos diferentes libros que poden axudar nesta interesante tarefa.

Seguiremos informando!


 

10/01/2016

CREBACABEZAS. LIÑA DO TEMPO: PREHISTORIA E HISTORIA

Para facer esta liña do tempo empregamos a fotografía do CEIP San José. Moitas grazas por compartir o traballo.

06/01/2016

IDADES DA HISTORIA

AS IDADES DA HISTORIA

Arquivo do blog