Amosando publicacións coa etiqueta produción propia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta produción propia. Amosar todas as publicacións

14/01/2026

LEMOS OS NOSOS PROPIOS CONTOS

Polo Día da Biblioteca moitos nenos e nenas escribiron e ilustraron os seus propios libros, contos, cómics... e agora, despois de estar expostos na entrada do centro, pasan a formar parte do catálogo da biblioteca dos tesouros. 

Agora todos aqueles que queirades podedes levalos en préstamo, eso si, coidándoos moito, porque son exemplares únicos! Un verdadeiro tesouro :-)

Grazas a todos os nenos e nenas que participáchedes nesta actividade!















14/11/2025

CORRE, CORRE CABACIÑA

O alumnado de 4º de primaria estivo preparando unha obra de teatro baseada no conto "Corre, corre cabaciña" escrito por Eva Mejuto e ilustrado por André Letria.

Despois de moitos ensaios, preparación do decorado, vestiario e maquillaxe, os nenos e nenas de educación infantil puideron desfrutar da obra no salón de actos do colexio. 

Fixérono xenial e pasamos un rato moi divertido!







21/04/2023

UN NOME PARA A RADIO DA ESCOLA

Hai unhas semanas o equipo de dinamización da biblioteca convocou un pequeno concurso para que o alumnado fixese propostas para o nome e logotipo da nosa radio escolar. 

No corredor da biblioteca hai unha exposición das súas creacións, vai ser unha decisión moi difícil! 








09/06/2022

Proxecto "Lendas de Galicia"

Despois de varios meses de traballo recompilamos as fotos de todas as actividades feitas sobre as "Lendas de Galicia". Comezamos aló polo mes de decembro coa selección de lecturas e rematamos no mes de abril coa celebración do Día do Libro. Pescudas, creatividade, Entroido, lapbooks, contos, debuxos... houbo tempo para todo e moito esforzo por parte de todo o alumnado e profesorado da escola. 

Esperamos que vos guste o resultado e desfrutedes do video!


 

03/05/2022

ESPAZO CREATIVO PARA O CLUB DE LECTURA

No corredor da biblioteca creamos un espazo onde facemos visibles as lecturas que están a levar a cabo.




Ademais o alumnado participante pode poñer ideas e reflexións ou mostrar o resultado das diferentes tarefas que se propoñen a raíz de ler o libro seleccionado. Entre estas actividades elaboraron un ”knolling literario”, en concreto sobre dous títulos de Roald Dahl: “A marabillosa medicina de George” e “As bruxas”.

Que é o “knolling”? É unha técnica fotográfica que consiste en sacar unha foto cenital dunha serie de obxectos elixidos expresamente para esa ocasión.  No seguinte vídeo poderedes ver unha pequena explicación de como nace esta técnica e como aplicala ao mundo da literatura:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=87&v=zdJQJXL4O_g&feature=emb_logo

A continuación vedes o resultado do “knolling literario” sobre “As bruxas” que fixeron “Os Cazalibros”. A que son xeniais?



20/04/2022

Lecturas recomendadas de 2º de primaria do segundo trimestre

Nenos e nenas de 2º de primaria seguen lendo un montón e compartindo con todo nós as lecturas máis amenas e interesantes. Podedes ver o documento premendo no enlace.

 Esperamos as próximas lecturas!

https://issuu.com/mapopi/docs/lecturas_compartidas_2_trimestre 


 

24/02/2022

PROXECTO LENDAS DE GALICIA II

 

 

 Despois dunhas semanas de moito traballo xa están expostos os murais sobre as Lendas de Galicia.

Xacios, Trasnos, Santa Compaña, San Andrés de Teixido, unha morea delas! Quedan moitas outras por descubrir, pero non deixa de ser un importante traballo de investigación. Conecta aos máis pequenos coa oralidade, coas nosas raíces, cos nosos maiores... e serve para coñecer un patrimonio cultural, patrimonial e inmaterial.

A exposición poderá ser visitada polas familias estes días para despois seguir traballando neses carteis, co fin de facelos accesibles e inclusivos.

No seguinte enlace poderedes ver os carteis, por se non podedes achegarvos ata a exposición no cole:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1082

Noraboa polo esforzo!

26/10/2020

Día da biblioteca

 Lecturas compartidas no día da biblioteca


Ao longo da semana cada aula estivo preparando recitados de poesía que logo foron gravados en vídeo. O noso xeito de celebrar este día tan importante para nós foi reproducir estes vídeos en todas as aulas do centro. Deste xeito todos estivemos presentes nesta celebración e todos fomos partícipes dos recitados, ben como emisores, ben como receptores...

29/10/2019

CHEGA O SAMAÍN Á BIBLIOTECA




Por mor da celebración do Samaín na nosa escola, a Pescadora de historias estivo ambientando a biblioteca.

                                                      As orixes do Samaín

O Samaín é unha das festividades de orixe celta máis importantes do período pagán que dominou Europa ata a conversión o cristianismo. Nesta festividade celebrábase o final da tempada de colleitas dos celtas e o ano novo, que sería ó anoitecer do día 31 de outubro, xa que coa posta do sol arrincaba un novo día na cultura celta. Os celtas dividían o ano en dúas metades: a luminosa e a escura; o inverno e o verán. samhain é traducido por novembro en gaélico ou «fin do verán», e celébrase dende hai máis de tres mil anos polos celtas que poboaron Europa.


O Samaín era un momento no que as fronteiras entre o mundo dos vivos e o dos mortos estaban máis preto, podían comunicarse e visitar os seus antigos fogares. O costume era deixar comida e doces fóra das casas e acender candeas para axudar as almas dos mortos a atopar o camiño ó mundo espiritual ou Mundo Inferior, rexido por Gwynn ap Nudd. Tamén se deixaban cadeiras baleiras dentro das casas lembrando os familiares falecidos recentemente.

A festividade das ánimas de orixe celta viaxou a América polas sucesivas diásporas europeas e hoxe en día retorna ó vello continente envolta en consumo, películas, disfraces, historias de medo, etcétera.

Pero deixemos a  historia e centrémonos na nosa biblioteca...

A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS ALGÚNS DOS LIBROS SELECCIONADOS POLA PESCADORA DE HISTORIAS...

                                     
















  E tamén vos amosamos a ambientación da nosa biblioteca...









E os corredores da escola...





 


27/09/2019

APERTURA DA BIBLIOTECA PARA O ALUMNADO DE E. INFANTIL


     O xoves, día 26, foi a quenda de apertura para o alumnado de E. Infantil (4 e 5 anos); subiron moi ilusionados antes e despois do recreo. A Pescadora de Historias tíñalles preparado unha morea de NOVIDADES e algunha que outra sorpresiña. Ollade, ollade!!! o que alí  atoparon:

 

 

  Contos sobre convivencia, diversidade, sentimentos, emocións...

 

 

 

 Rimas,  poesías e adiviñas.

 

 

 

 

 Libros informativos, sobre todo de animais, que son dos que máis vos gustan.

 Libros para mirar, con marabillosas ilustracións, solapas e textos curtos

 

Todas estas NOVIDADES atoparédelas, coma sempre, no expositor destinados aos PRELECTORES








Ademais das novidades, oalumnado de infantil atopouse cunha SORPRESA moi desexada e esperada dende o curso pasado: un pequeno espazo para a creatividade dotado, de momento, con pezas de construción axeitadas á súa idade.

Todos e todas marchas felices e contentos/as cos libros seleccionados pola Pescadora de Historias porque, ademais, estrean maletín feito nas aulas para levalos e traelos.


 

Arquivo do blog