Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

05/04/2025

MAXIA NA BIBLIO

O venres 4 de abril tivemos unha visita moi especial, o mago Daniel

Reunímonos todos os nenos e nenas da escola no salón de actos e non houbo moitas palabras, pero si moita ilusión e fantasía ademais dunha morea de risas. 

Foi xenial o teu espectáculo, esperamos que volvas noutra ocasión :-)






26/10/2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024

O Día das Bibliotecas Escolares todo o alumnado da escola disfrutou dun teatro de títeres a cargo da compañía Mircromina. Esta actividade foi organizada pola ANPA da escola, á que damos grazas por ofrecernos a posibilidade de participar nesta actividade.

A obra titulábase "Cousas de Casa", espectáculo para grandes e crianzas sobre a conciliación e igualdade, con títeres de guante e música en directo, onde o amor e o humor guían e aconsellan nas nosas relacións familiares.


Como complemento desta actividade o alumnado asistíu, nos días posteriores, a un taller de igualdade, tamén impartido pola mesma compañía. 





Este ano o lema da Asesoría das Bibliotecas Escolares é "Biblioteca Escolar, a escena!" así que a celebración deste día non puido ser máis axeitado. Grazas de novo ao ANPA por organizarlo!



21/04/2023

UN NOME PARA A RADIO DA ESCOLA

Hai unhas semanas o equipo de dinamización da biblioteca convocou un pequeno concurso para que o alumnado fixese propostas para o nome e logotipo da nosa radio escolar. 

No corredor da biblioteca hai unha exposición das súas creacións, vai ser unha decisión moi difícil! 








09/11/2020

O CEO EN CLAVE DE SOL

NESTE MES... CIENCIA E MÚSICA DA MAN...

O clima deixa a súa pegada en todo o que nos rodea  e a música é unha proba disto. Sabías que algunhas obras non se entenderían sen o clima que acompañou aos seus compositores e compositoras? Non perdas esta charla de NAUKAS Bilbao 2019, dura menos de 9 minutos!

Charla de Isabel moreno, física e meteoróloga. Estudiou o  Grao en Ciencias Físicas e fixo un máster en Meteoroloxía e Xeofísica (especialidade de atmosfera), ambos na Universidade Complutense de Madrid.

 


08/01/2019

NOVO ESPAZO LEGO NA NOSA BIBLIOTECA


NOVAS DO ESPAZO LEGO

 Xa no tempo de Nadal iniciamos unha nova aventura, inauguramos un recuncho de creación libre con paneis LEGO situados verticalmente nunha das paredes. En quendas organizadadas o alumnado dos distinstos cursos poderá achegarse a este novo recurso da nosa biblioteca.



25/03/2015

Proxecto: " A pintura en Ferrolterra". Visita do alumnado de 2º ciclo ao barrio de Canido.

No ano 2008 moitos artistas e pintores interpretaron nos muros e nas paredes das casas do barrio de Canido o cadro de Velázquez, "As Meninas", como protesta polo abandono que sufría esta parte da cidade. A iniciativa tivo moi boa acollida e, o que comenzou como unha iniciativa artística, leva trazas de se converter nun percorrido de interés turístico. Conjunto de Fichas creado con ExamTime por colesteiro

26/01/2015

Pablo Picasso




Documental sobre o Guernica



Visita esta páxina do museo Reina Sofía 






Visita esta páxina sobre o bombardeo de Guernica.
Visita esta páxina para coñecer moitos aspectos da vida e da obra do pintor.

14/11/2011

Mira que te mira!

08/03/2009

DÚAS GRANDES PINTORAS ITALIANAS...DAS QUE NUNCA SE FALABA NOS LIBROS DE HISTORIA DA ARTE



Para máis información premede nos nomes das pintoras.

Arquivo do blog