Amosando publicacións coa etiqueta actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades. Amosar todas as publicacións

31/10/2024

PRIMEIROS DÍAS NA BIBLIOTECA DOS TESOUROS

O 7 de outubro abríu as súas portas a Biblioteca dos Tesouros e toda a rapazada da escola estaba desexando poder acudir no tempo de lecer. Como vedes na imaxe, o corredor estaba cheo de nenos e nenas rematando as súas merendas para poder entrar :-)

Estamos moi contentos de que, un curso máis, a biblioteca sexa un espazo de reunión, lectura, xogo e aprendizaxe. 






15/05/2023

PUNTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS

Inauguramos hai uns días un novo espazo de lectura: un punto de intercambio de libros. Esta idea foi proposta polas familias, habilitar un lugar onde coller e deixar libros que nos gusten ou nos apeteza compartir co resto da comunidade educativa. 

Esperamos que esta iniciativa sexa do voso agrado.





21/04/2023

UN NOME PARA A RADIO DA ESCOLA

Hai unhas semanas o equipo de dinamización da biblioteca convocou un pequeno concurso para que o alumnado fixese propostas para o nome e logotipo da nosa radio escolar. 

No corredor da biblioteca hai unha exposición das súas creacións, vai ser unha decisión moi difícil! 








29/03/2023

DÍAS DE CINE

Para despedir o 2º trimestre os peques da escola tiveron unha sesión de cine na biblio. Como veredes nas fotos estiveron moi atentos e atentas, así que haberá que repetir noutra ocasión.









11/02/2023

11F: TALLER DE CHAPAS SOBRE MULLERES CIENTÍFICAS

Este ano estreamos máquina de facer chapas na nosa biblioteca e que mellor que facendo unha chapa dalgunha científica relevante. Unha actividade que aunou lectura, investigación, creatividade coa visibilización e recoñecemento a moitas mulleres que teñen ou tiveron un papel relevante no ámbito científico. 

Como moitas outras veces, comezamos facendo unha selección de libros para que o alumnado poida empregar como recurso, xunto coas pescudas na rede que tamén aportan moita información. 

Con eses libros fixemos tamén unha pequena exposición para uso de toda a comunidade educativa.



Nalgunhas clases escolleron unha muller científica sobre a que estudar, como no caso de Educación Infantil  no que o alumnado de 3, 4 e 5 anos investigaron sobre Jane Goodall, Antonia Ferrín e Ángeles Alvariño, respectivamente. 1º de primaria coñeceu a Fátima El Fihri, fundadora da primeira universidade do mundo e 2º de primaria tamén estudou á primeira astrónoma galega, Antonia Ferrín. 

Nas clases dos maiores cada neno e nena escolleu unha muller científica despois de ler información, debuxando aquela que lle resultou máis interesante. Debuxaron científicas máis coñecidas como Marie Curie e Margarita Salas pero tamén ferrolás como Rebeca Atencia, Ángeles Alvariño ou Ángela Ruiz-Robles (nada en León, pero que desenvolveu o seu traballo en Ferrol).

Todos os debuxos foron escaneados para poder preparar o deseño da chapa que, unha vez impresa, puideron facer na biblioteca ou na propia aula. 

Foi unha semana moi intensa de traballo pero o resultado pagou a pena, tanto pola ilusión da rapazada ao crear a súa propia chapa, como polo coñecemento acadado. 




11F: VISITA DE ANNE GOSSET E MARÍA JOSÉ ABAD

O día 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e, na nosa escola, realizamos varias actividades para visibilizar o papel das mulleres na ciencia. 

O día 9, recibimos a visita de Anne Gosset e María José Abad. Ambas traballan no CITENI, Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais da Universidade de A Coruña. 

O alumnado de 5º e 6º de primaria compartíu con elas un tempo partillando sobre a súa propia experiencia como mulleres na ciencia. 













05/12/2022

COMPARTINDO EXPERIMENTOS

No mes de novembro o alumnado preparou con axuda dos seus titores e titoras unha serie de experimentos científicos. Esta actividade está enmarcada no mes da Ciencia en Galego, que se conmemora en novembro. 

A finais de mes cada clase explicou a outra o experimento estudado, así pequenos e maiores compartiron aprendizaxes. 












12/05/2022

PRIMAVERA DAS LETRAS

 


2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. A súa foi unha vida chea de atrancos pero tamén de alegrías e amor pola lingua e a cultura galegas. Descúbrea da man da escritora Ledicia Costas e da ilustradora Blanca Millán . 

22/04/2022

II XORNADA DE XOGOS

A FINAIS DO 2º TRIMESTRE TODAS AS CLASES DE PRIMARIA DISFRUTARON DUNHA NOVA SESIÓN DE XOGOS NA BIBLIOTECA DA ESCOLA.



AS PROPOSTAS ESTA VEZ FORON: LETTERING, CREACIÓN POÉTICA, XOGOS DE MESA, LEGO E ORDENADORES. NO VIDEO PODEREDES VER O BEN QUE O PASARON E AS GAÑAS QUE HAI DE VOLTAR Á BIBLIOTECA COMO FACIAMOS ANTES.

 

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL TAMÉN TIVERON UNHA XORNADA ESPECIAL NA BIBLIOTECA, NESTA OCASIÓN NADA MÁIS E NADA MENOS QUE UN CONTACONTOS ORGANIZADO POR UNHA NOVA COLABORADORA DA “PESCADORA DE HISTORIAS”:

A CONTACONTOS MARISA QUE CONTA UNHA HISTORIAS QUE TE ESMENDRELLAS DE RISA!

NAS SEGUINTES FOTOS VEREDES O ATENTOS E ATENTAS QUE ESTIVERON, E QUE FOI VERDADE QUE HOUBO RISAS A ESGALLA ;-)





GRAZAS A TODO O ALUMNADO POR ACUDIR CON ILUSIÓN A ESTAS PROPOSTAS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA E GRAZAS A TODO O PROFESORADO POLA SÚA IMPLICACIÓN PARA QUE ESTAS ACTIVIDADES SEXAN POSIBLES.

 

 

20/04/2022

Lecturas recomendadas de 2º de primaria do segundo trimestre

Nenos e nenas de 2º de primaria seguen lendo un montón e compartindo con todo nós as lecturas máis amenas e interesantes. Podedes ver o documento premendo no enlace.

 Esperamos as próximas lecturas!

https://issuu.com/mapopi/docs/lecturas_compartidas_2_trimestre 


 

17/03/2022

PRENSA NA ESCOLA

Hoxe tivemos unha visita moi agradable ao noso centro, Marta Corral xornalista ferrolá presentounos a publicación Ferrol 360, e achegounos  ao mundo do xornalismo desde outra perspectiva, a dunha publicación dixital. Podemos ver o artigo que relata nun intre e en colaboración  unha intensa charla na que todo o alumnado foi interlocutor nalgún momento da exposición. Resultou unha actividade moi interesante e dinámica. Na seguinte fotografía presentamos a ligazón que nos guiará ata a publicación.

 

 
                                     

24/02/2022

PROXECTO LENDAS DE GALICIA II

 

 

 Despois dunhas semanas de moito traballo xa están expostos os murais sobre as Lendas de Galicia.

Xacios, Trasnos, Santa Compaña, San Andrés de Teixido, unha morea delas! Quedan moitas outras por descubrir, pero non deixa de ser un importante traballo de investigación. Conecta aos máis pequenos coa oralidade, coas nosas raíces, cos nosos maiores... e serve para coñecer un patrimonio cultural, patrimonial e inmaterial.

A exposición poderá ser visitada polas familias estes días para despois seguir traballando neses carteis, co fin de facelos accesibles e inclusivos.

No seguinte enlace poderedes ver os carteis, por se non podedes achegarvos ata a exposición no cole:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1082

Noraboa polo esforzo!

07/02/2022

PROXECTO LENDAS DE GALICIA

No 2º trimestre o Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo facer un proxecto sobre as Lendas de Galicia

Nestas semanas o alumnado está a investigar nas súas aulas e, para facilitar esta labor, temos expostos diferentes libros que poden axudar nesta interesante tarefa.

Seguiremos informando!


 

28/01/2022

Sadako e as mil grúas de papel

O centro polo Día da Paz plantexou o reto de acadar 1000 grúas de papel, homenaxeando a Sadako Sasaki, a súa historia e a súa lenda. 

Mercamos o libro "Sadako y las mil grullas de papel" da editorial Algar. 

Neste video poderedes coñecer a súa lenda:

https://www.youtube.com/watch?v=PiOZTCSlm_4 

Nestas semanas ademais de coñecer a historia, toda a comunidade educativa colaborou facendo grúas tentando acadar as mil. Credes que o logramos?

Aquí tedes a resposta :-)




 


29/04/2020

A LINGUA DE SIGNOS

Hoxe traemos outra proposta desde AULAS GALEGAS para aprender as cores na lingua de signos


Trátase dun vídeo no que nos convidan a visionalo para aprender as cores en lingua de signos e logo unha activade relacionada.  Esperamos que vos guste! Deixámosvos as ligazóns correspondentes.

Aquí podedes acceder a información completa

e aquí ao documento para facer a actividade relacionada. 

 

Arquivo do blog