Amosando publicacións coa etiqueta autoras e autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autoras e autores. Amosar todas as publicacións

08/05/2026

LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO

O día 17 de maio homenaxeamos a Begoña Caamaño e na biblioteca dos tesouros xa temos todo preparado. Temos unha pequena exposición coas novidades editoriais que mercamos sobre Begoña, así como outros libros das outras mulleres aos que se lle dedicou esta data en anos anteriores. 

Begoña Caamaño foi unha xornalista e escritora galega, feminista e activista política.



Nestes 64 anos que leva existindo esta conmemoración, desde 1963, son 8 as datas dedicadas a mulleres: 

1963: Rosalía de Castro

1987: Francisca Herrera Garrido

2007: María Mariño

2018: María Victoria Moreno

2021: Xela Arias

2024: Luísa Villalta

2025: Cantareiras

2026: Begoña Caamaño

Nestes últimos anos a muller toma un papel relevante e visibilízase a súa labor no eido cultural: literatura infantil, radio, traducción, música... 

Na nosa exposición hai libros de todas elas, biografías, poesía, contos... e tamén libros de producción propia dos nenos e nenas do cole, realizados nos últimos anos. 











22/04/2026

ENCONTRO CON ÁNXELA LOUREIRO

Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria leron durante este trimestre "Ota quere voar", escrito por Ánxela Loureiro. 

"Ota quere voar" é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan.

Para Ánxela vir ao noso colexio e regresar á súa casa, xa que foi mestra e directora do mesmo. Ademais é unha muller cunha longa traxectoria no mundo das artes en xeral, destacando nos eidos da música e escritura, tanto para nenos e nenas como para adultos. 

Agardámola cunha pequena exposición de debuxos feitos pola rapazada así como unha breve galería de fotos con parte do seu traballo. 


Grazas Ánxela por vir, esperamos que pronto regreses ao noso cole, o teu cole :-)







19/04/2026

VISITA DE MARÍA CANOSA

O 8 de abril os nenos e nenas de 6º de primaria recibiron a visita de María Canosa. María é escritora de literatura infantil e xuvenil, aínda que tamén realiza actividades noutros campos, como prensa e radio, así como televisión. 

Na biblio contamos cunha morea de libros escritos por ela, non sí libros de ficción senón tamén biografías, libros informativos... 

Na escola limos o libro "Muriel", galardoado co Premio Merlín no ano 2017. Este libro ten unha segunda parte coa que tamén contamos na biblioteca dos tesouros: "Muriel, caos no laboratorio"


No seguinte enlace podedes ler unha entrevista que lle realizaron co gallo da publicación da segunda parte de Muriel. 

Agradecemos a María que compartise tempo cos nenos e nenas, falando do seu libro e respondendo ás súas preguntas. Como recordo o libro asinado, que formará parte da súa biblioteca persoal. 









06/03/2026

TRAVESÍA UNICORNIO NO CLUB DE LECTURA

Despois de varias lecturas, os nenos e nenas integrantes do Club de Lectura animáronse a ler un libro de teatro, en concreto, "Travesía Unicornio" escrito por María Canosa e obra gañadora do premio "Anisia Miranda" de teatro infantil. 

Ler teatro non é doado, estamos máis afeitos a ver unha obra de teatro, ver os personaxes en movemento, interpretando o texto. Así que foi un reto para o Club pero parece que foi unha proba superada :)

"Travesía Unicornio" fala de diversidade, de liberdade, de respecto polos outros, polas diferenzas... acaso no todos e todas temos diferenzas respecto a outros?

Como actividade conxunta representaron esa diversidade e mestura nun creativo mural que podedes ver no seguinte video ou no corredor da biblioteca,  se preferides velo en "directo".









08/05/2025

POESÍA NO CLUB DE LECTURA

Os buscadores de tesouros leron o libro "O meu gato é un poeta" escrito por Fran Alonso e, despois, realizaron varias actividades relacionadas coa poesía:

  • Acrósticos
  • Haikus
  • Caligramas
Este libro ofrece moitas posibilidades e permite achegar á poesía dun xeito lúdico e atractivo. Ademais inclúe un cedé e códigos QR con poemas e cancións. 

Nas imaxes veredes o resultado das actividades realizadas.
















09/04/2025

VISITA DE ROSA ANEIROS

O 7 de abril o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo un encontro coa escritora Rosa Aneiros. 

Rosa ten unha longa traxectoria no mundo da escrita e recibíu unha morea de premios por varios dos seus libros, como o Premio Merlín de Literatura Infantil por "Xelis, o guieiro das botella de mar" ou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade con "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea". 

A lectura que realizaron os nenos e nenas foi a recentemente publicada "Faísca, a nena neandertal", escrita por Rosa Aneiros e ilustrada por Xulia Pisón.

Rosa explicounos o proceso de investigación que tivo que realizar para documentarse e poder escribir o libro e respondeu a unha chea de preguntas que tiñamos preparadas. Tamén puido ver parte do traballo realizado polo alumnado sobre Faísca. 

Ao final da visita, houbo tempo de que asinase os exemplares dos libros como recordo deste día. Quedarán no estante de lectores autónomos, na letra A, onde incorporamos unha foto de Rosa que indicarán onde se atopan os seus libros. 



Para a biblioteca dos tesouros foi un pracer contar con Rosa e esperamos que poida volver noutra ocasión. 













18/12/2024

TEATRO NA ESCOLA: LOS DARLING

O alumnado de 4º de primaria escolleu como lectura para o 1º trimestre "Los Darling", un libro de teatro de Mónica Rodríguez. 

Despois de lelo decidiron preparar a obra de teatro, xa que é unha obra coral onde hai unha morea de personaxes. Ademais da memorización do texto, coidaron todos os detalles: vestiario, maquillaxe, decorado, luces, música...

A temática xira en torno aos monstros, vampiros e momias, é dicir, parte da época do Samaín e remata no tempo de Nadal.

Unha obra moi divertida e, sobre todo, na que houbo un gran traballo por parte de todos os nenos e nenas de 4º de primaria xunto coa súa titora Elena. 

Toda obra de teatro ten que ter o seu público, así que representárona para todos os nenos e nenas de infantil na última semana do 1º trimestre. 



No video tedes un pequeno resumo da obra... Parabéns a todos e todas polo esforzo e traballo!




20/06/2024

EL PULPO ABUSÓN

O día 18 de xuño tivemos a visita de Isabel Landeira, autora do libro "El pulpo abusón", ilustrado por Ana Sánchez. 

Isabel acaba de publicar o seu primeiro libro e quixo compartir cos máis pequenos da escola esta historia sobre o respecto e a amizade.

Moitas grazas por vir, pola paciencia e polo agarimo que puxeches nesta visita. Agardamos que volvas ao cole de Esteiro co teu vindeiro libro!








15/03/2024

VISITA DE PERE TOBARUELA

O día 14 de marzo o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo un encontro co escritor Pere Tobaruela, autor de "Cinco horas con Mauro", lectura que realizaron ambos cursos neste trimestre. 

Pere Tobaruela, Licenciado en Xeografía e Historia, é autor de máis de 50 obras, alternando escritura en castelán, catalán e galego. Ten unha coñecida saga, chamada FORMIGAS, da que contamos con algún título na nosa biblioteca, e está a ter moito éxito entre a rapazada. Os protagonistas destas historias forman parte dunha brigada especial que vai ata calquer recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. 




Pero o libro que nos ocupa, "Cinco horas con Mauro", trata un tema totalmente distinto: o acoso escolar. Como centro educativo temos que ser conscientes da importancia de abordar estes temas coa rapazada, para entre todos e todas formar parte dunha sociedade mellor, máis empática con todo o que acontece ao noso redor. 

Foi moi interesante escoitar a Pere, xa que o libro está baseado en feitos reais, comprendendo como a literatura poder server como medio para denunciar e dar a coñecer situacións inxustas que se poden dar moi preto de nós. 

Para recibir a Pere decoramos a aula de usos múltiples con debuxos dos nenos e nenas e, polo que se ve nas súas redes sociais, gustáronlle moito :-)












Arquivo do blog