15/03/2024

VISITA DE PERE TOBARUELA

O día 14 de marzo o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo un encontro co escritor Pere Tobaruela, autor de "Cinco horas con Mauro", lectura que realizaron ambos cursos neste trimestre. 

Pere Tobaruela, Licenciado en Xeografía e Historia, é autor de máis de 50 obras, alternando escritura en castelán, catalán e galego. Ten unha coñecida saga, chamada FORMIGAS, da que contamos con algún título na nosa biblioteca, e está a ter moito éxito entre a rapazada. Os protagonistas destas historias forman parte dunha brigada especial que vai ata calquer recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. 




Pero o libro que nos ocupa, "Cinco horas con Mauro", trata un tema totalmente distinto: o acoso escolar. Como centro educativo temos que ser conscientes da importancia de abordar estes temas coa rapazada, para entre todos e todas formar parte dunha sociedade mellor, máis empática con todo o que acontece ao noso redor. 

Foi moi interesante escoitar a Pere, xa que o libro está baseado en feitos reais, comprendendo como a literatura poder server como medio para denunciar e dar a coñecer situacións inxustas que se poden dar moi preto de nós. 

Para recibir a Pere decoramos a aula de usos múltiples con debuxos dos nenos e nenas e, polo que se ve nas súas redes sociais, gustáronlle moito :-)












Ningún comentario:

Arquivo do blog