26/10/2026
SAMAÍN 2026
27/02/2026
DÍA DE ROSALÍA 2026
Polo Día de Rosalía de Castro os seus poemas ocuparon un lugar especial no corredor da biblioteca, xunto con algunha biografía, conto sobre ela ou escolmas poéticas de diferentes autores.
Ademais desde o EDLG propuxeron que cada aula fixese un caligrama que tamén estarán expostos no corredor. Os caligramas feitos polas clases de educación primaria serán baseándose nalgúns dos seus poemas máis relevantes:
1º EP "Eu ben vin estar o moucho"
2º EP "Chove miudiño"
3º EP "Adiós ríos, adiós fontes"
4º EP "Campanas de Bastabales"
5º EP "Lugar máis fermoso"
6º EP " Has de cantar"
Os nenos e nenas de educación infantil son os encargados de realizar o rostro de Rosalía escribindo títulos de libros, de poemas ou pequenos versos... Mirade que ven quedou o resultado!
16/02/2026
19/12/2025
XOGOS NA BIBLIO POLO NADAL 2025
Xa case é un clásico que nenos e nenas de 3º a 6º de primaria vaian á biblioteca a xogar na semana previa ás vacacións de Nadal.
Establecemos varios espazos de actividades, aproveitando os recursos da biblioteca, e incorporamos sempre un obradoiro de Nadal. Neste caso a proposta foi facer adornos de Nadal co lapiceiro 3D, xa que contamos con varios grazas ao programa de Polos Creativos.
Ademais, xogos de mesa, lettering e papiroflexia, LEGO, sopas de letras en galego e lecturas de Nadal foron as outras actividades nas que podían participar.
CONTACONTOS DE NADAL 2025
Os nenos e nenas de 5º de primaria prepararon unhas lecturas para celebrar a chegada do Nadal. Repartíronse en grupos de cinco, grupos comandados polos axudantes da biblioteca deste 1º trimestre, que xa rematan o seu traballo na biblioteca.
As lecturas foron para os cursos de infantil e 1º e 2º de primaria e, nalgúns casos, incluíron actividades posteriores preparadas polo propio alumnado.
05/12/2025
LECTURAS DE NADAL 2025
04/12/2025
VISITA AO CENTRO DE MAIORES DO NOSO BARRIO
Os nenos e nenas participantes no Club de Lectura visitaron o centro de maiores de Esteiro, para compartir con eles lecturas e adiviñas.
Previamente, o alumnado escolleu os libros e preparou a actividade na escola xunto co resto dos compañeiros/as do club.
Despois da lectura, tiveron unha pequena sorpresa, unha saborosa merenda para agradecer o tempo compartido.
Moitas grazas ao persoal encargado da animación do centro, que sempre nos recibe tan ben.
Esperamos voltar pronto!
02/06/2025
APADRIÑAMENTOS LECTORES MAIO 2025
A finais de maio organizamos un novo encontro dos padriños e madriñas lectores cos seus afillados e afilladas.
As lecturas foron ao aire libre aproveitando o bo tempo e todos e todas recibiron un pequeno agasallo.
Os peques de infantil unha chapa da Pescadora de Historias, unha pegatina e unha ra saltarina, os maiores de primaria un debuxo realizado polos seus afillados e afilladas.
Ademais os nenos e nenas de 5 anos xunto co alumnado de 6º EP recibiron un diploma como recordo de esta actividade que remata para eles.
Grazas por compartir lecturas e crear un bonito vínculo durante este curso :-)
17/05/2025
EXPOSICIÓN DE LIBROS POLAS LETRAS GALEGAS
Hai uns días publicabamos un boletín con novidades bibliográficas para conmemorar esta data, pero queremos encher o corredor de outras propostas de autores a autoras que foron homenaxeados en anos anteriores.
Deste xeito poderedes coller en préstamo as novidades sobre Letras Galegas, que mercamos este ano, e outros libros e contos que forman parte do catálogo da biblioteca.
16/05/2025
ROTEIRO LITERARIO SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO
Os nenos e nenas participantes no Club de Lectura realizaron un roteiro literario en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.
Partido da casa natal de Ricardo, paseamos pola Praza Vella onde xogaba na súa infancia, reflectida nos seus relatos O lar de Clara, Os tumbos, As pitas baixo a chúvia e na novela Scórpio.
Detivémonos diante da placa de Manuel Comellas, director do "Sagrado Corazón de Xesús", onde Ricardo cursou o bacharelato.
Visitamos o edificio "Sprinfield", que tempo atrás albergou o "Centro Obrero de Cultura" , lugar onde estaba a biblioteca municipal e espazo de encontro de persoeiros como Castelao ou Otero Pedrayo.
Paramos no Concello de Ferrol, do que Carvalho Calero foi nomeado fillo predilecto. Rematamos o roteiro no teatro Jofre, lugar onde se representaron algunha das súas obras, facendo referencia á súa etapa director do Colexio Fingoi, en Lugo, organizando veladas teatrais na que se representaban as súas obras.
Este ano, como novidade, convidamos ao alumnado de 5º de primaria que quixera a participar como público, moitas grazas aos que vos animáchedes a vir :-)
Para rematar, reproducimos un poema de Carvalho Calero dedicado a Ferrol, lectura realizada no roteiro.
Cruzando a ria
pola ponte das Pias,
se os obreiros de Astano
nom cortarom o tráfico,
entrarei em Ferrol, a minha terra.
Se o cortarom, daquela,
hei tomar o caminho antergo,
e passar por Narom, pé do mosteiro
de Sam Martinho,
polos eidos de Esquio.
De um jeito ou outro,
hei de entrar no meu povo,
para ver se tropeço
nunha rua qualquer de Ferrol Velho
- será a de Sam Francisco, a do Socorro?-
com o neno que fum e que foi outro;
aquel que fum e que nom fum entom,
quando eu nom era o velho que hoje som.
Reticências (1986-1989) (Santiago: Sotelo Blanco), 1990.
23/04/2025
DÍA DO LIBRO 2025: EXPOSICIÓN DE LIBROS
Polo Día do Libro realizamos unha exposición de libros, resultado da votación realizada polos nenos e nenas de primaria ao longo do 2º trimestre.
Esta exposición, titulada, "Os 40 principais" ten a súa orixe na conmemoración do aniversario do noso colexio, que este curso celebrou 40 anos de vida.
Con 40 libros favoritos quixemos festexar cada un deses cursos escolares do Ceip de Esteiro, o noso querido colexio.
23/12/2024
CONTACONTOS DE NADAL 2024
O alumnado de 5º de primaria estivo a preparar unhas lecturas de Nadal para compartir cos nenos e nenas de educación infantil e 1º e 2º de primaria.
Puxeron moita ilusión nesta actividade e, ademais de practicar a lectura dos contos, elaboraron materiais, agasallos e tarefas que complementaron a lectura.
Os contos seleccionados foron os seguintes:
3 anos: "La Navidad de Emilio y Lilú"
4 anos: "Soño de neve"
5 anos: "Sempre Nadal"
1º de primaria: "O Apalpador"
2º de primaria: "Los juguetes mágicos de la familia Claus"
Esperamos que vos guste o video, cun pequeno resumo destas bonitas lecturas compartidas.
08/12/2023
LECTURAS DE NADAL
No mes de decembro é tempo de lecturas de Nadal... Na entrada da biblioteca temos un pequeno recuncho con lecturas para primeiros lectores e lectores autónomos.
30/10/2023
SAMAÍN NA BIBLIOTECA DOS TESOUROS
As lecturas terroríficas invadiron a nosa biblioteca! Se alguén se atreve a collelas en préstamo poderá atopalas tanto dentro da biblioteca como na entrada... Moito coidado, as historias que contan dan mooooito medo ;-)





















































