Amosando publicacións coa etiqueta día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da Paz. Amosar todas as publicacións

19/01/2026

DÍA DA PAZ 2026

As lecturas sobre paz, convivencia, solidariedade, entre outros temas, están sempre á disposición do alumnado na biblioteca dos tesouros... No mes de xaneiro sempre preparamos unhas caixiñas temáticas para que todos os nenos e nenas da escola poidan lelos en clase no tempo de lectura. 

Esperamos que esas lecturas sexan interesantes e conviden á reflexión e o diálogo. 














24/01/2025

LECTURAS PARA O DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e da Non Violencia e, desde a biblioteca dos tesouros,  sempre colaboramos coas titorías para que dispoñan de materiais que poidan servir para tratar este tema nas aulas. 

Cada curso ten asignadas unhas lecturas así que, ao longo de toda a súa escolaridade, o alumnado ten acceso a un bo número de libros sobre a paz, a solidariedade, o respecto, a convivencia... 

Como novidade, incorporamos o libro "Lo que no le gusta a la guerra" de Ximo Abadía (premendo na foto veredes como é por dentro).



Nas seguintes fotos veredes as caixas que enviamos ás aulas, algunhas renovadas por unhas de madeira, que son ben bonitas. 






Ademais, no corredor están a disposición de toda a comunidade educativa máis lecturas... esperamos que sexan do voso interese!










12/01/2024

LECTURAS POLO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro conmemoraremos na escola o Día Internacional de Paz e da Non Violencia e, desde a biblioteca, as aulas contarán con lecturas axeitadas para abordar temas como a solidariedade, a empatía, o respecto, a resolución de conflitos... aspectos que son fundamentais para contruír entre todos e todas un mundo mellor.

As familias tedes á vosa disposición moitas lecturas sobre estes temas, se queredes saber cales son consultade o seguinte enlace: 

LECTURAS PARA A PAZ

A continuación, veredes as caixas temáticas que a Pescadora de Historias ten preparadas para repartir polas aulas, sementando paz e concordia na nosa escola. 








28/01/2022

Sadako e as mil grúas de papel

O centro polo Día da Paz plantexou o reto de acadar 1000 grúas de papel, homenaxeando a Sadako Sasaki, a súa historia e a súa lenda. 

Mercamos o libro "Sadako y las mil grullas de papel" da editorial Algar. 

Neste video poderedes coñecer a súa lenda:

https://www.youtube.com/watch?v=PiOZTCSlm_4 

Nestas semanas ademais de coñecer a historia, toda a comunidade educativa colaborou facendo grúas tentando acadar as mil. Credes que o logramos?

Aquí tedes a resposta :-)




 


25/01/2021

DÍA DA PAZ

 Desde a biblioteca sumámonos a data de conmemoración do día da Paz. Como vén sendo habitual a nosa bibliotecaria cos seus axudantes prepararon caixas da paz con libros especiais para cultivar un ben tan necesario para toda a humanidade. Esperamos que sexan do voso agrado.

As nosas caixas da PAZ

 




 

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

 

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. (FONTE: UNICEF)

                                                       

Arquivo do blog