Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas. Amosar todas as publicacións

24/10/2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Esta semana tivemos unha visita moi especial para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares. Compartimos un ratiño con Natalia de la Peña, bibliotecaria e nai dunha compañeira da escola. 

A visita estivo organizada en varias quendas, unha para os nenos e nenas de Educación Infantil, outra para 1º, 2º e 3º de primaria e finalmente tempo para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

Ademais, ao longo destes días, os nenos e nenas da escola tiveron oportunidade de converterse en escritoras, ilustradores, editores e editoras dos seus propios libros e contos. Con todos eles preparamos unha exposición que poderedes desfrutar na entrada do colexio. Aínda quedan algúns por rematar e, en breve, todos formarán parte do catálogo da nosa biblioteca, para uso e desfrute de toda a comunidade educativa.





A continuación tedes un video onde veredes máis fotos destas actividades. Agradecemos a todos os nenos e nenas da escola a súa participación e, en especial, a Natalia por compartir o seu tempo con nós.








06/10/2025

BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO ESCOLAR!

A biblioteca dos tesouros abre de novo as súas portas e sabemos que moitos e moitas de vós estades desexando vir :-)






Novos axudantes, novidades lectoras, primeiros lectores... xa tardaba en chegar este momento!

Ah! Lembrade a importancia de respectar as normas para que todos e todas esteamos a gusto neste recuncho da escola. 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2025/2026 NA BIBLIOTECA DOS TESOUROS!



25/10/2021

LECTURAS NO DÍA DA BIBLIOTECA

Fotos das aulas participando nas lecturas polo Día da Biblioteca. A maioría dos cursos fixeron lecturas. Os grupos de sexto, os maiores,  asistiron a unha presentación sobre os cómics.

 

ALGUNHAS FOTOS DE TRABALLOS RELACIONADOS CO DÍA DAS BIBLIOTECAS







 Todo o alumnado fixo o seu libriño cun lema animando á lectura, a visitar a biblioteca, a ler algún título concreto..., e non podían faltar os seus debuxos acompañándoos.


24/10/2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 


Ferrol, 24 de outubro de 2021

Hoxe prácenos moito comunicarvos que o día 24 de outubro, celebramos o Día da Biblioteca. Pero isto xa o sabedes porque nas aulas levamos días traballando este tema.

30/09/2020

DÍA DA BIBLIOTECA 

24 DE OUTUBRO

 



23/04/2020

ACHEGAS PARA O DÍA DO LIBRO

PROPOSTAS RECIBIDAS POLA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA A CONMEMORACIÓN DUN DÍA TAN ESPECIAL COMO É O DÍA DO LIBRO



14/04/2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/diptico_dialibro_20.pdf








BAÍA EDICIÓNS CONTIGO NA CASA

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/


Lecturas recomendadas por esta editorial galega. Tedes distintas ligazóns para descargar algúns volumes, as recomendacións están feitas por idades.

01/04/2020

BIBLIOTECA PROVINCIAL

http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/alta-no-prestamo-electronico/

Achegamos unha ligazón á Biblioteca Provincial para a alta no préstamo electrónico. Para ocupar o tempo de lecer.

22/03/2020

OPCIÓNS DE LECTURA DESDE CASA

https://www.galiciale.gal/

A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas

Non tés carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

20/11/2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO


http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Manifiesto%202019%20(2).pdf 























Este mes desde a biblioteca estamos a promocionar os libros de ciencia na nosa lingua. A pescadora de historias preparounos unhas caixiñas cun lote de libros para cada curso do centro. Ademais contaremos con varios obradoiros experimentais intercursos nos que nos poñeremos a proba como científicos. Tamén imos ter unhas charlas impartidas por profesorado da Universidade do campus de Ferrol, que irán acompañadas dalgún experimento.


 


 




 
 
 
LIGAZÓNS DE INTERESE







09/01/2019

AS BOLSAS DE TESOUROS

COA ENTRADA DO  NOVO ANO VOLVE A ESTAR A NOSA BIBLIOTECA EN MARCHA


POÑEMOS OS MOTORES EN MARCHA E ARRINCAMOS COAS BOLSAS DE TESOUROS DO SEGUNDO TRIMESTRE



      Iniciamos unha nova rotación das bolsas nestre trimestre, todo o alumnado do centro, en quendas,  pasa pola biblioteca a elixir as súas lecturas entre unha selección feita pola nosa Pescadora de historias. Trátase de libros informativos (ciencia, tecnoloxía, arte...) e outras lecturas de ficción, así coma un caderno cunha selección de artigos de carácter pedagóxico para as familias. Levan tamén un caderno de bitácora para poder expresar opinións ou ideas que xorden trala lectura.




AXUDANTES PREPARADAS PARA AVISAR POLAS AULAS


                                                      DUBIDANDO QUE ESCOLLER...


                                                                             

                                                                                       INDICANDO A NOSA ELECCIÓN

 


                                           E TODO A PUNTO "UN SORRISO POR FAVOR"


29/10/2018

Aiiiiiiiiii, MAMASIÑA QUE MEDO!



MAGOSTO, SAMAÍN... QUE TOCA AGORA?

    Son tempos para o MAGOSTO e aínda que parecía que estabamos no mes de AGOSTO o outono chegou coa friaxe propia deste tempo e xa nos van apetecendo unha castaniñas asadas cun pouco leite.

      As cabazas vanse preparando para o SAMAÍN e xa se están a vestir de gala... Así que na biblioteca mercamos libros sobre esta temática e comezamos a desempoar as teas de araña deses misteriosos caixóns que hai pola escola. Tamén sairon de paseo moitos libros que xa ficaban a descansar polos andeis... É hora de poñelos en circulación.

Aiiiiiiii! Mamasiña que medo!!!!


 

15/10/2018

NOVA ANDAINA NESTE CURSO 2018-19





Xa comezou o curso e as bibliotecas escolares teñen os motores en marcha, a nosa non podía ser menos. Desde primeiros de outubro xa están circulando as nosas bolsas e mochilas dos tesouros para E. Primaria e E. Infantil. Con libros divertidos e interesantes e novos artigos para as familias.







Tamén temos novos axudantes/as de biblioteca. O alumnado de quinto estrease nesta nova tarefa e o de sexto repite. Locen estupendos coas súas credenciais e con moitas gañas de axudar.














 

 

A rapazada de sexto xa ten a lección aprendida e están mergullados no "mare magnum" de libros de lectores  e lectoras de educación infantil e os máis pequenos de educación primaria para telos sempre ordenadiños... Pero sempre hai tempo para unha foto...

 

 

Iniciamos este curso con novidades de libros informativos e de ficción, moitos deles aconsellados por vós na caixa de suxestións que temos na biblioteca.


Seguide  aportando novas ideas!









Arquivo do blog