NOVA ANDAINA NESTE CURSO 2018-19
Xa comezou o curso e as bibliotecas escolares teñen os motores en marcha, a nosa non podía ser menos. Desde primeiros de outubro xa están circulando as nosas bolsas e mochilas dos tesouros para E. Primaria e E. Infantil. Con libros divertidos e interesantes e novos artigos para as familias.
Tamén temos novos axudantes/as de biblioteca. O alumnado de quinto estrease nesta nova tarefa e o de sexto repite. Locen estupendos coas súas credenciais e con moitas gañas de axudar.
A
rapazada de sexto xa ten a lección aprendida e están mergullados no
"mare magnum" de libros de lectores e lectoras de educación infantil e
os máis pequenos de educación primaria para telos sempre ordenadiños...
Pero sempre hai tempo para unha foto...

Iniciamos este curso con novidades de libros informativos e de ficción, moitos deles aconsellados por vós na caixa de suxestións que temos na biblioteca.
Seguide aportan
do novas ideas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario